A Asociación Cultural “Llavianeses pol Descensu”, en colaboración coa comisión organizadora do Descenso Folclórico do Nalón convoca o XXXI Concurso Nacional de Carteis Murais “Memorial Luis Cuevas” con motivo da celebración do 55 Descenso Folclórico do Nalón.
Os carteis deberán ser orixinais e inéditos e poderán ser realizados coa técnica que desexe o autor mentres sexa posible a súa reprodución. As medidas serán 50x70 cm e presentarase en versión dixital en formato .pdf. O tema será libre, pero terá que significarse como un reclamo turístico claramente inspirado no Descenso Folclórico do Nalón, recollendo o seu espírito e animando á participación no mesmo, debendo figurar, de maneira destacada, e no lugar que o autor crea conveniente a seguinte lenda: "55 Descenso Folklórico del Nalón Laviana 24 de Agosto de 2024 Fiesta declarada de Interés Turístico Nacional"
A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo oijlaviana@gmail.com co asunto "Concurso de Carteles Descenso + pseudónimo".
Requisitos
Poderán participar todos os artistas e afeccionados nacionais e estranxeiros que o desexen.
Dotación
Premio único: 700 €
O prazo de admisión das obras estará aberto ata o 21 de abril de 2024.
Máis información
https://juventud.asturias.es
oijlaviana@gmail.com
O Concello de Marín convoca o XXII Premio de Poesía Concello de Marín.
Os traballos serán en lingua galega, orixinais e inéditos. Terán unha extensión mínima de 100 versos e poderán formar parte dun só poema ou de varios. Cada autor poderá presentar unha única obra.
Requisitos
Poderán participar todas as persoas de calquera nacionalidade, que sexan maiores de idade.
Dotación
Premio único: 1.000 €
O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 3 de maio do 2024.
Máis información
https://www.concellodemarin.es
O Concello de Navia de Suarna convoca concurso-oposición para cubrir as seguintes prazas:
Unha praza de Auxiliar Administrativo/a.
Cinco prazas de Auxiliar de Axuda a Domicilio, unha praza de Peón/peoa Condutor/a e unha praza de Peón/peoa.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 1 de abril de 2024.
Máis información no BOE do 22 de marzo de 2024. Rectificación no BOE do 26 de marzo de 2024
O Concello de Touro convoca oposición para as seguintes prazas:
Unha praza de Operario de Servizos Varios.
Unha praza de Auxiliar Administrativo/a.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 11 de abril de 2024.
Máis información no BOE do 22 de marzo de 2024
A Deputación da Coruña convoca 28 bolsas para a realización de estudos artísticos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. distribuídas nas seguintes áreas:
Área de audiovisual: 4 bolsas
Área de danza e artes do movemento: 3 bolsas
Área de ilustración, artes plásticas e visuais: 4 bolsas
Área de música: 14 bolsas
Área de teatro e interpretación escénica: 3 bolsas
Requisitos:
– Ter menos de 36 anos na data de finalización do prazo de solicitudes.
- Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña.
- Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo ou superior nivel á dos estudos para os que se solicita a bolsa.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata ás 14:00 horas do día 16 de abril de 2024.
Máis información no BOP da Coruña do 22 de marzo de 2024.
O Proxecto Zero é unha iniciativa de formación e empoderamento da mocidade en España, co ambicioso obxectivo de crear a Primeira Xeración Libre de Tabaco para o ano 2030.
Se tes entre 15 e 21 anos este programa ofréceche formación específica e técnica sobre o tabaquismo, habilidades de liderado, comunicación e innovación orientada á acción e ao impacto social.
A Sesión de Benvida será o 31 de maio e o programa de formación realizarase do 18 de setembro ao 22 de novembro, culminando cun evento en decembro no que se medirá o impacto e se fará o seguimento dos futuros líderes do Movemento de Espazo Sen Tabaco.
Construamos un futuro máis saudable para todos!
Máis información
https://proyectozero.loquedeverdadimporta.org/
Inscrición
A Fundación Biodiversidad convoca 25 bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria, graos medios e graos superiores de formación profesional ou certificado de profesionalidade no ámbito das competencias da Fundación Biodiversidad.
A persoa beneficiaria poderá optar por algunha das seguintes modalidades, axustadas con ánimo de facilitar a conciliación e compaxinación con outros estudos:
A. Ata 600 € ao mes por 5 horas diarias.
B. Ata 840 € ao mes por 7 horas diarias.
As axudas de formación terán unha duración de máxima de doce meses improrrogables.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 15 de abril de 2024.
Máis información no BOE do 22 de marzo de 2024 e en https://fundacion-biodiversidad.es/formacion-y-empleo/
A Academia Galega de Seguridade Pública convoca no Barco de Valdeorras un curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia, destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional do socorrismo.
Requisitos:
- Persoas maiores de idade en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
- Non estar inscrito/a de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
As persoas admitidas nos cursos deberán superar a proba específica «combinada con aletas», que constitúe o primeiro módulo formativo dos cursos convocados, e cuxo contido se poderá consultar na ficha específica do curso da páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal, na pestana Formación.
Lugar: O Barco de Valdeorras
Datas: do 12 de abril ao 1 de xuño de 2024
Proba específica: 9 de abril ás 16:30 h.
Prazas: 27
O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de abril de 2024
Máis información no DOG do 22 de marzo de 2024 e en http://agasp.xunta.gal
O Concello de Ponteareas e a Escola de Tempo Libre Don Bosco convoca un curso de Monitor/a de tempo libre en Ponteareas.
Datas da parte teórica:
Marzo: 25, 26, 27, 28, 29 e 30
Abril: 13, 14, 20, 21, 27 e 28.
Maio: 4, 11, 12, 17, 18, 19, 25 e 26.
Horarios:
As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
Lugar: Centro social de Ponteareas. Rúa Oriente, 8.
Oficina de Voluntariado Municipal
687 764 516 - Ext. 2205
voluntariado@ponteareas.gal
www.ponteareas.gal
O Concello de Ponteareas e a Escola de Tempo Libre Don Bosco convoca un curso de Monitor/a de tempo libre en Ponteareas.
Datas da parte teórica:
Marzo: 25, 26, 27, 28, 29 e 30
Abril: 13, 14, 20, 21, 27 e 28.
Maio: 4, 11, 12, 17, 18, 19, 25 e 26.
Horarios:
As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
Lugar: Centro social de Ponteareas. Rúa Oriente, 8.
Oficina de Voluntariado Municipal
687 764 516 - Ext. 2205
voluntariado@ponteareas.gal
www.ponteareas.gal