Administrador

Administrador

As Bolsas Santander #InvierteEnTi ofrecen formación especializada en competencias dixitais, habilidades de liderado ou idiomas, entre outras materias crave no mercado laboral actual. Desenvolveranse cinco programas globais de bolsas, 100%  online, para máis de 1.500 estudantes e mozos/as profesionais co obxectivo de achegar solucións e ferramentas que lles axuden a mellorar a súa empregabilidade.

As 1.500 Bolsas Santander que forman parte desta iniciativa lanzaranse a través de cinco programas globais:

Bolsas Santander Women Emerging Leaders - LSE: 125 bolsas para mulleres con entre 5 e 12 anos de experiencia laboral. Este programa persegue potenciar as capacidades e habilidades de liderado e negociación deste colectivo de mulleres no momento profesional actual no que se atopan.

Bolsas Santander English for Professional Development – Upenn: 500 bolsas para que estudantes de fala non inglesa, con ata 10 anos de experiencia laboral, incrementen as súas habilidades lingüísticas e coñecementos ao redor do seu desenvolvemento profesional. Incrementarán coñecementos sobre os procesos de procura de emprego, entrevistas de traballo e daralles a posibilidade de analizar a súa traxectoria profesional.

Bolsas Santander Dixital &  Innovation for MIT Professional Education: 400 bolsas para universitarios e mozos/as profesionais que busquen mellorar as súas competencias dixitais con seis programas de formación en habilidades tecnolóxicas en blockchain, machine  learning…

Bolsas Santander Skills for Professional Development – ESADE: 400 bolsas dirixidas a estudantes de grao, master ou novos titulados con pouca experiencia profesional, para que adquiran ou melloren as súas competencias de liderado, desenvolvemento de procesos, xestión de equipos, métodos de traballo, etcétera.

Bolsas Santander Tech Revolution in Finance - IE  University: 100 bolsas para estudantes nos dous últimos anos de grao e graduados universitarios en Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas (STEM) co obxectivo de ofrecerlles ferramentas básicas para que coñezan o gran potencial profesional que lles ofrece o mundo das finanzas.

As convocatorias publicaranse en www.becas-santander.com ao longo dos meses de setembro e outubro, e a última pechará a súa inscrición en xaneiro de 2021.

https://www.becas-santander.com/es

O Concello do Monforte de Lemos necesita contratar o seguinte persoal:
1 peón/peoa multiservizos
3 auxiliares administrativos/as
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de outubro de 2020.
Máis información no BOP de Lugo do 25 de setembro de 2020.

O Concello de Ponteceso convoca unha praza de Auxiliar administrativo/a.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de outubro de 2020.
Máis información no DOG do 25 de setembro de 2020.

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de doce Espazos Xove distribuidos nas catro provincias:  Ourense, Betanzos, Carballo, Curtis, Pondedeume, Noia, Lalín, Tui, Vilagarcia, Chantada, Vilalba e Viveiro.

Nestes Espazos ademáis de informar a mocidade dos programas, actividades e servizos que dispón a Xunta de Galicia, realiza actividades propias e cede instalacións a asociacións xuvenís e entidades xuvenís para a realización de actividades puntuais, preferentemente destinadas a mozos/as de entre 14 a 30 anos.

Como consecuencia da situación de crise sanitaria motivada pola Covid-19 elaboráronse os seguintes documentos de interese tanto para as asociacións e entidades xuvenís en xeral, como para a mocidade en particular, e que se poden ver aquí:

- Protocolo para os Espazos Xove. DESCARGAR AQUÍ

- Declaración responsable para entidades con sala cedida no Espazo Xove. Aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado para realizar a actividade. DESCARGAR AQUÍ

- Declaración responsable para participantes en actividades organizadas polo Espazo Xove. Aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado, para participar na actividade. DESCARGAR AQUÍ

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), convoca en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a VIII Xornada de formación práctica dixital (E-martes)

A VIII Xornada de formación práctica dixital (E-martes), que terá lugar o vindeiro 6 de outubro, abordará os seguintes contidos:

– Sistemas para a contratación pública: portal Contratos de Galicia. Licitación electrónica Silex. Rexistro Xeral de Contratistas. Sistema electrónico de facturación.

Desenvolvemento.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: 6 de outubro de 2020.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas.

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará aberto desde as 8.00 horas do día 26 de setembro ata as 23.55 do día 28 de setembro de 2020.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 546 239 e 981 546 241.

Máis información no DOG do 25 de setembro de 2020 e en https://egap.xunta.gal

No DOG do 25 de setembro publícanse as axudas que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado concedeu a entidades de acción voluntaria e entidades locais a través do programa Servizo de voluntariado xuvenil
A convocatoria do programa Servizo de voluntariado xuvenil está no DOG do 3 de febreiro de 2020

Máis información no DOG do 25 de setembro de 2020 e en www.voluntariadogalego.org

Santander Tech Coding Academy - Ironhack é un programa gratuíto de desenvolvemento web dirixido a mozos profesionais que teñan entre 21 e 40 anos e que estean actualmente desempregados por mor da circunstancias económicas e sociais derivadas da pandemia do COVID-19, en situacións de  ERTE ou cesamento de actividade económica en caso de autónomos.

Dirixido a: Graduados, Posgraduados, Pregraduados
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro de 2020

https://www.becas-santander.com/es/program/becas-santander-tech-or-coding-academy-ironhack

A Fundación Adecco convoca a III Edición de Bolsas de FP, Grao e Máster, así como Bolsas para o desenvolvemento de Competencias Dixitais e de Inglés co obxectivo de favorecer a Educación Superior de calidade, así como o desenvolvemento da competencia lingüística de inglés e competencias dixitais.

Bolsa Grao, Máster e FP: Estudantes que ao 31 de decembro 2020 teña entre 16 e 30 anos con matrícula en vigor no curso 2020-2021, que conte cun certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% emitido por unha Comunidade Autónoma española, que teña nacionalidade española ou estranxeiro con permiso de traballo en España e que reúna os requisitos esixidos nas modalidades de Bolsa que a continuación se detallan.

Bolsa de Grao: Alumnos/ as de Grao matriculados ou prerexistrados nalgunha Universidade española no curso 2020-2021.

Bolsa de Máster: Alumnos/ as de Máster matriculados ou prerexistrados nun Máster oficial nalgunha Universidade española ou entidade recoñecida no curso 2020-2021.

Bolsa de FP: Alumnos/ as de Formación Profesional (Grao Medio e Superior) matriculados ou prerexistrados nalgún centro de formación regrada no curso 2020-2021.

O prazo para as bolsas de Grao, Máster e FP estará aberto ata o 15 de outubro de 2020

Bolsa Competencias Dixitais e Inglés: calquera persoa maior de 16 anos que conte cun certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% emitido por unha Comunidade Autónoma española, que teña nacionalidade española ou estranxeiro con permiso de traballo en España.

O prazo para as bolsas de Competencias Dixitais e Inglés estará aberto ata o 30 de novembro de 2020

https://fundacionadecco.org/becas-discapacidad/#bases

A Universidade da Coruña convoca 20 bolsas para estudantes con necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade matriculados/as nos centros da UDC. Deberán ter recoñecida legalmente a condición de discapacidade igual ou superior ao 33%.
A contía das bolsas é de 1.077 euros.
Prazo: 8 de outubro de 2020

https://www.udc.es/gl/novas/Convocatoria-de-bolsas-20-21-para-estudantes-con-necesidades-educativas-especiais-asociadas-a-discapacidade/

A Concellería de Mocidade do Concello de Torrent (Valencia) co obxectivo de fomentar a participación e promover a fotografía como medio de expresión, convoca o 16º Concurso de Fotografía TorrentJove.

Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías. Terán un tamaño mínimo de 15x20 cm e un máximo de 30x40 cm. Débense presentar en papel fotográfico e en formato dixital.

Temática:
- Fotografía de viaxes: lugares visitados, cidades, paisaxes, vida animal e actividades coa poboación local.
- Fotografías que traten sobre a cidade: paisaxe urbana e espazo de convivencia. As imaxes han de reflectir calquera aspecto da cidade, en detalle ou ampla visión, a súa arquitectura, as súas rúas e paseantes.

O concurso promove a visión do noso espazo social e natural, de vida e tránsito cidadán e as imaxes inspiradoras que capten momentos e situacións fugaces e irrepetibles.

Requisitos:
Mocidade entre 16 e 35 anos, de calquera lugar do mundo.

Dotación:
Primeiro premio: 700 euros. Segundo premio: 600 euros. Premio á mellor colección (as 3 fotografías): 1.100 euros. Premio á mellor fotografía de autor/a local: 600 euros.

O prazo de presentación estará aberto ata o día 8 de outubro de 2020.

http://www.torrentjove.com/rs/3139/d112d6ad-54ec-438b-9358-4483f9e98868/ff0/filename/16-bases-fotografia-cas.pdf