Este seminario "Explorando diferentes modelos de participación democrática: fomentando a participación xuvenil a través da Tarxeta Europea da Xuventud" organízase para apoiar o recoñecemento de diversas formas de participación nas comunidades e as sociedades democráticas e para explorar as diferentes formas nas que a Tarxeta Europea da Xuventude pode ser unha ferramenta para o compromiso da xuventude. O seminario ten como obxectivos:

a) Ofrecer o espazo para o debate e o recoñecemento da variedade de formas nas que a mocidade fan escoitar a súa voz, incluso a través de medios dixitaies;

b) Explorar as formas nas que esta tarxeta europea pode ser unha ferramenta para chegar aos mozos e mozas desconectados e alentalos a participar activamente a todos os niveis.

O seminario reunirá a axentes de políticas no campo da xuventude, traballadores xuvenís, activistas xuvenís e mocidade organizada ou non organizada, así como de diversas estructuras de representación.

A convocatoria está aberta ata o día 18 de agosto de 2019.

Máis información

LOGO RIXA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas ás entidades locais de Galicia, para apromoción da información xuvenil e para a realización de actividades dirixidas á xuventude, no ámbito da educación non formal e da participación para o ano 2016.

Entidades locais beneficiarias:
1. Poderán solicitar estas axudas os concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades de Galicia.
2. Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade para estes efectos e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación.
3. Ningún concello ou entidade local dos sinalados nos puntos anteriores poderá:
a) Presentar a solicitude de subvención se o fixo unha entidade local na cal estean integrados ou da cal dependan.
b) Figurar en máis dunha solicitude colectiva.
c) Figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual.

Finalidade da subvención:
1. Potenciar a información xuvenil a través dos servizos municipais de información xuvenil integrados na Rede galega de información xuvenil.
2. Fomentar as actividades de educación non formal dirixidas á mocidade e a participación xuvenil no ámbito local.

Período subvencionable e contía das axudas:
O período subvencionable abranguerá desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2016.
A contía máxima que se concederá será de 3.000 €, que poderá chegar ata 8.000 € para o suposto de agrupación de 2 entidades locais e de 15.000 €, se son 3 ou máis as entidades locais agrupadas.

Serán obxecto de axuda:
a) Os custos derivados do funcionamento normal dun servizo de información xuvenil, así como as actividades de dinamización da información que se leven a cabo desde este.
b) As actividades formativas e educativas, as relacionadas co espírito creativo e emprendedor da mocidade, os programas de información e asesoramento e, en xeral, os que faciliten a participación xuvenil en actividades de educación non formal e os relacionados co asociacionismo e liderado xuvenil, todos eles destinados á mocidade de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de xuño de 2016.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/co procedementoTR305E
Máis información no DOG do 3 de maio de 2016.