Aberto o prazo de solicitudes para que os obradoiros de artesanía podan pedir subvencións para a formación de aprendices.

A Xunta de Galicia ven de publicar no DOG do 8 de marzo as bases reguladoras destas subvencións, tratando de propiciar as vocacións persoais no eido da artesanía. A convocatoria está dotada cun millón de euros. Se estás interesado/a podes ampliar a información no DOG ou no portal web http://www.artesaniadegalicia.gal

  • Estas axudas teñen un orzamento conxunto de 145.245 euros e permitirán subvencionar programas e actuacións nas áreas de sensibilización, que inclúe xornadas, campañas e estudos, formación e coordinación para fomentar o traballo en rede das entidades
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, lembrou esta información durante a visita que realizou hoxe ás dúas voluntarias procedentes de Bélxica e Romanía que participan nun proxecto de nove meses de duración do Servizo Voluntario Europeo na Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)

tyukyujnfug 1O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova orde de subvencións dirixidas a entidades privadas inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia para o fomento e realización de actividades de voluntariado durante 2016. Estas axudas, que se outorgarán en réxime de concorrencia competitiva, teñen un orzamento conxunto de 145.245 euros e permitirán subvencionar programas e actuacións nas áreas de sensibilización, que inclúe xornadas, campañas e estudos, formación e coordinación para fomentar o traballo en rede das entidades.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, lembrou hoxe esta información durante a súa visita ás dúas voluntarias procedentes de Bélxica e Romanía que participan nun proxecto de nove meses de duración do Servizo Voluntario Europeo na Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) en Santiago. No acto, Cecilia Vázquez destacou que esta nova orde, xunto coa do Servizo de Voluntariado Xuvenil, supoñen un investimento de máis de 500.000 euros no soporte das actividades das entidades de acción voluntaria, un 5% máis que en 2016.

Os conceptos subvencionables dos proxectos de voluntariado que se acollan a esta orde, serán os gastos correntes das actividades dos proxectos, a contratación de persoal técnico, a adquisición de material funxible, os servizo de comunicacións e os seguros de responsabilidade civil e de accidentes das persoas voluntarias.

A contía máxima de axuda por proxecto será de 4.000 euros e non poderán exceder do 75% do orzamento total. Co fin de que a falta de financiamento non sexa impedimento para levar a cabo os proxectos, a orde tamén contempla a posibilidade de realizar pagamentos anticipados de ata o 80% da axuda. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes e os criterios de valoración serán a coherencia xeral do proxecto, a súa viabilidade e sustentabilidade, a innovación e o emprego da lingua galega.

deseandoteufuturoA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o Programa Deseñando o teu futuro, un programa de aproximación da mocidade galega ao ámbito socio - laboral mediante o desenvolvemento de estadías – visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas e privadas, facilitando, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

Finalidade da subvención:
Financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas en empresas/entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, aos efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.

Entidades beneficiarias:
A) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que lle presten servizos á mocidade, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das entidades que as conforman.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios.

Solicitudes: presentación e prazo
A) Entidades sen ánimo de lucro:
- Presentación preferentemente por vía electrónica enhttps://sede.xunta.esco procedemento BS326A
- Opcionalmente pode presentaras en soporte papel, descargando a solicitude enhttps://sede.xunta.es(procedemento BS326A) e presentándoa en calquera dos rexistros e lugares establecidos.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipiospresentarán as solicitudes unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.esco procedemento BS326A
Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Non se admitirán as solicitudes que non se presenten por medios electrónicos.

Prazo para presentar solicitudes:aberto ata o 18 de maio de 2016.

Proxectos subvencionables:
Persoas destinatarias: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos con autorización do pai, da nai ou titor/a legal.
Número máximo de participantes por proxecto:30
Período do proxecto:2 meses.
Data límite de realización:15 de novembro de 2016.
Duración das prácticas:mínimo de 5 días hábiles e máximo de 15.
Xornada diaria da estadía-visita:mínimo de 4 horas
As empresas deberán estar radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os proxectos constarán de tres fases:
a) Organización e planificación (que inclúe entre outros, o proceso selectivo e a busca de empresas de acollida para as estadías-visitas).
b) A realización das estadías-visitas non remuneradas en empresas/entidades públicas ou privadas (que incluirá a titorización e o seguimento das estadías)
c) Avaliación e seguimento posterior (inclúe a visualización que se lle dará ao proxecto en particular e ao programa deseñando o teu futuro en xeral).

Conceptos subvencionables e contía da axuda:
- 6 euros por día e participante para cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou moza.
- 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías-visitas, entre os que se inclúen: os preparativos da organización, proceso selectivo, búsqueda de empresas de acollida, información e asistencia aos participantes, titoría antes, durante e despois das estadías-visitas, a supervisión dos participantes, a adopción de acordos específicos para garantir a calidade das estadías-visitas e os gastos de seguros de accidentes e de responsabilidade civil dos mozos/as participantes.

Máis información noDOG do 18 de abril de 2016.