Un total de 6.915 mozos e mozas conseguiron nos últimos catro anos o título oficial de director ou monitor de actividades de tempo libre homologado pola Xunta de Galicia. Do total de títulos, 6.487 foron de monitor e 428 de director. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, ofreceu estes datos durante a súa visita ao curso de monitor de tempo libre impartido pola ETL Aldebarán e organizado polo Concello de Arteixo.

Esta titulación oficial é expedida pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, sendo necesaria para exercer como monitor ou director de campamentos, campos de traballo ou actividades realizadas en albergues xuvenís. No total galego, están rexistradas un total de 73 escolas de tempo libre, 42 máis que no hai catro anos.

As escolas de tempo libre están regulamentadas pola Lei de Xuventude de Galicia, que as define como centros de formación, perfeccionamento e especialización nas actividades e técnicas orientadas á promoción e axeitada utilización do ocio e do tempo libre.

Estas escolas, integradas na Rede de Escolas de Tempo Libre de Galicia, imparten as seguintes modalidades de ensino: cursos de primeiro nivel, cuxa titulación se corresponde coa de monitores ou monitoras de actividades de tempo libre e cursos de segundo nivel, cuxa titulación se corresponde coa de director ou directora de actividades de tempo libre e director ou directora de campos de traballo.

Así mesmo, poderán impartir calquera outra formación correspondente ao seu ámbito de actuación no eido da xuventude. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é o organismo que expide os títulos oficiais, así como tamén homologa, de ser o caso, as titulacións de características homoxéneas que expidan as administracións das outras comunidades autónomas.

globoflexiaCursos monográficos da Escola de Tempo libre Bugallo

23/04/2016 Curso de modelaxe en arxila polimérica AClay (8 horas en día intensivo)
26 e 27/04/2016 Curso de modelaxe en arxila polimérica AClay (8 horas en semana)
30/04/2016 Curso de facepainting nivel medio (8 horas en fin de semana)
03 e 04/05/2016 Curso de facepainting nivel medio (8 horas  en semana)
07/05/2016 Curso de iniciación a contacontos (8 horas en fin de semana)
10 e 11/05/2016 Curso de iniciación a contacontos (8 horas en semana)
14/05/2016 Curso de especialista de manualidades en feltro (8 horas en fin semana)
18 e 19/05/2016 Curso de especialista de manualidades en feltro (8 horas en semana)
21/05/2016 Curso de iniciación a scrapbooking (8 horas en fin de semana)
24 e 25/05/2016 Curso de iniciación a scrapbooking (8 horas en semana)
28/05/2016 Curso de iniciación á maxia para monitores de tempo libre (8 horas en fin de semana)
03 e 04/06/2016 Curso de iniciador a piragüismo, imparte a Federación Galega de Piraguismo con Titulación Oficial pola Real Federación Española de Piragüismo (14 horas e media).

Máis información na Escola de tempo libre Bugallo.
Rúa San Roque 4. Baixo
Teléfonos:  982 804 773 e 636 047 442

http://www.galwy.es/?page_id=112

2016piraguismoA Escola de Tempo Libre Barlovento convoca un curso iniciador de Piragüismo, título oficial da Federación Galega de Piragüismo.

Datas:7 e 8 de maio de 2016
Duración: 20 horas teórico-prácticas.
Localidade:Pontevedra
Horario:Sábado e domingo de  09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas
Prezos:Promoción especial "trae un amigo" 98€ cada matrícula. Desconto estudante, carné xove e desempregados: 110€.
Prezo sen desconto:128€

Máis información e inscrición na Escola de Tempo Libre Barlovento, teléfono: 670 892 307
etlbarlovento@marexada.es
http://marexada.es/

tempo libreA Escola Galega de Administración Pública  convoca un curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, dirixido a persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais, en particular na organización e xestión de actividades de tempo libre.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto atado 14 ao 23 de abril de 2016.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezohttp://egap.xunta.es/matricula

Desenvolvemento.
Modalidade: teleformación
Duración: 60 h.
Edicións: unha.
Datas: do 3 de maio ao 30 de xuño de 2016.
Proba final presencial: o día 30 de xuño ás 10:00 horas.
Prazas: 30.

Contido.
1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
2. Riscos xerais e a súa prevención.
3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
3.1. Actividades de tempo libre.
4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
5. Primeiros auxilios.
6. Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.

Máis información no DOG do 13 de abril de 2016 e en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160413/AnuncioO150-060416-0001_gl.html