• Un grupo de 30 mozos e mozas, con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, tomaron parte nesta experiencia formativa que consistiu en estancias – visitas de 15 días de duración en empresas e entidades
  • `Deseñando o teu futuro´ ofrece aos participantes unha primeira inmersión no mundo laboral, axudándoos na súa orientación profesional e vocacional
  • No marco deste programa, o Goberno galego financiou o ano pasado 13 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitaron que un total de 351 mozos e mozas realicen estadías – visitas en empresas

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, participou esta mañá na entrega dos diplomas acreditativos aos 30 mozos e mozas participantes no proxecto promovido polo Concello de Cuntis no marco da convocatoria do 2016 do programa ‘Deseñando o teu futuro’ e que contou cun orzamento de 5.700 euros. O acto tivo lugar no centro sociocultural e xuvenil José Raído ‘Patelas’.

‘Deseñando o teu futuro’ trátase dunha iniciativa piloto de educación non formal a través da cal mozos e mozas de entre 14 e 18 anos poden realizar pequenas estadías titorizadas en centros de traballo. Un proxecto de aproximación da mocidade galega ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estancias – visitas en distintos sectores das empresas.

O proxecto impulsado polo Concello de Cuntis contou coa colaboración da Asociación de Hostalería e Turismo deste municipio pontevedrés, a ANPA O Baño, Cuntis Comercial Vila Aberta e Caldas Centro Comercial Aberto. Os 30 mozos e mozas participantes, 14 mozos e 16 mozas, realizaron as súas estancias - visitas de 15 días de duración, cunha xornada diaria de 6 horas, en empresas de diversos sectores: hostalería, comercio, educación, información e comunicación, entre outros.

En concreto, as empresas da comarca na que os participantes neste programa realizaron a súa estancia - visita foron: Gago calefacción, fontanería e gas, S.L., Mapfre Cuntis, Pastelería Delicias de Cuntis, Cervexería A Bolera, Perruquería Lourdes, Mi Vestidor Azul, Perruquería Isabel, Louzao, S.L., Bar O Traspaso, A Fontiña, Pensión Cafetería, Floristería Xunco, Inforconstela, Café Bar O Paseo, Cuntis Motor, Souto y Canay, S.C, Mecano Hidráulica escenarios, S.L., Laura Sande estilista, Café Bar Sete Camiños, Calzados Mapi, Alimentacioón Ameixeiras, Foxos, S.C, Ferro&Campos, Comercial Abomar, S.L., Escola Infantil Pequenechos, Agrícola El Horreo, Mercería Ana, Bar Restaurante Cuntis Don Manuel, S.L., O Parladoiro, Panadería Escariz, Mi Pequeño Salón, Chocosport S.L., Fundación Terra Termarum Castrolandín, A tenda da Ponte, ene-A fotógrafos, Café Bar Chelsea, Agros Enxenería Agrícola, O Rincón das Burgas e Termas de Cuntis, S.L.

Cecilia Vázquez reiterou o seu agradecemento ás entidades e empresas colaboradoras, que participaron no proxecto de maneira desinteresada, permitindo que os mozos e a mozas vexan enriquecida a súa formación e se acheguen ao mundo laboral do que formará parte no futuro. Así mesmo, a directora xeral sinalou que no marco deste programa no 2016 se financiaron 13 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitaron que un total de 351 mozos e mozas realicen estadías - visitas en empresas. “ Esta iniciativa ofrécelle aos mozos e mozas alternativas para aprender, fomenta o seu autocoñecemento e os motiva tanto para a continuación da súa formación como a actualización de competencias e habilidades”, apuntou.

Neste sentido, a titular autonómica de Xuventude, Participación e Voluntariado manifestou que Deseñando o teu futuro “ofrece os mozos e mozas unha inmersión nun terreo de traballo, con especial fincapé na parte educativa e de aprendizaxe”. E, ao fío disto, engadiu que este programa “é unha ferramenta que lle axuda a completar o seu proceso de orientación vocacional e profesional; unha ponte de conexión co mundo laboral que ademais fomenta a súa autoestima, a iniciativa, o traballo en equipo, a toma de decisións, a responsabilidade”.

Por último, Cecilia Vázquez lembrou que a participación neste programa xera o dereito a expedición do certificado de experiencias de educación non formal, que permite validar as competencias e darlle visibilidade aos coñecementos, habilidades e formación derivados desa participación, en tanto que contribúen ao desenvolvemento persoal dos participantes, enriquecen o seu currículo vital e favorecen a participación activa na sociedade

En `Deseñando o teu futuro’ as estadías-visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas. O número máximo de mozos participantes por proxecto non pode exceder de 30. A cantidade subvencionable a cada entidade e concello calculouse a razón de 6 euros por participante día para cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou da moza e 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías - visitas.

  • A Consellería de Política Social destina preto de 600.000 euros a esta liña de subvencións da que se poderán beneficiar concellos e mancomunidades de Galicia
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, informou desta publicación durante a súa participación nunha xornada informativa sobre os programas de Galeuropa e Deseñando o teu futuro en Vila de Cruces

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, participou hoxe nunha xornada informativa sobre os programas de Galeuropa e Deseñando o teu futuro organizadas polo departamento de Xuventude do concello de Vila de Cruces. Cecilia Vázquez aproveitou o encontro para anunciar a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da convocatoria de axudas destinada ás entidades locais para a promoción da información xuvenil e á realización de proxectos dirixidos á xuventude no ámbito da educación non formal e da participación.

A esta liña de subvencións, para as que a Consellería de Política Social destina 592.754 euros, van dirixidas a concellos e a mancomunidades de Galicia, así como tamén aos municipios que, pertencendo a unha mesma zona, acorden desenvolver programas conxuntos de actuación sen constituír unha mancomunidade.

A orde sinala que as solicitudes individuais de concellos contarán cun importe máximo de 3.000 euros; mentres que si son dous os municipios, a axuda será de 8.000 euros; e, se son tres ou máis, a subvención chegará aos 15.000 euros. Deste xeito, preténdese incentivas os proxectos conxuntos co obxectivo de favorecer a presentación de proxectos máis ambiciosos e de maior calidade.

Os beneficiarios das subvencións deberán participar no financiamento cun mínimo do 25% do orzamento total. O período subvencionable abranguerá dende o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2016. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contando a partir de mañá.

Poderán ser obxecto destas axudas os custes derivados do funcionamento normal dun servizo de información xuvenil, así como as actividades de dinamización da información que se levan a cabo. Tamén se subvencionan as actividades formativas e educativas, as relacionadas co espírito creativo e emprendedor da mocidade, os programas de información e asesoramento e, en xeral, os que faciliten a participación xuvenil en actividades de educación non formal e os relacionados co asociacionismo e liderado xuvenil, todos eles destinados á mocidade de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

Grazas a esta orde, en 2015 desenvolvéronse un total de 219 proxectos xuvenís, dos que 215 foron solicitudes individuais, unha procedente de fusión municipal e tres de agrupacións de concellos. Entre estes últimos estaba o de Vila de Cruces, que xunto cos de Boqueixón e Vedra, desenvolveron un proxecto conxunto que contou con actividades de formación, de tempo libre e de ocio educativo nos meses de verán.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo hoxe en Ourense unha xuntanza de traballo cos mozos e mozas que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro. O encontro tivo lugar no Espazo Xove da cidade, e nel participaron rapaces e rapazas procedentes de toda a provincia.

Esta iniciativa ten como obxectivo recoller as súas conclusións á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas suxestións, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia. Cecilia Vázquez explicou na xuntanza que “estas reunións forman parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación desta administración”.

Ademais, Cecilia Vázquez tamén mantivo unha encontro con concelleiros de xuventude da provincia ourensá, co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica e de presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.

Entre os meses de febreiro e abril, Cecilia Vázquez mantivo un total de 14 encontros con mozos e mozas de toda Galicia así como con responsables de xuventude dos concellos. As xuntanzas celebráronse en Chantada, Lugo, Noia, Melide, Ferrol, Coruña, Lalín, Vilagarcía, Pontevedra, Santiago, Vigo, Carballo, Betanzos e Ourense.

  • Cecilia Vázquez tamén se entrevistou con concelleiros de xuventude desta comarca para coordinar as políticas entre administracións

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo hoxe en Betanzos unha xuntanza de traballo cos mozos e mozas que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro. O encontro tivo lugar no Espazo Xove da localidade e nel participaron rapaces e rapazas procedentes da comarca de Betanzos.

Esta iniciativa ten como obxectivo recoller as súas conclusións á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas suxestións, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia. Cecilia Vázquez explicou na xuntanza que “estas reunións forman parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación desta administración”.

Ademais, Cecilia Vázquez tamén mantivo unha encontro con concelleiros de xuventude desta comarca, co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica, e de presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.

Entre os meses de febreiro e abril, Cecilia Vázquez está a manter un total de 14 encontros con mozos e mozas de toda Galicia así como cos responsables de xuventude dos concellos. As xuntanzas xa se celebraron en Chantada, Lugo, Noia, Melide, Ferrol, A Coruña, Lalín, Vilagarcía, Pontevedra, Santiago, Vigo, Carballo e Betanzos. A vindeira e última reunión terá lugar mañá xoves en Ourense.

deseandoteufuturoA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o Programa Deseñando o teu futuro, un programa de aproximación da mocidade galega ao ámbito socio - laboral mediante o desenvolvemento de estadías – visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas e privadas, facilitando, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

Finalidade da subvención:
Financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas en empresas/entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, aos efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.

Entidades beneficiarias:
A) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que lle presten servizos á mocidade, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das entidades que as conforman.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios.

Solicitudes: presentación e prazo
A) Entidades sen ánimo de lucro:
- Presentación preferentemente por vía electrónica enhttps://sede.xunta.esco procedemento BS326A
- Opcionalmente pode presentaras en soporte papel, descargando a solicitude enhttps://sede.xunta.es(procedemento BS326A) e presentándoa en calquera dos rexistros e lugares establecidos.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipiospresentarán as solicitudes unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.esco procedemento BS326A
Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Non se admitirán as solicitudes que non se presenten por medios electrónicos.

Prazo para presentar solicitudes:aberto ata o 18 de maio de 2016.

Proxectos subvencionables:
Persoas destinatarias: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos con autorización do pai, da nai ou titor/a legal.
Número máximo de participantes por proxecto:30
Período do proxecto:2 meses.
Data límite de realización:15 de novembro de 2016.
Duración das prácticas:mínimo de 5 días hábiles e máximo de 15.
Xornada diaria da estadía-visita:mínimo de 4 horas
As empresas deberán estar radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os proxectos constarán de tres fases:
a) Organización e planificación (que inclúe entre outros, o proceso selectivo e a busca de empresas de acollida para as estadías-visitas).
b) A realización das estadías-visitas non remuneradas en empresas/entidades públicas ou privadas (que incluirá a titorización e o seguimento das estadías)
c) Avaliación e seguimento posterior (inclúe a visualización que se lle dará ao proxecto en particular e ao programa deseñando o teu futuro en xeral).

Conceptos subvencionables e contía da axuda:
- 6 euros por día e participante para cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou moza.
- 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías-visitas, entre os que se inclúen: os preparativos da organización, proceso selectivo, búsqueda de empresas de acollida, información e asistencia aos participantes, titoría antes, durante e despois das estadías-visitas, a supervisión dos participantes, a adopción de acordos específicos para garantir a calidade das estadías-visitas e os gastos de seguros de accidentes e de responsabilidade civil dos mozos/as participantes.

Máis información noDOG do 18 de abril de 2016.