CURSO DE INCIACIÓN AOS PRIMEIROS AUXILIOS NO TEMPO LIBRE.


Cando acontece un accidente, eses primeiros minutos son de vital importancia e poden marcar grandes diferenzas. Conscientes da importancia dos primeiros auxilios, a escola de tempo libre “Arenaria” convoca en Padrón para o 28 e 29 de marzo e o 4 e 5 de abril, en horario de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, este curso de iniciación na que se ensinarán os  auxilios básicos.
A inscrición podes realizala en liña no seguinte enlace:

https://arenariacoordinacion.com/primerosauxilios/


O prezo e de 75€; aínda que para posuidores/as do Carné Xove queda en 65€.

 

 

DESCONTO EXCLUSIVO PARA TITULARES DO CARNÉ XOVE NO PROGRAMA ELIXE GALICIA

Cntravel ofrece un desconto do 5% no Programa Galicia Elixe Galicia, da Xunta de Galicia, para as persoas titulares de Carné xove.

Se te atopas entre os destinatarios (xente nova entre 18 e 30 anos ou familia con fillos menores de idade), podes participar no programa Galicia Elixe Galicia para pasar as mellores vacacións e disfrutar da paisaxe, o termalismo, o patrimonio cultural ou o turismo enogastronómico nas catro provincias galegas e, co teu Carné xove, beneficiarte dun desconto do 5% adicional no prezo do programa, que xa conta cunha subvención de ata o 40% por parte de Xunta de Galicia.

Infórmate aqui

 

"CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN MODA" 

imaxeCX

A asociación PESTUDIO-periodismo social, a través da páxina web de Aventi, oferta un curso de especilalización en moda.

Duración: 50 horas/2meses
Inicio: 14 de febreiro de 2020
Programa de prácticas
 
  • Desconto Carné Xove: 10%
  • Prezo curso: 950€
  • Prezo curso con desconto aplicado: 855€

 

Máis información no seguinte enlace web: https://aventi.es/web/formacion/curso-de-especializacion-en-moda/

 
 
 
 

Disneyland

"DISNEYLAND PARK"

OFERTA EXCLUSIVA DE INVERNO PARA PERSOAS TITULARES DO CARNÉ XOVE, do 6 de xaneiro ao 1 de abril de 2020.

Grazas ao teu CARNÉ XOVE EUROPEO, aproveitas máis dun 50% de desconto: o prezo da entrada para un parque temático dun día / dous é de só 55 € no canto de 107 €. 

Compra o teu billete en cartejeunes.fr 

 
Así, pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove nesta promoción! 
 
 
 
 
 
 
 

NLKeducation rojo

"CURSOS DE IDIOMAS NO EXTRANXEIRO CON NEWLINK EDUCATION" 

Co teu carné xove tes a oportunidade de facer un programa de idiomas con Newlink Education.  Estuda idiomas nas mellores escolas do mundo e realiza as actividades máis de moda en cada país cos seus programas xuvenís de verán; ou coñece unha nova cultura e domina o seu segundo idioma a través dos seus anos escolares no estranxeiro.

  • Programa de idiomas no estranxeiro para mozos (de 13 a 18 anos)

           - 250 € de desconto en todos os programas.NLK carne joven adultos

  • Oferta de ano escolar en Irlanda, Canadá, Reino Unido, Francia, Alemaña, etc.

          - Ano escolar calquera destino: 700 € de desconto ata o 27/03/2020 ou esgotar prazas.
          - Trimestre escolar calquera destino: 300 € de desconto ata o 27/03/2020 ou esgotar prazas.

  • Oferta de cursos de idiomas para adultos no estranxeiro (+18 anos)

         - Ofrecémosche 40 € de desconto para cursos de 2 semanas e 50 € de desconto para
           cursos de 3 semanas.

         - Ofrecémosche un prezo mellor que se contratas directamente coa escola.


Para obter máis información, visite https://www.newlinkeducation.com/carne-joven/

  • Este encontro busca dar visibilidade ao traballo que desenvolven, así como ser un espazo de reflexión e debate sobre a importancia da educación non formal

20160506 173426O Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, inaugurou esta tarde as Xornadas galegas “Interactuando no tempo libre”, un foro no que participan 80 persoas de distintos perfís relacionados co ámbito do tempo libre como monitores e directores de tempo libre, educadores sociais, técnicos en animación sociocultural ou técnicos de xuventude. O evento desenvolveuse no albergue xuvenil de Gandarío e nel tamén participou a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez.

O obxectivo desta xornada é dar visibilidade ao traballo que desenvolven os profesionais que traballan no eido do tempo libre en Galicia. Cómpre destacar que un total de 6.915 mozos e mozas conseguiron nos últimos catro anos o título oficial de director ou monitor de actividades de tempo libre homologado pola Xunta de Galicia. Do total de títulos, 6.487 foron de monitor e 428 de director.

Esta titulación oficial é expedida pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, sendo necesaria para exercer como monitor ou director de campamentos, campos de traballo ou actividades realizadas en albergues xuvenís. No total galego, están rexistradas un total de 73 escolas de tempo libre, 42 máis que no hai catro anos. Estas escolas, integradas na Rede de Escolas de Tempo Libre de Galicia, imparten as seguintes modalidades de ensino: cursos de primeiro nivel, cuxa titulación se corresponde coa de monitores ou monitoras de actividades de tempo libre e cursos de segundo nivel, cuxa titulación se corresponde coa de director ou directora de actividades de tempo libre e director ou directora de campos de traballo. Así mesmo, poderán impartir calquera outra formación correspondente ao seu ámbito de actuación no eido da xuventude.

Estes centros están agrupados na Rede de Escolas de Tempo Libre de Galicia e regulamentados pola Lei de Xuventude de Galicia, que as define como centros de formación, perfeccionamento e especialización nas actividades e técnicas orientadas á promoción da axeitada utilización do ocio e do tempo libre. Así mesmo, busca ser un espazo de reflexión e debate acerca da importancia da educación non formal como acción educativa e transformadora no eido do tempo libre. “Debemos achegar recursos para promover o diálogo, o intercambio de experiencias e a actualización de coñecementos entre os profesionais deste sector, para que nós como administración coñezamos as súas demandas, necesidades e retos para poder colaborar nas iniciativas que vaian xurdindo”, afirmou o conselleiro de Política Social.

2016tallerunedO taller de estratexias e ferramentas para a procura de oportunidades formativas e profesionais na Unión Europea é unha iniciativa do Centro Asociado á UNED en Pontevedra, organizada en colaboración con Ticket2Europe e financiada pola Comisión Europea.

No taller abordaranse, a través de sesións prácticas, as principais iniciativas de mobilidade europea, se conoceran, de primeira man, diferentes recursos para o emprendemento, traballásese como abordar a procura de emprego e participarase en diferentes sesións de coaching con expertos internacionais.

Datas:do 2 ao 7 de maio de 2016
Lugar:Centro Asociado á UNED en Pontevedra
Horas lectivas:24
Créditos:1.0 crédito ECTS e 2.0 créditos de libre configuración 

Máis información: https://empleaue.wordpress.com/