• Valentín García e Cecilia Vázquez presentaron esta mañá en rolda de prensa a quinta edición do concurso que abre o seu prazo de participación a mozos e mozas de 14 a 35 anos desde hoxe ao 5 de marzo
  • Os dous departamentos traballan xa no deseño do primeiro plan da Xunta para a dinamización lingüística na xente nova

O día dos namorados foi o elixido este ano pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para botar a andar unha nova quenda do concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade 'Lingua de namorar', que chega á súa quinta edición. Así o deron a coñecer esta mañá en rolda de prensa os titulares dos dous departamentos, Valentín García e Cecilia Vázquez, respectivamente. Ademais, os responsables das políticas lingüística e xuvenil da Administración autonómica avanzaron que están xa en marcha desde ambos os departamentos os traballos de coordinación e deseño do que será o primeiro plan da Xunta para dinamizar o uso do galego entre a mocidade, tal e como anunciaran hai uns meses.

O galego, lingua da xente nova

“Iniciativas coma esta, dirixidas á xente nova, e tamén as que teñan como obxectivos específicos potenciar o uso do galego como lingua de relación na mocidade galega, reforzar o uso do idioma entre os galegofalantes e proporcionarlle modelos lingüísticos galegófonos de referencia á rapazada de orixe castelanófona centrarán a axenda de traballo da Secretaría Xeral de Política Lingüística nos vindeiros meses para darlle un novo pulo á dinamización do uso do galego no marco dese novo plan, o primeiro desde o que se desenvolverán as directrices do sector 2 do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, no que xa estamos a traballar de maneira coordinada coa Dirección Xeral de Xuventude”, detallou o secretario xeral, xa que “queremos que a lingua propia de Galicia sexa a lingua da xente nova”, concluíu.

Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado salientou que a dinamización e a promoción do galego entre a mocidade é un eixo prioritario da acción do Goberno galego. Neste sentido, sinalou que programas como ‘Lingua de namorar’ non soamente serven para fomentar entre os rapaces e rapazas o uso do galego, senón que tamén permiten amosar a capacidade creativa e talento deles.

Ademais, Cecilia Vázquez, defendeu a utilidade do galego en todos os ámbitos, contextos e momentos da vida. Ao respecto, defendeu a valía de programas como este, xa que “permiten fomentar o emprego da lingua galega nun ámbito como o das tecnoloxías, que é fundamental para a difusión do idioma polo seu valor innovador e de futuro e, así mesmo, porque vai dirixido a unhas franxas de idade nas que se fai moi necesaria a intervención con iniciativas de dinamización lingüística”.

Bases do concurso

Lingua de namorar vai dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos, que se dividirán en dúas categorías de idade: de 14 a 19 e de 20 a 35.

As mensaxes participantes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso. A súa extensión máxima será de 350 caracteres, incluídos os espazos en brancos. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.

Para poder enviar as mensaxes, cómpre rexistrarse na web do concurso http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar e cubrir o formulario de inscrición. Todas serán publicadas nesta páxina e estarán identificadas polo título e máis polo número que se lles asigne. A data límite para enviar as mensaxes de amor é o 5 de marzo. Unha vez rematado este prazo, abrirase outro para realizar as votacións, que abranguerá do 6 ao 10 do mesmo mes.

Resolución do xurado e premios

O xurado do concurso elixirá as mensaxes gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas en cada categoría. As mensaxes gañadoras publicaranse o 22 de marzo na páxina web do concurso.

Establécense tres premios por cada unha das categorías. Na categoría A (de 14 a 19 anos) a persoa gañadora do primeiro premio será galardoada smartphone Wiko 5'' Qcore 3, 16 GB; o segundo premio consiste nunha cámara instantánea Fujifilm 46x26 MM; e o terceiro premiado recibirá un smartwatch SPC 9616T.

Pola súa banda, na categoría B (de 20 a 35 anos) o primeiro premio consiste nunha cámara réflex Canon EOS 1300D, 18 Mp, Full HD, WiFi; o segundo nunha tableta Samsung Galaxy Tab A 10,1” Ocore, 16 GB; e o terceiro premio consiste nun smartwatch SPC 9616T.

2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Signo Editores
3.- DESTINATARIOS
Para persoas de calquera nacionalidade
4.- DATA LÍMITE
15/06/2016
5.- MÁIS INFORMACIÓN
Catro categorías: retrato, fotoperiodismo, paisaxe e series de autor
6.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

xuventudecrea2016 1A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o Programa Xuventude Crea nas especialidades deteatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña.

Poderán participar mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2016.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.

Oprazode presentación de solicitudes estará aberto ata o30 de xuño de 2016.

Premiospor cada unha das especialidades:
– Un primeiro premio de 3.000 €.
– Un segundo premio de 1.500 €.
– Un terceiro premio de 1.000 €.
As obras das persoas participantes premiadas quedarán en posesión da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Teatro:
Poderán concorrer grupos teatrais, non profesionais, compostos por mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2016. Admitirase que ata un 25% dos/as compoñentes do grupo supere os 30 anos ou teñan entre os 14 e 16 anos.

Artes plásticas:
Establécense as seguintes modalidades: pintura e escultura.
Deberase presentar unha ou varias fotografías en cor ou branco e negro da obra presentada, adheridas a un folio (preferentemente DIN A-4) e tamén en CD.  No caso de obras escultóricas, as fotografías deberán presentarse desde diferentes perspectivas para que se poida realizar a valoración adecuada delas.

Fotografía:
As persoas participantes presentarán Unha ou varias fotografías en cor ou branco e negro da obra presentada, adheridas a un folio (preferentemente DIN A-4) e tamén en CD. As obras orixinais serán requiridas ás persoas participantes só no caso de que fosen seleccionadas para a exposición ou previamente cando, a xuízo da comisión, sexa necesario velas co fin de outorgar os premios.

Música:
Poderán concorrer solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea.
Admitirase que ata un 25% dos/as compoñentes do grupo supere os 30 anos. Tamén poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos/as participantes que se presenten como solistas.

Relato breve:
As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
O tema será libre.
As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 5 páxinas e máxima de 10, mecanografadas a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4, e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar. As obras deberán presentarse tamén en CD.

Poesía:
As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
O tema e a técnica serán libres.
As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 50 versos e máxima de 100, a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4 e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar. As obras deberán presentarse tamén en CD.

Videocreación:
As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
Quedan excluídas deste certame todas as obras que teñan concedidas axudas económicas da Administración autonómica para a súa realización, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes.
O tema será libre, máis deberá dar prioridade aos contidos artísticos e culturais dunha maneira innovadora e experimental. Enténdese por experimental a obra que se sitúa fora dos códigos convencionais, que aposta por fórmulas audiovisuais onde se dá prioridade á subxectividade.

Banda deseñada:
As obras serán orixinais e inéditas.
A temática será libre, con textos en galego.
A técnica pode ser calquera, feita en branco e negro ou en cor.
O formato deberá ser en DIN A-4 ou DIN A-3 e a extensión mínima terá que ser de 10 páxinas. En caso de que a obra fose feita en formato dixital, á parte dunha versión impresa deberá xuntarse un CD ou DVD cos arquivos orixinais.
Cada obra deberá levar pseudónimo e título.

Graffiti:
As obras serán orixinais, inéditas e, de ter texto, este estará en galego.
O tema e a técnica serán libres.
Os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de 3 membros.

Deseño de xoias:
A colección debe ser orixinal e estará composta por 3 xoias. O acabamento das pezas debe traballarse en metal con pezas de xoiaría, excluíndo a utilización de fornituras compradas.
Os/as participantes presentarán unha fotografía de cada unha das 3 xoias que poderán ser tanto para home como para muller.

Moda:
As coleccións deben ser orixinais.
Os/as participantes presentarán unha colección coherente de 5 modelos de home ou muller. Terá que definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentaranse estes deseños en láminas de formato DIN A-3 (297 mm x 420 mm), con deseño de fronte e de costas.
Ficha técnica da colección e mostras dos tecidos que se empregarán na súa confección.

Cociña:
Os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de 3 membros.
Só se admitirá unha receita por participante, sexa individual ou en grupo.
A receita presentada por cada participante –individual ou en grupo- pode ser a elaboración dun prato salgado ou doce. A base do prato será a utilización de produtos avalados polas diferentes denominacións de orixe de Galicia ou ben pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia.
As persoas participantes presentarán:
a) A receita, que deberá estar escrita en lingua galega, terá que incluír o título do prato, a relación de ingredientes –avalados, prioritariamente, por algunha das denominacións de orixe de Galicia– e o proceso de elaboración.
b) Unha ou varias fotografías en cor ou branco e negro da obra presentada, adheridas a un folio (preferentemente DIN A-4) e tamén en CD.
O tempo de elaboración do prato non poderá exceder as 2 horas.

Máis información noDOG do 22 de abril de 2016e enhttps://sede.xunta.es/co procedementoBS310Q

xuventudecrea2016 1A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña.

Se queres participar, aquí podes revisar asbases do certame

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día30 de xuño de 2016.

A quen vai dirixido?

  • Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2016.
  • Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
  • Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
  • Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.

Máis información:

981 541 689 / 981 545 702

roteiros.ctb@xunta.es