Basket Surf Camp

Abr 24, 2017

A escola de surf Artsurfcamp e a Escola Basket Xiria unen forzas para organizar o primeiro Basket Surf Camp de Galicia. Un campamento que vos propón unha inmersión 100% surf e basket na praia de Razo (Carballo, A Coruña).

Iniciativa dirixida ós socios e non socios de entre 10 e 18 anos da EBX Xiria que queiran mellorar o seu nivel de xogo en todas as súas vertentes, e disfrutar dunha experiencia máis dinámica que os habituais campus de basket. Os adestramentos estarán dirixidos por adestradores nacionais titulados que militan no EBX Xiria e desenrolarnase no pabillón municipal cuberto do CEIP Nétoma-Razo, a poucos metros das instalacións do albergue Artsurfcamp (15-AX-16)

BASKET E SURF COMBINADOS NUNHA ACTIVIDADE PIONEIRA

PROGRAMA:

DOMINGO / 9 abril

  • 19:00 / Chegada ó albergue
  • 19:30 / Check-in e aloxamento
  • 20:00 / Presentación do programa
  • 21:00 / Cea
  • 22:00 / Animación con monitores de tempo de lecer

LUNS / 10 abril

  • 09:00 / Almorzo
  • 10:00 a 13:00 / Adestramentos basquet
  • 13:30 / Xantar
  • 15:30 a 17:30 / Adestramentos basquet
  • 18:00 / Iniciación ó surf
  • 21:30 / Cea
  • 22:00 / Animación con monitores de tempo de lecer

MARTES / 11 abril

  • 09:00 / Almorzo
  • 10:00 a 13:00 / Adestramentos basquet
  • 13:30 / Xantar
  • 15:30 a 17:30 / Adestramentos basquet
  • 18:00 / Iniciación ó surf
  • 21:30 / Cea
  • 22:00 / Festa despedida

MÉRCORES / 12 abril

  • 09:00 / Almorzo
  • 10:00 a 13:00 / Adestramentos basquet
  • 13:30 / Xantar
  • 14:30 / Fin do progama

PREZO:

  • 150eur posuidores do Carné Xove
  • 150eur SOCIOS EBX XIRIA
  • 180eur NON SOCIOS EBX XIRIA

O prezo inclúe:

  • 3 noites de aloxamento no albergue Artsurfcamp (15-AX-16)
  • Habitacións de 4/6 prazas
  • Pensión completa
  • Adestradores de basket
  • Monitores de surf e material surf (prancha e traxe de neopreno)
  • Monitores tempo de lecer (24h)
  • Adestramentos en pabillón municipal cuberto
  • Seguro de RC e accidentes

Nota:

  • Prazas limitadas
  • Formalización reserva 50eur/participante, resto do importe a abonar o día de inicio do campamento

RESERVA XA A TÚA PRAZA!

Ligazón reservas: http://www.artsurfcamp.com/xiria

Para máis información: alejandro@artsurfcamp.com

Teléfonos: 629 203 284 / 626 836 872

surf 1Artsurfcamp proponche para esta primavera o surfcamp cunha inmersión 100% surf e natureza na praia de Razo (Carballo). Combinaremos as clases prácticas con coñecementos paralelos que che axudarán a iniciarte ou a mellorar no noso deporte preferido. O equipo de Artsurfcamp comprométese coa túa estancia, garantíndoche unhas condicións óptimas de aloxamento, manutención e actividades con monitores titulados no albergue xuvenil con Licenza da Xunta  de Galicia 15-AX-16.

QUENDA 1

DATAS

  • 14-15 de maio

14 de MAIO

  • Entrada no campamento ás 10h00
  • Check-in. Distribución de habitacións
  • Reparto de material
  • 11h30 a 13h30 horas clase de surf. Grupos reducidos: 7 alumnos/monitor
  • 14h00 xantar libre pola conta do participante
  • 15h30 surf vixiado e volei praia
  • 19h00 meteoroloxía e predición de ondas
  • 21h00 Cea incluída no albergue
  • Actividade nocturna

15 de MAIO

  • 09h30 Almorzo incluído no albergue
  • 10h30 a 12h30 clase de surf. Grupos reducidos: 7 alumnos/monitor
  • 13h30 xantar incluído no albergue
  • 15h30 surf vixiado
  • 18h00 fin das actividades

COTA:Para posuidores do carné xove: 75€. // Tarifa normal: 89€.

QUE INCLUE

  • 1 noite de aloxamento en albergue xuvenil Artsurfcamp (licenza da Xunta de Galicia 15-AX-16)
  • Cuartos de 4 a 6 prazas (albergue a pé de praia)
  • 1 PC (entrada con cea e saída con comida)
  • 2 días de aluguer de material (traxe de neopreno e prancha de surf)
  • 4 horas de clases de surf
  • Monitores titulados pola federación galega de surf
  • Surf vixiado por monitores (polas tardes)
  • Seguro de accidentes e RC

QUENDA 2

DATAS

  • 14-16 de maio

14 de MAIO

  • Entrada no campamento ás 10h00
  • Check-in. Distribución de habitacións
  • Reparto de material
  • 11h30 a 13h30 horas clase de surf. Grupos reducidos: 7 alumnos/monitor
  • 14h00 xantar libre pola conta do participante
  • 15h30 surf vixiado e volei praia
  • 19h00 meteoroloxía e predición de ondas
  • 21h00 Cea incluída no albergue
  • Actividade nocturna

15 de MAIO

  • 09h30 Almorzo incluído no albergue
  • 10h30 clase de surf. Grupos reducidos: 7 alumnos/monitor 
  • 15h30 surf vixiado 
  • 19h00 actividade de tarde
  • 21h00 cea

16 de MAIO

  • 09h30 Almorzo incluído no albergue
  • 10h30 clase de surf. Grupos reducidos: 7 alumnos/monitor
  • 13h30 xantar incluído no albergue
  • 15h30 surf vixiado
  • 18h00 fin das actividades

COTA:Para posuidores do carné xove: 99€. // Tarifa normal: 113€.

QUE INCLUE

  • 2 noitse de aloxamento en albergue xuvenil Artsurfcamp (licenza da Xunta de Galicia 15-AX-16)
  • Cuartos de 4 a 6 prazas (albergue a pé de praia)
  • 2 PC (entrada con cea e saída con comida)
  • 3 días de aluguer de material (traxe de neopreno e prancha de surf)
  • 6 horas de clases de surf
  • Monitores titulados pola federación galega de surf
  • Surf vixiado por monitores (polas tardes)
  • Seguro de accidentes e RC

OBSERVACIÓNS:

  • Prazas limitadas
  • Para todos os niveis
  • Saída garantida (mínimo de 15 prazas)
  • Punto de encontro Artsurfcamp (praia de Razo)
  • Non inclúe desprazamento ata o campamento

Reservas na seguinte ligazón:

http://www.artsurfcamp.com/quendas-carne-xove

Para máis información:

correo-e:alejandro@artsurfcamp.com

Teléfono: 629 203 284 / 638 123 496

Un total de 6.915 mozos e mozas conseguiron nos últimos catro anos o título oficial de director ou monitor de actividades de tempo libre homologado pola Xunta de Galicia. Do total de títulos, 6.487 foron de monitor e 428 de director. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, ofreceu estes datos durante a súa visita ao curso de monitor de tempo libre impartido pola ETL Aldebarán e organizado polo Concello de Arteixo.

Esta titulación oficial é expedida pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, sendo necesaria para exercer como monitor ou director de campamentos, campos de traballo ou actividades realizadas en albergues xuvenís. No total galego, están rexistradas un total de 73 escolas de tempo libre, 42 máis que no hai catro anos.

As escolas de tempo libre están regulamentadas pola Lei de Xuventude de Galicia, que as define como centros de formación, perfeccionamento e especialización nas actividades e técnicas orientadas á promoción e axeitada utilización do ocio e do tempo libre.

Estas escolas, integradas na Rede de Escolas de Tempo Libre de Galicia, imparten as seguintes modalidades de ensino: cursos de primeiro nivel, cuxa titulación se corresponde coa de monitores ou monitoras de actividades de tempo libre e cursos de segundo nivel, cuxa titulación se corresponde coa de director ou directora de actividades de tempo libre e director ou directora de campos de traballo.

Así mesmo, poderán impartir calquera outra formación correspondente ao seu ámbito de actuación no eido da xuventude. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é o organismo que expide os títulos oficiais, así como tamén homologa, de ser o caso, as titulacións de características homoxéneas que expidan as administracións das outras comunidades autónomas.

campDiscAta o 30 de abril está aberto o prazo para a inscrición nos campamentos específicos  que organiza a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

Permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa terra, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

Persoas destinatarias

As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial.

 Máis información:http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-de-discapacidade