Destacados

Destacados (9)

O 2017 foi un ano de intensa participación e traballo conxunto no eido do Tempo Libre en Galicia. Comezou o ano con encontros nas catro provincias para a elaboración dun novo decreto que foi traballado polo miúdo no III FORO DO TEMPO LIBRE aló polo mes de maio e concluído en grande medida nas xornadas INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE do mes de Novembro.

 

Foi un grande esforzo colectivo, e colectivos deben ser os parabéns.

 

O 2018 non pode ser menos, e iniciamos o ano con importantes e significativas novidades que paga a pena coñecer e sobre as que reflectir, para seguir avanzando no proceso de construción colectiva no ámbito da educación no tempo libre.

 

O Foro do Tempo Libre é un espazo de encontro e reflexión colectiva que serve por unha banda para actualizar coñecementos e identificar necesidades e pola outra para sentar as bases das xornadas INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE que terán lugar en Gandarío en outono.

 

O foro está aberto a calquera persoa interesada en contribuír e, nomeadamente, a educadoras e educadores no tempo libre, asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude, empresas do sector, xerentes de instalacións, técnicos de xuventude, informadores e informadoras xuvenís, escolas de tempo libre, etc.

 

CAMBIO DE DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN:

A fin de facilitar a asistencia ao IV Foro aberto do tempo libre, facéndonos eco das suxestións relativas á posibilidade de cambio de data para un sábado, dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado comunicámosvos que o IV Foro vai ter lugar o vindeiro sábado 26 de maio, segundo o programa previsto, na Hospedería de San Martín Pinario, Seminario Maior, sita na Praza da Inmaculada, nº 3 en Santiago de Compostela.

Animávosvos a participar e pregamos que lle deades difusión ao cambio de data e ubicación.

 

Consulta aquí o programa provisorio

 

Inscríbete a través deste formulario