Desde Sanxenxo envíanos Dori, a persoa responsable do proxecto +XUVENTUDE, máis Concello, as fotografías de parte dos/as Correspondentes Xuvenís que este curso están participando nos centros educativos de Sanxenxo.
Colexio Abrente (de esquerda a dereita): Desiré Peón, Saray Paz, Laura Jamardo, Julia Soutullo e Pablo Soutullo
IES Sanxenxo: Cecilia, Tania, Ainara, Lucas, Marta, Sara, Anabel, (diante): Sara, Ángela, Mar. (Falta Iker que non pudo estar na foto)
IES Vilalonga De pé: Juan, Claudia, Lía, (diante) Mateo e Uxía (Falta Lucía, que non estaba no momento da foto)
Parabéns a todas/os!
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela están a colaborar con Alianzas pola diversidade. O luns día 25 de noviembre, con motivo do día internacionla contra a Violencia de Xénero acudiron a vender unhas pulseiras contra o matrimonio infantil e así recaudar diñeiro para unha asociación.
Parabéns a todas e todos!
"O luns 11 de novembro, os alumnos de 4° da ESO e 2º de PMAR do IES Porto do Son participamos nun Obradoiro sobre igualdade promovido por Servizos Sociais do noso Concello. Nel reflexionamos sobre a desigualdade existente, a día de hoxe, entre homes e mulleres, micromachismos, publicidade, a muller en diferentes culturas e falamos sobre pautas para buscar unha sociedade máis xusta".
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca un curso máis o programa Correspondentes Xuvenís 3.0
Correspondentes xuvenís 3.0 pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro educativo. Será alumnado quen se responsabilice de recoller a información que se lles envie desde Xuventude ou da OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
1. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, grupos de wahtsapp...
2. Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
3. Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.
Beneficios para os/as correspondentes:
Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen no albergue xuvenil de Gandarío.
Recibirán gratuitamente o carné xove, e aqueles/as que o necesiten faráselles o carné ISIC e o carné Alberguista
Terán preferencia nalgúns dos programas da DXXPV nos que así conste nas súas bases.
Reconoceráselles o tempo como persoas voluntarias mediante un certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.
Poderán solicitar o Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
Beneficios para o profesorado colaborador:
Recibirán gratuitamente o carné internacional de profesor/a (Carné Teacher). O profesorado que participe a través do Plan Proxecta recibirá unha certificación da Consellería de Educación.
O programa Correspondentes Xuvenís pode solicitarse de dúas formas:
1. A través do Plan Proxecta da Consellería de Educación, entre o 25 de setembro e o 16 de outubro de 2019.
2. Directamente coa Dirección Xeral de Xuventude, a través do Centro Coordinador de información xuvenil, teléfono 881 997 606 FORMULARIO DE SOLICITUDE
Enviar o formulario a informacion.xuventude@xunta.gal
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo publicou na revista Nós tamén un artigo sobre a visita da Directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, ao seu instituto.
No IES do Camiño de Palas de Rei puxeron o broche final ao traballo no programa Correspondentes Xuvenís, no que contaron coa presenza de José Manuel Balseiro Orol (Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo), Pablo Taboada Camoira (alcalde de Palas de Rei), Federico Pérez Morán (Inspector educativo), Suso Antelo (Director do Centro Coordinador de Información Xuvenil) e María Graíño (Xefa de Servizo de Xuventude de Lugo) que fixeron a entrega de diplomas e carnés aos alumnos e alumnas de 3º da ESO: Natalia, Nuria, Diego e Iván, ás de 4º da ESO: Leticia, Elisa, Sandra, María e Uxía, aos de de 1º de Bach: Lucía, Daniela, Noemí, Silvia, Marcos, Álex, Adrián, Lucía Oro, Celia, Sonia, Laura e Noel e de 2º de Bach: Candela.
Atrás queda un ano de novas experiencias e aprendizaxes, na que ser antenas informativas supuxo un reto que, os correspondentes, superaron con creces.
Grazas polo voso traballo e dedicación!!!!
Ainara, Anabel, Ángela, Cecilia, Iker, Lía, Mar, Marta, Natalia, Sara, Silvia, Tania e Carla son o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Sanxenxo. Durante todo o curso foron as e o responsable de difundir información entre o alumnado do seu instituto coa coordinación de Dori desde a OMIX de Sanxenxo.
Parabéns polo traballo desenvolvido!!!
Desde o IES nº 1 da Estrada envíannos dous videos, un cunha pequena mostra do seu traballo e outro coa valoración que fai o equipo de Correspondentes sobre o programa.
Parabéns a Goretti, Celsa María, Adrián, Sheila e Nuria. Tamén a Susana e a María Consuelo pola súa coordinación!!!
Desde Voluntariado do Concello de Ponteareas envíanos fotografías de Correspondentes Xuvenís.
En Ponteareas participan os seguintes centros educativos: IES A Cancela, CPR Inmaculada, IES O Barral, IES Pedra da Auga e IES Val de Tea.
Parabéns todos e todas os Correspondentes de Ponteareas e a Voluntariado do concello pola súa coordinación!!
Desde o IES do Camiño de Palas de Rei despídense do programa Correspondnetes Xuvenís a trvés da súa cotna de Instagram e desde a web o instituto:
"Hoxe despedímonos da nosa participación no programa "Correspondentes xuvenís 3.0" en Radio Palas Fm, esta andaina comezou no mes de novembro e co curso académico rematando toca poñer un punto... o que non sabemos si será un punto seguido ou un punto final mentres quedámonos con todas as experiencias vividas que nos permitiron coñecer un mundo novo e poder informar aos oíntes das novas que nos chegaban semana tras semana.
Grazas a Vanesa que nos permitiu estar semana tras semana nas ondas e ao alumnado que participou nesta inicitiva: Lucía A., Daniela Margarita, Noemí, Silvia, Marcos, Álex, Adrián, Lucía O., Celia, Sonia, Laura e Noel."
Nos sumamos o noso agradecemento a todo o equipo de Correspondente e engadimos a Cristina que foi a coordinadora do programa.
Parabéns a todas e todos!!