Correspondentes Xuvenís 3.0 (107)

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, envíannos unha fotografía do seu taboleiro. Todo o equipo son estudantes do ciclo de Animación Sociocultural e Turística.

Conta de Instagram de Rosalía ao día:  https://www.instagram.com/rosaliaodia17/?hl=es

Facebook:  https://www.facebook.com/Rosal%C3%ADa-%C3%B3-D%C3%ADa-892077497636951/

O equipo de Correponndentes Xuvenís do IES de Rodeira de Cangas son Marta, Uxía, Sara, Helena, Violeta, Dennise, María, María Angélica, Alba, Claudia, Miguel, Xian e Fátima. Distribuen entre os seus compañeiros/as a información que reciben tanto desde Xuventude como desde a Casa da Mocidade do Concello de Cangas.

Parabéns polo traballo desenvolto

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Terras de Trasancos de Narón son Soraya, Julian, Selena, Alexis, Moises, Desiree, Isabel, Ángela, Lara, Victoria, Aarón, Yaiza, Raul, Kenia, Nadia e Raul.

Ademais de distribuir información no taboleiro utilizan tamén un blogue e facebook:

Blogue:
https://correspondentesiestrasancos.blogspot.com.es/2017/12/quen-somos-os-correspondentes.html

Facebook:
https://www.facebook.com/Correspondentes-IES-Terra-de-Trasancos-450230348708280/

Parabéns!

Esther e Lorena son as Correspondentes Xuvenís do IES Vilar Ponte de Viveiro e tamén do Espazo Xove de Viveiro

Ademais do taboleiro teñen unha conta en Instagram: @casa_da_xuventude

Parabéns!

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES nº 1 da Estrada está formado por Xiao, Carla, Anxo, Laura Calvelo, Laura Silva e Belén.

Parabéns polo traballo desenvolto!

María Calo, Mario, Sabela, Rita, Sara Ayaso, Iria, Natalia, José Francisco, María Gonzalez, Ximena, Lara, Sara Mora,  Andrea, Paula, Loreto, Jesús Luís son o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Porto do Son.  

Enviannos un enlace dunha performace realizada no instituto: IESON BLACK FRIDAY, Día contra a violencia machista coa finalidade de facer pensar na violencia exercida contra as rapazas, as alumnas, as fillas, as nais, as irmás... Denunciar, interpelar, educar... para mudar a realidade.

De camiño a casa...

https://youtu.be/L9I85wppLJk

Parabéns polo estupendo traballo.  Para reflexionar...

#nonmeenredes

Nov 27, 2017

nonmeeredes2

Dende o CPI Viaño Pequeno de Trazo, que está a participar no programa Correspondentes Xuvenís, envíannos a campaña #nonmeenredes

#nonmeenredes é unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero promovida pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Orde, que con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller tenta visibilizar a presenza da violencia de xénero nas redes sociais.  
O lema #nonmeenredes pretende ser un berro reivindicativo das mulleres da comarca para que ninguén exerza a violencia a través de Internet, e que esa violencia teña cada vez menos espazos para existir na sociedade.

Rosalía ao día!

Nov 21, 2017

Aquí podedes oir o traballo de difusión realizado polo equipo de innovación e creatividade de Rosalía ó Día, que é a marca dos/as Correspondentes Xuvenís do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Todos eles e elas son alumnado do ciclo de Animación Sociocultural e Turística.

Rosalía ao Día!

 

Conta de Instagram de Rosalía ao día:  https://www.instagram.com/rosaliaodia17/?hl=es

Facebook:  https://www.facebook.com/Rosal%C3%ADa-%C3%B3-D%C3%ADa-892077497636951/

O alumnado do ciclo de Animación sociocultural e turística do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela visitaron o Centro coordinador de información xuvenil en Santiago de Compostela.

Asistiron a unha xornada na que recibiron nocións sobre as Políticas de información xuvenil a nivel autonómico e estatal, así como as estruturas das Redes de Información xuvenil.

Tamén se informaron sobre o programa Correspondentes Xuvenís 3.0 que desenvolverán no seu centro educativo

O alumnado do ciclo de Animación sociocultural e turística do CIFP Portovello de Ourense visitaron o Centro coordinador de información xuvenil en Santiago de Compostela.

Asistiron a unha xornada na que recibiron nocións sobre as Políticas de información xuvenil a nivel autonómico e estatal, así como as estruturas das Redes de Información xuvenil.

Tamén se informaron sobre o programa Correspondentes Xuvenís 3.0 que desenvolverán no seu centro educativo

cifpportovello2