Correspondentes Xuvenís 3.0 (108)

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo compartindo momentos con outros/as Correspondentes de Galicia

https://www.instagram.com/cxmontojo/

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES do Caminño de Palas de Rei están a realizar unha vez a semana o programa de “Correspondentes xuvenís” en Radio Palas FM.
Os alumnos e alumnas de 1 Bacharelato son os encargados e encargadas de informar todas as semanas das novas máis salientables.
O alumnado da ESO encárganse do taboleiro de novas e da conta de Instagram.

Blog do instituto: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdocaminho/node/303
Conta de Instagram: https://www.instagram.com/iesdocaminho/

Amanda, Andrea, Tamara, Carla, Yurena, Laura Tatiana, Ana, María, Pablo e Laura forman o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Monte Neme de Carballo, coa coordinación das profesortas Ana Belén, María José e María del Carmen.

Ademáis do taboleiro donde poñen a información que reciben, contan tamén cunha conta de Instagram e outra de Twiter

https://www.instagram.com/correspondentesdomonteneme

Twiter: correspondentesdomonteneme

 

O Concello de Sanxenxo publica na súa web a participación de 17 Correspondentes Xuvenís no Encontro de Gandarío. En total son 20 correspondentes de 3 centros educativos, Colexio Abrente, IES Sanxenxo e IES Vilalonga:

https://www.sanxenxo.es/index.php/gl/concello/novas/todas-as-novas/25-noticias/noticias-cultura/2246-21-mozos-e-mozas-do-ies-sanxenxo-vilalonga-e-colexio-abrente-participan-no-programa-correspondentes-xuvenis-3-0

Os/As Correspondentes Xuvenís do IES Aller Ulloa de Lalín son Lorenzo, Marcos, Estefanía, Yeray, Pablo, David, Santiago Andrés, Antía, Gustavo, Alejandro, Andrea, María e Lucía. Reunironse xunta coa profesora responsable do programa, Julia, no Espazo Xove de Lalín con Mercedes, a persoa responsable do Espazo.

LALINimage3346

Parabéns polo traballo que están a desenvolver!!

O grupo de Correspondentes Xuvenís do IES Fontem Albei da Fonsagrada xa están a traballar difundindo información entre a mocidade do seu concello.

Podedes seguir o seu traballo no seu Blog e redes sociais:

Blog: https://infoxuvenil.blogspot.com/

Instagram https://www.instagram.com/iesfontemalbei2018/?hl=es

Twiter https://mobile.twitter.com/fontemalbei1819?p=s

 

Parabéns polo traballo desenvolvido!

Un grupo de Correspondentes Xuvenís do IES Rodeira e do CPR Eduardo Pondal do Concello de Cangas está a participar no Congreso Estatal de Voluntariado que se desenvolve en Ourense os días 28 e 29 de novembro.

cangas3

As Correspondentes Xuvenís do IES Pedra da Aguia de Ponto do Porte en Camariñas son Daniela, Aida María, Laura, Carmen Laura, Ainhoa e Laura, coordinadas polo profesor Francisco Javier Brey.CAMARIÑAS. PEDRA DA AGUIA

Elas serán as encargadas de difundir información xuvenil entre o alumnado do seu instituto.

 

Un total de 155 rapaces e rapazas correspondentes xuvenís pasaron un fin de semana no albergue xuvenil de Gandarío onde participaron en actividades lúdicas.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse cos 155 mozos e mozas de entre 14 e 22 anos que participaron no encontro de correspondentes xuvenís en Bergondo.

O programa Correspondentes Xuvenís 3.0 é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha rede de mozos e mozas que teñen o papel de “antenas informativas” para difundir nos seus centros de ensino programas e información de interese xuvenil entre iguais.

Os mozos e mozas que participan de maneira voluntaria neste programa encárganse de informar aos seus compañeiros de aula, amizades e coñecidos sobre convocatorias, recursos e programas xuvenís que poidan ser do seu interese.

IMG 20180629 WA0025

O programa Correspondentes de correspondentes xuvenís é unha ferramenta que permite potenciar as habilidades comunicativas e sociais dos participantes; favorece a asunción temperá de responsabilidades e transmite valores como a solidariedade, a participación entre iguais e o liderado.

Unha das novidades deste encontro, no que se combinan aspectos formativos e lúdicos, é a formación que recibirán os e as asistentes, en materia de oratoria e comunicación en público. Esta formación será impartida por Tania Vilariño, experta na materia, na que se pretende facilitar aos correspondentes xuvenís técnicas prácticas de expresión oral para lograr unha comunicación efectiva entre os seus compañeiros e outro tipo de auditorio.

O programa Correspondentes Xuvenís 3.0 no presente curso escolar conta con 618 participantes no conxunto de Galicia, ao redor dun centenar máis que na edición anterior. Son mozos e mozas que estudan segundo ciclo de secundaria, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional.

O equipo de Correspondentes do CPI Mosteiro de Meis recibiron os diplomas que os acreditan como voluntarios/as de mans da concelleira de cultura, Ofelia Barral Betanzos e de Miguel Daporta, profesor que coordinou o programa Correspondentes Xuvenís no centro educativo.

Parabéns a Mathias Lorenzo, Milena, Mateo, Mónica, Paula e María.