Correspondentes Xuvenís 3.0 (108)

QDM2Alicia Romarís, gañadora do II Concurso de Pintura Mural QDM, que dixo medo? ven de rematar e plasmar a obra presentada ao concurso nunha parede de máis de 4 metros de ancho e 2 de alto. O lugar escollido finalmente foi o pavillón municipal de deportes, espazo que cedeu e adaptou o Concello de Negreira para que a alumna do IES Xulián Magariños, puidese levar a cabo ou mural.

http://quendixomedo.gal/sen-categoria/rematado-o-mural-ganador-en-negreira/

Un grupo de Correspondentes Xuvenís do CIFP Portovello de Ourense visitou o Centro coordinador de información xuvenil en Santiago de Compostela.

Todas elas/eles son estudantes do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística.

Podedes seguilos/as na súa conta de Instagram. https://www.instagram.com/portovelloinforma/?hl=es

O alumnado Correspondente do IES do Camiño, segue informando todos os xoves desde a emisora local de Palas de Rei. PALAS DE REI. taboleiro

 

Ademais contan cun taboleiro de novas, unha conta de Instagram...

O equipo de Correspondentes do IES Xulián Magariños de Negreira son Pablo, Youness, Josué, Yolanda, Anxo, Brais, Elías, Ángel, Raúl, Álvaro Melchor, Iván, Alonso e Cristian Natanael.

Ademais dun taboleiro de anuncios, usan para informar aos seus compañeiros/as, un blogue e unha conta de instagram.  NEGREIRA. IES XULIAN MAGARIÑOS2

http://correspondentesmagarinos.blogspot.com/
https://www.instagram.com/correspondentesnegreira/

Parabéns polo traballo desenvolvido!

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES do Caminño de Palas de Rei están a realizar unha vez a semana o programa de “Correspondentes xuvenís” en Radio Palas FM. 

Desde esa emisora, é o alumnado de 1º Bacharelato, os encargados e encargadas de informar todas as semanas das novas máis salientables.

O alumnado da ESO encárganse do taboleiro de novas e da conta de Instagram.

PALAS DE REI. IES do Camiño3

Blog do instituto: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdocaminho/node/303
Conta de Instagram: https://www.instagram.com/iesdocaminho/

Correspondemeinformar, o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Monelos da Coruña, teñen unha conta de Instagram para difundir a información que lles chega dende o Concello da Coruña e dende a D.X. de Xuventude.

Parabéns polo traballo desenvolvido!

https://www.instagram.com/correspondemeinformar/

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Primeiro de Marzo de Baiona, alumnado do ciclo de Animación Sociocultural e Turística, contan con varias contas en redes sociais para difundir información:

https://www.facebook.com/inxuba.correspondentesxuventude baiona3
https://twitter.com/Inxubaiespm
https://www.instagram.com/inxuba_/?hl=es

As Correspondentes do IES Pedra da Aguia, Daniela, Aida María, Laura, Carmen Laura, Ainhoa e Laura contan cun blog para difundir información:

http://avozdapedradaaguia.blogspot.com/

CAMARIÑAS. PEDRA DA AGUIA

O equipo de Correspondentes Xuvenís do Colexio Jorge Juan Perlío de Fene distribúen a información que están a recibir a través dunha conta de Instagram:

https://www.instagram.com/correspondentes_jjp/?hl=es

Tamén conta cun blog no que están a traballar:  https://correspondentesjjp.blogspot.com/

Parabéns a todas/os!!

Sara Picos Gómez, alumna do IES de Brión, é unha das 28 persoas gañadoras de toda Europa do concurso  Juvenes Translatores que convoca a Comisión Europea e ao que se presentaron este ano 3.252 persoas de 751 centros escolares da UE.
A moza foi seleccionada entre o alumnado de secundaria de 17 anos de toda España grazas ao traballo que presentou baixo a temática do Ano Europeo do Patrimonio Cultural e para o que elixiu unha tradución dun texto do inglés ao español.

Sara Picos viaxará a Bruxelas para recoller o galardón e reunirse con tradutores profesionais da administración comunitaria.

Traballo co que gañou o concurso: https://ec.europa.eu/info/sites/info/files/es_translation_scan_school_114_student_2006.pdf

Parabéns!!