Correspondentes Xuvenís 3.0 (126)

Fina, Ángel P., Samuel, Emanuelle, Iván, Sheila, Ángel M., Jose, Gabriel, Sara e Elías son o equipazo de Correspondentes Xuvenís 3.0 do IES Xulián Magariños (Negreira) que foron coordinados/as pola profesora Elisa Salinas Márquez e o profesor Manuel Magariños Llerena.

Son un magnífico grupo de 11 alumnas e alumnos de 1º e 2º Curso do Ciclo Formativo de formación profesional básica en Servizos Comerciais que todas as semanas recibían información a cal seleccionaban e que se podía ver no taboleiro de Correspondentes Xuvenís do IES e en ocasións pasaban polas aulas informando das convocatorias máis relevantes. Destacar o seu compromiso, colaboración e participación no Programa pero trala situación creada pola epidemia ocasionada polo COVID-19 quedáronlle moitas cousas por facer. Non se desaniman e volverán no curso 2020-2021 con máis enerxía e forza.

Parabéns a todas e todos!!

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol considera que sería interesante de cara ao futuro escoitar as vosas propostas para mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe a distancia. O documento que elaboren terá un enfoque en positivo que permita incorporar suxestións e actividades no futuro próximo.

Sería importante dedicar uns minutos do voso tempo para cubrir o cuestionario 

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol achegannos dúas propostas para todos e todas os Correspondentes de Galicia:

INSTAGRAM STORIES: Crear e difundir historias por Instagram que tenten concienciar a mozas e mozos da necesidade de manter as medidas de seguridade para vencer a pandemia e non retroceder.

VALORACIÓN E PROPOSTAS SOBRE O TRABALLO TELEMÁTICO NO ÁMBITO EDUCATIVO: sería interesante de cara ao futuro escoitar as propostas dos/as Correspondentes para mellorar o proceso de aprendizaxe a distancia. Especialmente tería un enfoque en positivo que permitiría incorporar suxestións e actividades.
Calquera suxestión que teñades podedes enviala a informacion.xuventude@xunta.gal
Recolleremos todas as propostas e poñerémolas na web á vosa disposición e tamén farémoslla chegar aos centros educativos

 

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol envíanos o cartel do encontro interxeneracional que mantiveron o día 9 de marzo coas mulleres do Espazo +60 de Afundación

Parabéns pola iniciativa!

No CPR Nuestra Señora del Carmen de Betanzos o equipo de Correspondentes Xuvenís está formado por Natalia, Elena, Rebeca, Alejandra, Candela, María, Angela del Carmen, Marta, Daniel, Paula, Natalia, Pablo, Sofía, Candela e Marcos, coordinadas/os pola profesoras Mª del Carmen Mariño, Rebeca Boedo e Mª del Carmen Cal e por María desde o Espazo Xove de Betanzos.

Parabéns a todas e todos polo traballo desenvolto!

https://www.instagram.com/atocha_xuventude/

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou a implicación das mozas e mozos que participan no programa Correspondentes Xuvenís no IES Rosalía de Castro de Santiago. Fíxoo durante un encontro que mantivo o día 2 de marzo cos participantes desta iniciativa.

A directora xeral sinalou que o obxectivo deste proxecto é potenciar as habilidades comunicativas e sociais dos participantes. As mozas e mozos que se converten en correspondentes xuvenís encárganse de difundir entre os seus compañeiros nos centros de ensino programas e información de interese xuvenil.

O IES Rosalía de Castro é un dos centros que participan neste programa. En concreto, son 24 os participantes, todos eles cursan o ciclo formativo de grao superior de Animación sociocultural e Turística.rosaliaodia20

Cristina Pichel lembrou que estes correspondentes reciben durante este ano escolar de maneira gratuíta o Carné Xove. Ademais, recoñéceselles mediante un certificado de educación non formal, expedido pola administración autonómica, o tempo dedicado ás actividades como persoas voluntarias.

 

 

Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, reuniuse co equipo de Correspondentes Xuvenís do IES 1º de Marzo de BaionaBAIONA. Taboleiro

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, agradeceu a actividade que levan a cabo os 17 estudantes do ciclo formativo de grao superior de Animación sociocultural e turística do Instituto 1º de Marzo de Baiona que participan no programa de Correspondentes xuvenís, e cos cales reuniuse o 17 de febreiro. Cristina Pichel remarcou que estas mozas e mozos encárganse de informar aos seus compañeiros de aula, amizades e coñecidos sobre convocatorias, recursos e programas xuvenís que poidan ser do seu interese.

Este curso escolar hai 953 estudantes de secundaria, bacharelato e formación profesional de 71 centros de toda Galicia que actúan como correspondentes. A súa colaboración facilita que as medidas e accións de interese cheguen ao alumnado galego.

A directora xeral de Xuventude explicou que esta iniciativa permite potenciar as habilidades comunicativas e sociais das mozas e mozos participantes, favorece a asunción temperá de responsabilidades e transmite valores como a solidariedade, a participación entre iguais e o liderado.

Leyao, Adriana, Valeria, Pablo, Érika, María, Mateo, Ana, Andrea, María, Tania e Mario é o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Porto do Son. portodosonpodcast

Son un grupo de 12 alumnos e alumnas dende 3º da ESO ata 1º de Bachillerato. Todas as semanas reciben información a cal seleccionan, imprimen os carteis, que se poden ver na entrada do instituto no taboleiro de corresponodentes e tamén pasan polas aulas informando das convocatorias máis relevantes.

 Ademáis diso este ano, como novidade, plantexan levar o seu traballo a través das ondas, así que aquí están na radio escolar, en Onda Perseveira.

Nistes podcasts encontraredes información moi variada e interesante:

https://ondaperseveira.wordpress.com/?s=correspondentes

O grupo de Correspondentes Xuvenís do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela envíanos fotografías do traballo que están a desenvolver para celebrar o día da muller na ciencia.eduardopondaltablon2

Parabéns!   

Si queres buscar en Instagram as contas dos equipos de Correspondentes Xuvenís de Galicia, aquí tes algunha delas:
 
A Coruña. IES Zalaeta: @zalaetainforma

A Coruña. CPR Fogar de Sta. Margarida: @antenasfogar

A Coruña. IES Rafael Puga Ramón da Coruña: @aixpuga

Baiona. IES Primeiro de marzo. Ciclo de Animación Sociocultural e Turística.
  Facebook: Xuventude Baiona instagram clipart love
  Instagram: @xuventudebaiona20  
  Twiter: @xuventudebaiona

Betanzos. CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen - Atocha: @atocha_xuventude   

Betanzos. IES Francisco Aguiar: @xuventudeaguiar

Carballo. IES Monte Neme: @correspondentesdomonteneme

Cervo. IES Marqués de Sargadelos: @correspondentes_iessanciprian

Fene. Colexio Jorge Juan de Perlío: @correspondentes_jjp

Ferrol. IES Carballo Calero: @correspondentescarvalho

Ferrol. IES Saturnino Montojo: @cxmontojo

Ferrol. IES Sofía Casanova de Ferrol: @cscferrol

Maceda. IES San Mamede: @correspondentes.mamede

Negreira. IES Xulián Magariños: @correspondentesnegreira

Ourense. CIFP A Farixa:
  Instagram: https://www.instagram.com/voceirosfarixa/
  Facebook:  Facebook Correspondentes Xuvenís A Farixa
  Twitter: @VoceirosFarixa

Ourense. CIFP Portovello: @portovelloinforma

Ponteareas. CPR Inmaculada: @correspondentesinmaculada

Ponteareas. IES Val do Tea: @corresponsales_val_do_tea

Pontevedra: CPI Domingo Fontán: @correspondentesportas

Pontevedra. CPI de Xanceda: @correspondentes_xuveniles

Pontevedra. IES Xunqueira 1: @xuntoscorresponden

Santiago de Compostela. IES de Sar: @iesdesarinforma

Santiago de Compostela. IES Pontepedriña: @correspondentes.ponte

Santiago de Compostela. IES Rosalía de Castro. Ciclo de Animación Sociocultural e Turística: @rosaliaodia20

Santiago de Compostela. Colexio La Salle: @lasallesantiago.xuventude

Santiago. IES Eduardo Pondal: @correspondentes_eduardo_pondal

Trazo. CPI Viaño Pequeno: @correspondentes_xuvenis_trazo

Vilalba. IES Basanta Silva: @correspondentes_basantasilva