O Ministerio de Educación convoca axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

Convócanse as seguintes axudas individualizadas:

a) Axudas directas para os alumnos, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.
Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) que requira estes apoios e atencións educativas específicas.

b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas.
Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas.

c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

d) Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe.
Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Poderán solicitar as axudas o alumnado que non superen unha determinada renda e/o patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.

Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con TEA e os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 30 de abril e o 13 de setembro de 2024 inclusive.
Máis información no BOE do 19 de abril de 2024

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html 

O Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca 300 bolsas para estancias de sete meses consecutivos, de introdución á investigación "JAE Intro"

Requisitos:
- Estar matriculados/as nun grao, título universitario oficial, de 240 "European Credit Transfer and Accumulation System" no curso académico 2023-2024 e que teñan polo menos 180 ECTS ou o 75% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
- Estar matriculados/as nun grao, título universitario oficial, de polo menos 300 ECTS no curso académico 2023-2024 e que teñan polo menos 240 ECTS ou o 80% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
- Estar matriculados/as nun dobre grao, título universitario oficial, de 300 ECTS ou máis, no curso académico 2023-2024, e que teñan polo menos 240 ECTS ou o 80% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
- Estar matriculados/as nun Máster Universitario oficial durante o curso académico 2023-2024 ou 2024-2025.

Finalidade:
A iniciación de estudantes universitarios/as na carreira científica nas diferentes áreas globais do CSIC (Vida, Sociedade e Materia) mediante 300 bolsas para estancias de sete meses consecutivos en grupos de investigación que desenvolvan o seu labor nas diferentes estruturas de investigación coas que conta o CSIC, onde se desenvolve a actividade científica e técnica do CSIC, institutos de investigación, centros nacionais, plataformas temáticas interdisciplinares (PTI) e redes científicas. Propiciando unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución.

Prazo de presentación de solicitudes: 20 de maio de 2024

https://sede.csic.gob.es/programa-jae e no BOE do 19 de abril de 2024

VI Xornada de Igualdade de Xénero e Dereito Mercantil

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle a VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil: "A muller ante os novos desafíos do Dereito Mercantil".

O obxectivo desta actividade é analizar, desde unha perspectiva crítica, a realidade das mulleres ante os novos desafíos do Dereito Mercantil: a dixitalización da arte e a aparición de metaversos, por unha banda, e a participación da muller no fenómeno das sociedades de capital, por outra.

Data de celebración: 22 de abril ás 10:00

Dirixido a:Estudantes , PAS e PDI

Programa:
10.00-10.30 h Igualdade, criptoactivos e mundos virtuais: superando o mito dos «cripto-bros». Vanessa Jiménez Serranía. Avogada e profesora Permanente Laboral de Dereito Mercantil. Universidade de Salamanca
10.30-11.00 h Equilibrio de xénero nas sociedades de capital. Josefina Boquera Matarredona. Catedrática de Dereito Mercantil. Universidade de Valencia
11.00-11.30 h Debate

Lugar
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo

Máis información:
www.uvigo.gal

TE OU CHE!!! GALEGO DE TRANQUIS

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo convoca o plan de Madriñas e padriños GALEGO DE TRANQUIS.

Con el poñemos en contacto persoas que desexan comezar a falar ou escribir en galego con outras que xa o dominan para que o proceso sexa o máis tranqui posible.

Podes apuntarte como Aprendente ou como Madriña ou Padriño.

De tranquis tamén nas redes

Se queres comezar a usar o galego nas túas redes sociais, emprega o cancelo #GalegoDeTranquis nos teus contidos ou na túa biografía para indicar que vas comezar a empregar o galego e agradeces que a túa comunidade de seguidoras e seguidores vaian de tranquis contigo.

Tamén podes empregar o cancelo #GalegoDeTranquis se queres indicar que se alguén quere comezar a falar o galego contigo, o pode facer sen problema, que te adaptarás e lle farás o proceso máis agradable.

Unha campaña da Área de Normalización Lingüística

Esta é a campaña que desde a Área de Normalización Lingüística lanzamos para promover e facilitar dar o paso a iniciar a vivir en galego entre o estudantado e toda a comunidade da Universidade de Vigo.
 
Máis información:

Área de Normalización Lingüística
Edificio Newton
Facultade de Filoloxía e Tradución
As Lagoas, Marcosende
986 813 574
anl@uvigo.gal

Feira Virtual de Emprego da USC

A Feira Virtual de Emprego da USC desenvolverase do mércores 24 ao xoves 25 de abril coa vontade de que as persoas usuarias accedan a empresas con ofertas de traballo, charlas de interese en materia de empregabilidade e chats para aclarar dúbidas.

As persoas interesadas xa poden rexistrarse na plataforma habilitada para acoller a Feira e deixar os seus datos xunto cun currículo en formato PDF.

O evento diríxese tanto a estudantado da USC como a persoas xa tituladas pola institución compostelá.

A Feira abrirá o 24 de abril ás 08.00 horas e pechará un día despois, ás 20.00 horas.

Ao longo das dúas xornadas as persoas rexistradas poderán presentar o seu currículo a ofertas de emprego, asistir ás charlas ofertadas na sección ‘Axenda de Conferencias’ con inscrición previa, chatear coas empresas e co persoal da Área de Orientación Laboral e Emprego da USC, ou acceder a múltiple información das entidades participantes (vídeos, ligazóns ou redes sociais, entre outras).

Unha vez rematado o evento, aínda que non estará dispoñible o chat, seguirá aberto o acceso ás ofertas de traballo, así como a presentación do currículo ata o domingo 28 de abril.

As dúbidas sobre a Feira poden dirixirse ao correo electrónico da Área de Orientación Laboral e Emprego da USC: orientacion.laboral@usc.gal

Máis información:
www.usc.gal/servizos/area/orientacion-laboral/boletin/aberto-prazo-inscricion-feira-virtual-emprego-usc 

 

O Programa Campus Rural é unha iniciativa que permite que os estudantes poidan levar a cabo prácticas en municipios de zonas rurais con problemas de despoboamento.

O obxectivo principal do programa é contribuír ao reequilibrio territorial incentivando a chegada de capital humano aos espazos máis despoblados para dinamizar o seu tecido produtivo, social e institucional. Ademais, Campus Rural ofrece unha experiencia vital, na que se xeran novas formas de arraigamento e vínculo, que favorecen a actividade e a creación de oportunidades de emprego no territorio.

As prácticas académicas realizaranse en entidades cuxas dependencias ou actividades estean situadas nas devanditas zonas de vulnerabilidade territorial, xa se trate de concellos, mancomunidades e outros organismos públicos, así como empresas, asociacións, Cámaras de Comercio e fundacións sen ánimo lucro e contarán cunha prestación económica de 1.000 euros brutos mensuais por estudante, xunto aos gastos de seguridade social, sen ningún custo para as entidades.

MÁIS INFORMACIÓN

O Festival Internacional de Cinema de Bueu convoca a segunda edición da Residencia FICBUEU, o programa de desenvolvemento de proxectos de guión de curtametraxe que terá lugar na Illa de Ons do 16 ao 23 de outubro.

A metodoloxía do programa contempla diferentes tipos de encontros para o traballo nos guións (titorías individuais e colectivas), así como formacións específicas noutros aspectos para ter en conta á hora de fortalecer os proxectos audiovisuais. Ademais, durante toda a semana realizaranse varias reunións de produción grazas ás que a organización poderá coñecer o avance e estado das propostas e escoller á premiada da edición.

Poderanse presentar obras de calquera xénero, cunha duración total máxima de 30 minutos. Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe. As persoas participantes deberán posuír comprensión oral e escrita da lingua castelá. Os proxectos cuxa lingua orixinal non sexa o castelán deberán achegar unha copia do mesmo en castelán, para facilitar a avaliación da obra por parte do equipo de coordinación e titorizado.

A presentación dos proxectos realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo mariarfalco@ficbueu.com

Requisitos
Poderán inscribirse na Residencia FICBUEU todas as persoas maiores dean 18 anos que teñan un proxecto de curtametraxe cunha primeira versión de guion escrita e que teñan un dominio fluído do español.

Dotación
Ao finalizar cada edición da Residencia FICBUEU seleccionarase un dos proxectos de guión para realizar a súa execución cunha produtora galega.

O prazo de recepción dos proxectos estará aberto ata o 15 de maio de 2024.

Máis información
https://www.ficbueu.com
mariarfalco@ficbueu.com

O Instituto da Xuventude, Injuve, convoca as axudas para a Creación Nova, cuxa finalidade é fomentar a actividade creadora e investigadora dos mozos e mozas, facilitar a promoción e a difusión das súas creacións, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver.

As Axudas terán as seguintes liñas de actuación:
a) Investigación.
b) Produción de obra.
b) Movilidad de obra producida e/o creadoras/es.
d) Comisariado da Sala Amadís do Instituto da Mocidade.
e) Emprendemento para a creación emerxente.

Requisitos das persoas beneficiarias:
Persoas maiores de idade, de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que non superen os 30 anos de idade, nos supostos de Investigación, Produción de obra, Movilidad e Comisariado para a Sala Amadís, ou os 35 anos no suposto de Emprendemento para a Creación Emerxente, na data límite de presentación de solicitudes.

A contía individualizada das axudas será de:
3.000 € para os proxectos de investigación
5.000 € para os proxectos de produción de obra e de mobilidade de obra ou creadoras/es
7.000 € para os proxectos de comisariado da Sala Amadís
10.000 € para os proxectos de emprendemento para a creación emerxente e, con independencia do custo total estimado do proxecto para desenvolver.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de maio de 2024
Máis información no BOE do 17 de abril de 2024 e en www.injuve.es 

O Ministerio de Igualdade convoca 6 bolsas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller para o período 2024-2025.

Requisitos:
Persoas que finalizasen os seus estudos no ano 2021 ou posterior e estén en posesión do título de grao esixido para cada unha das bolsas.

Dotación:
A contía da dotación mensual individual de cada bolsa establécese en 1.250 € brutos mensuais e unha única asignación de 600,00 € brutos anuais para gastos asociados á bolsa, á que poderán imputarse gastos derivados da participación en actividades formativas.

Prazo: 9 de maio de 2024.

Máis información no BOE do 17 de abril de 2024 e en https://www.igualdad.gob.es/Paginas/index.aspx

Bolsas de Mobilidade en proxectos de cooperación curso 23/24

Por medio desta bolsa o estudantado de grao ou mestrado oficial da Universidade de Vigo poderá realizar unha estadía vinculada a un axente de cooperación no marco dun proxecto ou acción de cooperación nun pais dos sinalados nesta convocatoria, e que o traballo que desenvolva sexa validado no marco de traballos de fin de carreira, prácticas, ou traballos recoñecidos no marco de materia.
O obxectivo desta acción é a sensibilización do estudantado a través da súa participación nos proxectos de Cooperación internacional para o Desenvolvemento, co fin de que integren elementos teóricos e prácticos adquiridos na súa formación académica e contribúan como universitarios e cidadáns comprometidos cos retos globais contidos na Axenda 2030.

Requisitos.    
a) Estar matriculado no curso 2023/2024 nunha titulación de Grao ou Mestrado oficial da Universidade de Vigo.
b) Ter superado o 50% dos créditos da titulación de Grao.
c) Realizar a estadía nun dos países establecidos no IV e no V Plan Director da Cooperación Española, Países de Asociación Menos Avanzados (Cabo Verde, Guinea Bissau, Etiopía, Malí, Mauritania, Mozambique, Níxer, Senegal e Haití) ou nos Países de Asociación de Renda Media (Bolivia, Colombia, Cuba, Ecuador, O Salvador, Filipinas, Guatemala, Honduras, Marrocos, Nicaragua, Palestina, Paraguai, Perú e República Dominicana).
d) Comprometerse a realizar prácticas, un traballo académico con recoñecemento curricular ou defender o Traballo Fin de Estudos, no curso 2023/2024 ou 2024/25 en temáticas relacionadas con:
• Axenda 2030 e os obxectivos de desenvolvemento sostible.
• Cooperación ao desenvolvemento: cooperación financeira; cooperación técnica; axuda alimentaria e axuda humanitaria; principios e fundamentos xurídicos; política e xestión; cooperación e muller; dereitos humanos; ONGD e outros actores da cooperación ONGD; cooperación empresarial; cooperación universitaria.
e) Contar coa aceptación dun axente de cooperación responsable do proxecto de cooperación no exterior (ONGD, Asociación, Fundación, Universidade)
f) Contar co visto e prace dun/dunha profesor/a da UVigo, no que se reflicta o interese formativo da estadía, en que constarán as indicacións do recoñecemento curricular que poidan supoñer para o/a estudante (prácticas, materias, ou traballo fin de estudos).
g) Para aqueles países cuxo idioma oficial non sexa nin español nin portugués cómpre acreditar, segundo o Marco Común Europeo de Referencia, o nivel B1 de inglés/ francés.
h) Non poderán ter a condición de beneficiarios/as persoas que residan habitualmente no país no que se solicita a estadía.
i) Deberán presentar declaración responsable segundo modelo (Anexo V)
    
A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index / Bolsa de mobilidade proxectos cooperación

No formulario en liña achegarase a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da formación e/ou experiencia en voluntariado e cooperación ao desenvolvemento.
b) Documentación acreditativa do idioma, B1 de inglés/francés
c) Plan de traballo individualizado que conterá unha descrición do traballo a realizar no marco do TFG/TFM, a súa motivación, obxectivos, actividades e resultados esperados. (Anexo II)
d) Informe dun/dunha profesor/a da UVigo, na que se reflicta o interese formativo da estadía, no que constarán as indicacións do recoñecemento curricular que poidan supoñer para o/a estudante (prácticas de materias, proxecto fin de carreira ou traballo de materias). (Anexo III)
e) Carta de acollida e presentación do proxecto asinada pola organización ou persoa coordinadora do proxecto de acollida. (Anexo IV)
f) Declaración responsable. (Anexo V)

Observacións    
As persoas beneficiarias das bolsas están obrigadas a:
Antes da estadía:
-Asistir á formación organizada pola UVIGO e a entidade de cooperación.
-A xestionar a súa viaxe, aloxamento, vacinacións e de ser o caso tramitar o visado e realizar calquera outra xestión necesaria para asegurar a permanencia no destino durante a duración do estadía.
-Comunicar calquera proposta de cambio de datas, que deberá ser autorizada previamente.
Durante a estadía:
-Enviar por correo electrónico a bolssformacion@uvigo.gal  a súa chegada ao pais de destino xustificante de inicio de estadía asinado polo/a titor/a da entidade de acollida
-Cumprir co plan de traballo presentado na solicitude. Calquera modificación (de datas, centro de destino...) deberá ser autorizada pola vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, á vista dos informes dos/as titores/as.
-Cumprir a normativa vixente relativa ás prácticas externas establecidas pola universidade de Vigo, responsabilizándose da tramitación dos documentos que corresponda.
Ao finalizar a estadía:
-Presentar un informe do/a titor/a da entidade de acollida que recolla a data de fin da estadía e o grao de desempeño.
-Presentar unha memoria xustificativa do traballo realizado, resultados acadados e coñecementos adquiridos, que deberá contar co visto e prace do/a profesor/a.
-Cubrir unha enquisa de satisfacción ao regreso da estadía.
-Deberá presentar na Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade documentación visual da súa estadía (fotografías ou vídeos en formato .JPG) e da súa participación no En todo o material que se xere das actividades que se desenvolvan no marco desta convocatoria deberá constar que se levaron a cabo con financiamento da Universidade de Vigo.
-Participar, no caso de que se lle requira, nunha actividade de sensibilización que determinará a Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade, en que relatará a súa experiencia no terreo
-Defender o traballo fin de estudos, matricularse/recoñecer as prácticas, ou a materia relacionada coa actividade, segundo sexa o caso, no curso 2023/2024 ou 2024/2025.

Data solicitudes: 08/04/2024 ata 22/04/2024

Máis información:
Teléfono: 986 81 40 94
Web:https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Taboleiro:https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=37302923