Novas das OMIX e Espazos Xoves (126)

Actividades e formación no Centro Xove do concello de Santiago de Compostela

https://centroxove.com/2018/10/01/programacion-outubro-decembro-2018-centro-xove/

Máis actividades para a Mocidade de Santiago de Compostela:

https://es-es.facebook.com/mocidade.compostela/

O Espazo Xove de Carballo abre o prazo de inscrición para:

CAPOEIRA
Asociación Capoeira Bergantiños
-grupo de 3 a 5 anos
-grupo de + de 12 anos
Inscricións: 639 722 150

TEATRO
Galeatro compañía de teatro
Obradoiro de teatro e expresión corporal
Xogos de desinhibición, traballo corporal, improvisacións..
Inscricións: 678 809 861

XADREZ
Clube de Xadrez o Toque de Xiria
Grupo a partir de 5 anos
Todas as idades
Iniciación e perfeccionamento
Inscricións: 617 234 393

Contacto:
Espazo xove de Carballo
Rúa Valle Inclán, 24-15100 Carballo
Tl. 881 880 420/21
correo: espazoxovecarballo.xuventude@xunta.es

CURSO DE CONDUCIÓN EFICIENTE NO ESPAZO XOVE DE VIVEIRO

 

O Espazo Xove de Viveiro organiza un Curso de Condución Eficiente, que ten entre os seus obxetivos o aforro de combustible, redución da contaminación e disminución dos accidentes, está dirixido a mozos/as de 18 a 35 anos con carnet de conducir.

O programa do curso constará das seguintes partes:

- Introducción o curso

- 1º ronda condución en circuito urbano e interurbano de 16 km

- Formación na aula

- 2º ronda condución en circuito urbano e interurbano de 16 km aplicando as técnicas explicadas na formación teórica

- Anotación de resultados e comparativa de consumos

- Entrega de diplomas

- Enquisa anónima e final de sesión

Ademáis os contidos a tratar no curso serán o consumo de enerxía e emisión ó medio ambiente, mantemento do vehículo, a actitude do conductor ( Mentalidade e anticipación), resposta ante diferentes situación de tráfico e claves da condución eficiente.

O día 21 de Setembro, de 15:00 a 21:00 horas, desenvolverase o curso de xeito gratuito, e terá unha duración de 6 horas presenciais. As prazas serán un máximo de 18 persoas.

Información e inscrición no espazo xove Avenida Cervantes s/n. Teléfono 982 87 09 54


Curso de formación en Planificación, iniciativa emprendedora e novas ferramentas innovadoras para pequenos negocios e microempresas.

 

Apertura do prazo de presinscrición no curso de formación en Planificación, iniciativa emprendedora e novas ferramentas innovadoras para pequenos negocios e microempresas, dentro do Proxecto depoEmprende organizado pola Diputación de Pontevedra.

 

Dirixido a persoas da comarca do Baixo Miño.

 

Data inicio: segunda quincena do mes de setembro.

 

Duración: 144 horas de formación (mes e medio)

 

Requisitos para participar: Estar en situació de desemprego e posuír o título de bacharelato, ciclo formativo de grao superior ou equivalentes.

 

Preinscrición e información:

Oficina de Información Xuvenil ou AEDL do Concello de A Guarda.

Teléfono: 986614546

e-mail: emprego@aguarda.es

O Espazo Xove de Carballo acolleu a entrega de diplomas aos participantes no obradoiro muralista impartido por Mon Lendoiro. Ao mesmo tempo, inaugurouse o mural resultante. Alí estaba o propio artista, así como Xan Carlos Ansia, director do Espazo Xove de Carballo.

LIDERAte en Noia

Mai 21, 2018

O 18 de maio desenvolveuse no Espazo Xove de Noia a formación LIDERAte á que asistiron 50 xóvenes, dos tres ciclos formativos dos IES Campo de San Alberto e IES Virxe do Mar.lideranoia2

LIDERAte: desenvolvemento persoal para o emprego e o emprendemento

En Carballo desenvolveuse a formación  “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” , que intenta facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).

 

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña publica a Guí Ti Elixes 2018.

A Guía Ti Elixes! consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables nestes dous ámbitos, e unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas.

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña pon a disposición da xuventude unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as diferentes convocatorias de interese para a comunidade educativa, como poden ser bolsas, prácticas profesionais, etc.

Centro Municipal de Información Xuvenil
Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)
Teléfono: 981 184 294

Guía Ti Elixes:  http://www.coruna.gal/descarga/1453618845983/GUIA-Ti-Elixes-2018-final-3-1.pdf

Máis información na OMIX do Grove
Teléfono: 886 214 933
Mail: omix@concellodogrove.es

O sábado día 24 de febreiro desenvolveuse no Espazo Xove de Carballo unha lectura de poemas de Rosalía de Castro co gaio do aniversario do seu nacemento, dentro do programa Ti es Rosalía!