Novas das OMIX e Espazos Xoves (126)

Obradoiro intensivo de Ioga Tibetano o sábado 28 de setembro de 10.00 a 14.30 horas. Esta actividade é gratuíta.

Información e Inscricións:

Casa da Xuventude de Ourense

988788241/43/45
espazoxoveourense.xuventude@xunta.gal

Curso de Inglés Práctico, gratuíto para os participantes, do 25 de setembro ao 30 de outubro, no ESPAZO XOVE de Ourense.

Nivel A2/B1: mércores de 19.30 a 20.30

Nivel B1/B2: mércores de 20.30 a 21.30

Prazas limitadas.

Información e Matrícula:
988788241/43/45
espazoxoveourense.xuventude@xunta.gal

CULTURA URBANA: creación de espazos xuvenís en Bóveda (Lugo), para xente nova de 12 a 30 anos.

1 de setembro:
Obradoiro de rap en galego
Skate park móbil
Exhibición de roller
3 de setembro:
Macro mural colaborativo
15 de setembro:
Obradoiro de rap en galego
Parkour park móbil
Obradoiro de Slackline

INFÓRMATE na OMIX de Bóveda:
Teléfono 982426006
cultura@concellodeboveda.com

Actividade Física Saudable (ZUMBA, FITNESS) no Espazo Xove de Ourense todos os martes a partires do 24 de setembro de 2019, en horario de 20.00 a 21.30 h.

Información e Inscricións: 988788241 / 43 / 45

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Mondariz ven de programar as seguintes actividades:


TALLER DE DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES: sábado 7 de setembro de 10.00 a 13.00 horas.


ORIENTA-TEA proba de orientación nocturna: sábado 14 de setembro ás 20.30 horas.

 

Información e Inscricións:
Concello de Mondariz. Tel. 986664306
comunicacion@concellodemondariz.com

A Omix do Concello de Baiona, organiza un curso de Deseño e Impresión en 3D destinado a mozas e mozos de 16 a 30 anos.

Esta acción formativa enmárcase dentro do proxecto de iniciativas locais destinadas á xuventude, subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e consta, ademáis da formación en 3D, dun módulo de emprendemento Xuvenil, un módulo de búsqueda de emprego a través do teléfono móbil e de prácticas non laborais en empresas do sector.

Unha impresora 3D é unha máquina capaz de realizar réplicas de deseños en 3 dimensións, creando pezas ou maquetas volumétricas a partir dun deseño feito por ordenador. O seu uso xa está estendido en sectores como a arquitectura, a industria, ou a automoción, e na actualidade, se está implementando en sectores como a alimentación ou en prótesis médicas, polo que ésta formación é moi demandada polo tecido empresarial.

O curso terá lugar do 6 de setembro ao 11 de outubro, no centro multiusos Ángel Bedriñana de Baiona, en horario de 9 a 14 horas.

Máis información na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Baiona, ou no teléfono 986385925 ou en xuventude@baiona.org

PROXECTArte é unha iniciativa da OMIX de Ribadavia en colaboración coa Casa da Xuventude, articulada entorno a Obradoiros e Intervencións Artísticas en lingua galega, que teñen como fin incentivar a creatividade da mocidade como ferramenta de emprendemento e desenvolvemento cultural, achegándoos, ao mesmo tempo, ao patrimonio histórico local.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

|2 de setembro|

Mesa redonda “Emprendedoras: a creatividade como primeira opción”

|Do 3 ao 6 de setembro|

Obradoiro de decorado escenográfico con Iria Fafián

Entrada libre ata completar aforo previa inscrición no mail omix.ribadavia@gmail.com

A partir de 14 anos | 10 plazas | Estudioarte (Oliveira, 2 Entlo. – 32400 – Ribadavia (Ourense))

10:00 a 14:00 horas

|Do 3 ao 6 de setembro|

Obradoiro de intervención artística como mellora dos espazos públicos (muralismo) con Doa Oa. A partir de 14 anos | 10 plazas

Entrada libre ata completar aforo previa inscrición no mail omix.ribadavia@gmail.com

Rúa Porta Nova de Arriba, 28, 32400 Ribadavia

De 18:00 a 20:00

|Do 2 ao 30 de setembro|

Exposición fotográfica na Casa da Xuventude de Ribadavia ( Porta Nova de Abaixo nº9, Ribadavia)

Horario de 10:00 a 13:30 horas

“RIBADAVIA a través dos meus ollos”

Máis información: PROXECTArte 2019

Video que recolle as lecturas feitas por rapaces e rapazas do Espazo Xove de Viveiro dun texto de Antonio Fraguas, autor homenaxeado o 17 de maio en Galicia, con motivo do día das Letras Galegas.

https://youtu.be/TcrpJ_Y2HTE

Artículo publicado na Voz de Galicia sobre a historia da Casa da Xuventude de Ourense.

Nel, Xosé Lois Vázquez fala da historia e das actividades desenvolvidas na Casa da Xuventude durante todos estos anos, e de quen foi a súa alma, Benito Losada...

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2019/05/05/casa-da-xuventude-foi-motor-da-cultura-durante-mais-30-anos/0003_201905O5C3991.htm

Ti elixes!!

Abr 25, 2019

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña publica a edición 2019 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos non regulados, así como das saídas profesionais ao seu remate.

A Guía Ti Elixes! 2019 consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables nestes dous ámbitos, e unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas.

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña pon a disposición da xuventude unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as diferentes convocatorias de interese para a comunidade educativa, como poden ser bolsas, prácticas profesionais, etc.


Guía Ti elixes 2019


Máis información:
Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Río de Monelos s/n
Teléfono: 981 184 294
cmix@coruna.es