Espazo Xove de Ourense
R/ Celso Emilio Ferreiro, 27
32004 Ourense. Ourense
Teléfono: 988 788 241
espazoxoveourense.xuventude@xunta.gal
Espazo Xove de Tui
R/ Sanz, 28
36700 Tui. Pontevedra
Teléfono: 886 110 797
espazoxovetui.xuventude@xunta.gal
Espazo Xove de Ourense
R/ Celso Emilio Ferreiro, 27
32004 Ourense. Ourense
Teléfono: 988 788 241
espazoxoveourense.xuventude@xunta.gal
O Espazo Xove de Pontedeume organiza Clases de Surf gratuítas para a mocidade de 14 a 30 anos.
Máis información:
Espazo Xove de Pontedeume
R/ Alameda de Raxoi s/n
15600 Pontedeume. A Coruña
Teléfono: 881 930 476
espazoxovepontedeume.xuventude@xunta.gal
O Espazo Xove de Pontedeume oferta un Taller de Bixutería gratuíto e con prazas limitadas.
Máis información:
Espazo Xove de Pontedeume
R/ Alameda de Raxoi s/n
15600 Pontedeume. A Coruña
Teléfono: 881 930 476
espazoxovepontedeume.xuventude@xunta.gal
ESPAZO XOVE DE TUI
R/ Sanz, 28
Telf: 886110797
espazoxovetui.xuventude@xunta.es
A Oficina Municipal de Información á Xuventude do Concello de Boiro (a OMIX de Boiro) organiza actividades formativas orientadas á capacitación tecnolóxica da xente nova, unha cuestión básica para o seu futuro laboral. Con este obxectivo, a OMIX promoveu uns obradoiros de autoformación en novas tecnoloxías para a mocidade, que se van impartir na aula CeMIT de Boiro. Estes cursos vanse realizar de xeito telemático e o prazo de inscrición está aberto durante todo o ano.
Os obradoiros de autoformación van dende o manexo dos libros electrónicos, as cámaras dixitais ou as tabletas, ao aproveitamento das redes sociais, á creación do blogs, á realización de trámites por Internet, ás compras virtuais, á seguridade informática ou ao comercio electrónico.
Máis información na Omix de Boiro, teléfono: 981 842 635
http://omixboiro.blogspot.com/2020/06/obradoiros-formacion-onlines-para.html
A Concellería de Xuventude de Lugo, vén de lanzar unha campaña online para avanzar en igualdade e poñer o foco, nesta cuestión, nas novas xeracións.
A iniciativa ten o obxectivo de encher as redes de mensaxes que rompan os estereotipos e os roles de xénero. Fai fincapé nos espazos dixitais por estes estes espazos “onde máis se move hoxe en día a xente nova”, sinala a edil de Xuventude Ana González Abelleira.
A campaña de igualdade foi lanzada en TikTok, a “rede social máis de moda entre os adolescentes”, un dos seus grandes puntos de encontro.
Os obxectivos desta campaña son: contribuír a estender o coñecemento sobre igualdade entre a mocidade, poñer en valor a igualdade entre os grupos de idade máis novos e evidenciar a desigualdade real aínda existente na nosa sociedade e nas nosas contornas.
Nesta proposta, con contidos animados e frescos, empregaranse persoas con perfís activos en Tik Tok para que sexan protagonistas dos vídeos e poidan promover as mensaxes no perfil creado para este fin @XuventudeLugo.
Realizaranse un máximo de 10 vídeos con 5 tiktokers e 5 liñas temáticas que buscan ilustrar os roles de xénero, a desigualdade e a violencia contra as mulleres. Estas son as cinco: oficios, coidados, entretemento, estereotipos e celos. Dentro de cada área temática realizaranse dous vídeos abordando dúas realidades diferenciadas, pero serán protagonizadas por dous tiktokers diferentes.
Os mozos e mozas que se animen a participan terán liberdade creativa para seguir todos e cada un dos challenges.
A Oficina Municipal Xuvenil (OMIX Ribadavia) e a Casa da Xuventude sita na Porta Nova de Abaixo nº9 de Ribadavia, abriron a súa portas ao público, tomando todas as medidas de seguridade e sanitarias oportunas e sempre con atención ao público individualizada e con cita previa obrigatoria, a través do mail: omix.ribadavia@gmail.com
Durante este tempo de confinamento estiveron a trabalalr nos seguintes proxectos Europeos:
- Novo proxecto Europeo Solicitado (convocatoria de " Culture Of Solidarity Fund")
- Serán socios nun proxecto solicitado pola organización SCI Madrid (Servizo Civil Internacional de Madrid)
- Proxecto KA1 “Training Course ONION – Intercultural layers in Youth work"
- Curso de Formación Internacional "SDGeneration - Educación para un desenvolvemento sostible"
- Curso de Formación Internacional “United in Music”
- Proxecto: Ferramentas e técnicas para documentación, narración e promoción dixital do Patrimonio Cultural ao longo dos roteiros de peregrinación europeas.
Para información sobre os proxectos: omix.ribadavia@gmail.com
https://www.instagram.com/omixribadavia
https://www.facebook.com/OmixRibadavia/
https://www.youtube.com/user/RibadaviaOmix
Por quinto ano consecutivo o Concello de Tomiño organiza a Semana da Educación para que docentes, persoas educadoras en xeral e pais e nais en particular, acudan a informarse e formarse en diferentes temáticas relacionadas coa educación, de forma totalmente gratuíta. Ademais, contarán con servizo de gardería de balde para todas as persoas que o indiquen na inscrición.
Este ano contan coa participación de Juan Llorca, Lola López Mondéjar, Pepa Horno e Víctor Arufe.
Consulta toda a información sobre as/os relatoras/os e as conferencias a través da seguinte ligazón, onde tamén poderás inscribirte a través do formulario que aparecerá facendo clic en "INSCRÍBETE!": https://tomino.gal/semana-da-educacion-2020
O prazo de inscrición estará aberto até o 31 de xaneiro, pero é recomendable realizala canto antes debido a que as prazas son limitadas.