Dende as Casas da Mocidade de Oleiros - Portaberta e As Pedras - presentan o cartaz de actividades programadas para o mes de DECEMBRO.
Todas as actividades son gratuitas e están dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
As actividades son:
09/12/2022 - OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO NEEDLE FELTING - AS PEDRAS - 17:30h a 19:30h.
16/12/2022 - OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO EMPAQUETADO CREATIVO - AS PEDRAS - 17:30h a 19:30h.
17/12/2022 - III TORNEO DE LEAGUE OF LEGENDS - VÍA ONLINE - 17:00h a 21:00h.
23/12/2022 - SAÍDA ÁS TERMAS E CIDADE DE OURENSE - 12:00h a 23:00h.
26, 27 e 28/12/2022 - CURSO DE MONITOR/A DE TRANSPORTE ESCOLAR - PORTABERTA - 16:00h a 21:00h.
27/12/2022 - OBRADOIRO DE COCIÑA DE NADAL - PORTABERTA - 17:30h a 19:30h.
30/12/2022 - CEA DE PRENOITEVELLA CON SORTEO - AS PEDRAS - 21:00h a 00:00h.
A INSCRICIÓN DE CADA ACTIVIDADE FINALIZA O DOMINGO ANTERIOR Á REALIZACIÓN DA MESMA.
Se che xorde algunha dúbida os Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00; e o horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a xoves de 17:00 a 20:00; venres de 17:00 a 22:00 e sábado dende as 17:00 ate as 22:00 Portaberta e ata as 23:00 As Pedras.
Tamén podes estar ao tanto de todo o que facemos a través da conta de Instagram: @centrosmocidadeoleiros, na páxina de Facebook: Casas da Mocidade Oleiros ou na nosa web: centrosmocidadeoleiros.wordpress.com, na cal poderás estar ao tanto das actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...
Desde a Casa da Xuventude Arrigada (Cambre) e a Casa da Xuventude das Palmeiras (O temple) conmemoran o 25 de novembro: Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres a través das seguintes actividades:
Obradoiro de Velas artesás: Casa Arrigada - 18:00 a 20:00 - Estrada Estación, 52, 15660 Cambre, A Coruña
Creación de chapas conmemorativas: Casa das Palmeiras - 18:00 a 20:00 - Rúa Temple, 50, 15679 O Temple, A Coruña
Os obradoiros irán acompañados de dinámicas interactivas para reflexionar sobre canto sabes sobre a violencia de xénero (xogos de cartas, identificación de violencia en conversas de whatsapp, transformación de letra de cancións).
As actividades son gratuítas e dirixidas a mocidade de 12 a 30 anos.
Inscrición: https://forms.gle/3LZwGYio672dD7i38
Máis Información:http://omix.cambre.es/actividad.html?idActividad=490
O departamento de Xuventude de Ames presenta a marca XA! Xuventude Ames. Trátase dunha renovación onde adquire protagonismo a xuventude, as cores, a frescura, os novos modos de comunicarnos, unha imaxe renovada, moderna, actual e fresca.
Preténdese chegar á xuventude, e que a xuventude se achegue ao Concello, para promover un sentimento de orgullo e pertenza a Ames. A nova imaxe representa á xuventude amesá, que é creativa, actual, activa e que non se pon límites. Queremos achegar á xuventude unha imaxe positiva e próxima que englobe todas os proxectos nos que estamos a traballar. Darlle visibilidade a todos os recursos que podedes atopar, converténdose nunha ferramenta para a xuventude que quere formarse, atopar recursos, desfrutar do tempo libre e medrar como persoa.
Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo servizo de Mocidade da concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, que recibe financiación do Ministerio de Sanidade e Benestar Social. Ofrece unha serie de actividades gratuitas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificar as vosas fins de semana.
Estas actividades realízanse nos meses de novembro e decembro 2022, con diferentes prazos de inscrición para cada actividade. O prazo de inscrición nas actividades está aberto ata o 10 de novembro de 2022 ás 12.00 h., ou ata esgotar as prazas.
PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...
1. Bótalles un ollo a todas as actividades aquí.
Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.
2. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. As inscricións son semanais, ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ao esgotar as prazas. Se as actividades son de continuidade só hai que inscribirse unha vez.
3. Para acceder as actividades será obligatorio cumprir a normativa sanitaria vixente, o uso de mascarilla e aceptar as condicións de participación no programa que se porán en coñecemento de cada participante.
4. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.
Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.
Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( Autorización para menores actividades Nocturnia ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.
5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com
nocturniacoruna@gmail.com | www.coruna.gal/nocturnia | www.coruna.gal/mocidade
A Xunta de Galicia reforza a programación de actividades nos 12 Espazos Xoves dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude durante os meses de novembro e decembro co obxectivo de ofrecer alternativas de ocio para a mocidade e un recurso de conciliación da vida familiar e laboral para as familias.
QUE?
Esta programación inclúe doce tipos de actividades presenciais vinculadas a diferentes ámbitos.
Catro deles desenvolveranse aos sábados: escape room, break dance, obradoiro de cine, xogos de mesa.
Os oito restantes realizaranse de martes a venres, segundo o calendario que se especifica para cada Espazo Xove: rap, danza moderna, xadrez creativo, xadrez, maquillaxe artística, robótica, teatro, ciencia.
COMO INSCRIBIRSE?
Cada persoa poderá inscribirse en cantos obradoiros queira, tendo en conta que algúns teñen varias sesións encadeadas ao longo do período do programa. A pesar de que é recomendable asistir a todas as sesións dunha mesma temática e centro, non é obrigatorio e pódese participar en sesións puntuais. A inscrición será no propio Espazo Xove a través das súas canles de comunicación habituais (presencial, telefónica ou electrónica)
O Concello de Pontevedra abre a XXIII Convocatoria de presentación de proxectos para Noites Abertas.
Ábrese o prazo ata o 20 de outubro de 2022. Como nestas últimas edicións, actívase un formulario on line a través do cal podedes facer a vosa proposta en https://noitesabertas.gal
Antes de cubrir o formulario coa vosa proposta, consulta a información da convocatoria descargando o pdf que hai no formulario. Nese documento atoparedes información de datas e criterios que deben reunir as propostas.
https://apuntate.pontevedra.gal/propostas_noitesabertas2023/
Desde a OMIX do Concello de Meis publica as súas actividades, totalmente gratuítas, para festexar o Día Internacional da Xuventude.
Estas actividades están destinadas á mocidade e realízanse o día 12 de Agosto no seguinte horario:
INSCRICIÓNS
Teléfono: 986 712 277 / 615 299 794
Email: omix@meis.gal
Páxina web: https://www.meis.gal/
Dende as Casas da Mocidade de Oleiros, Portaberta e As Pedras, publican as súas actividades para o mes de xullo.
Todas as súas actividades son gratuitas e están dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.
Ademais continuaran coas súas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto de SEDRA - FPFE, que se realizan a través da súa conta de Instagram.
Actividades:
01/07/2022 - KAIAK - SANTA CRISTINA - 1ª quenda: 09:00h a 10:15h. 2ª quenda: 10:30h. a 11:45h.
01/07/2022 - PADDLESURF - SANTA CRISTINA - 1ª quenda: 12:00h a 13:15h. 2ª quenda: 13:30h. a 14:45h.
01/07/2022 - INAUGURACIÓN TEMPADA DE VERÁN - AS PEDRAS - 20:30h.
09/07/2022 - MOCIRADIO - 10:00h a 13:00h.
14/07/2022 - XORNADA DE SALVAMENTO ACUÁTICO - SANTA CRISTINA - 11:00h a 14:00h.
21/07/2022 - XORNADA DE SALVAMENTO ACUÁTICO - BASTIAGUEIRO - 11:00h a 14:00h.
26/07/2022 - VELADA E PERNOCTA - AS PEDRAS - 22:00h a 12:00h.
Os Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00
O horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a venres de 17:00 a 22:00 e sábado dende as 18:00 ate as 22:00 Portaberta e ata as 23:00 As Pedras.
Instagram: @centrosmocidadeoleiros
Facebook: Casas da Mocidade Oleiros
https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/ na cal poderás estar ao tanto das súas actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...
Crea pezas orixinais co taller de Stencil. Esta é unha das propostas para a feira da primavera que se celebrará o próximo 6 de Maio pola tarde no espazo xove.
Máis información e inscricións no Espazo Xove de Tui, no teléfono 886 110 797 ou no email espazoxovetui.xuventude@xunta.gal
En Betanzos dispós dunha sale para estudar e facer traballos.
Espazo Xove de Betanzos
R/ Valdoncel, 7
15300 Betanzos. A Coruña
Teléfono: 881 880 279
espazoxovebetanzos.xuventude@xunta.gal