Listados de ETL Pontevedra

Listados de ETL Pontevedra (19)

A E.T.L BALEA nace dunha iniciativa de monitores que deciden iniciar unha andaina formando novas xeracións de profesionais do tempo libre asegurándose un xeito de entender o lecer e o seu entorno laboral acorde cos tempos actuais e coas novas necesidades que a sociedade esixe e sempre dende un punto de vista realista e práctico. Facendo repaso dos estatutos é importante salientar que:

​"Artigo 2º.- Son fins e obxectivos da ETL Balea:

1. Proporcionar formación e habilitar persoas como monitores/as, directores/as de tempo libre, directores/as de campos de traballo e dirixentes de proxectos de educación e animación sociocultural en xeral.

2. Organizar cursos de formación, encontros, seminarios, obradoiros... regulados ou non, para a formación, mellora e profesionalización dos educadores anteriormente citados.

3. Organizar encontros, conferencias, congresos e en xeral calquera tipo de actividade que axude a consecución dos fins da ETL Balea.

9. Accionar proxectos de intercambio e cooperación.

16. Intervir socioeducativamente na comunidade, para fomentar a súa dinamización social, cultural, educativa e no tempo libre.

18. Fomentar o uso da lingua galega como idioma vehicular.

21. Elevar os niveis de profesionalidade e calidade no eido do tempo libre.

24. Crear espazos de encontro, intercambio, debate, etc. entre educadores/as, formadores/as, etc."    BALEA

Enderezo:  Camping Os Fieitas, Balea s/n 36988, O Grove (Pontevedra)
Entidade Titular:  Asociación Socio-Cultural Balea
Teléfonos:  600 802 222 e 653 908 020
Enderezo electrónico:  etlbalea@gmail.com
Horario de atención ó público:  Deixar menxase no mail, facebook, web ou no contestador e xa se poñen en contacto.
Ámbito xeográfico de actuación:  Comunidade Autónoma Galega.

Catálogo de formación
•Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre
•Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre
•Curso de Director/a de Campos de Traballo
•Monográficos segundo as necesidades do sector
•Cursos de Actividades Náuticas

Outras actividades:  Cursos monográficos e Obradoiros

Máis información na web https://etlbalea.wixsite.com/escola

Redes sociais
Facebook: @etlbalea
Instagram: @escoladetempolibre

FORMAGAL_ETLA Escola de Tempo Libre FORMAGAL FORMACIÓN Y SERVICOS S.L. é un centro  de formación, especializado nas actividades de ocio e  tempo libre que utiliza metodoloxías educativas vangardistas con enfoques diferentes.  Aplicamos os principios comúns de profesionalidade, integridade e entusiasmo polo traballo ben feito en todas aquelas  actividades que realizamos. O noso principal obxectivo é o de formar a persoas para que desenvolvan  a súa competencia profesional con total garantía

Entidade Titular: FORMAGAL FORMACIÓN Y SERVICIOS S.L.

Enderezo: Rúa Italia nº 35 andar 1º CP. 36162  (Pontevedra)

Teléfono de contacto: 986 107007

Enderezo electrónico:  info@formagal.com

Páxina web: www.formagal.com

Redes Sociais: facebook

Horario de atención ó público: De luns a venres de 9:00h a 15:00h

Ámbito xeográfico de actuación: Comunidade Autónoma galega, con prioridade na zona das Rias Baixas

Catálogo de formación:
- Cursos de Monitor/a de tempo libre
- Cursos de Director/a de tempo libre
- Cursos de director de campos de traballo
- Cursos monográficos en función das necesidades do sector: monitor/a de comedor escolar, monitor/a de transporte escolar, animador xerontolóxico, manipulador de alimentos..etc

LOGOTIPO_ETL.ULTREIA_con_registro

A Escola de Tempo Libre ULTREIA ten como principio fundamental a formación integral de todas aquelas persoas que na súa escola se formen para ser futuras  educadoras no ámbito do tempo libre.

Ultreia ademais  dos obxectivos xerais de todas as escolas de Tempo Libre, desenvolverá os seus programas específicos, en dúas vertentes: a formación en valores humanos e a formación na fe.

Entidade Titular:  Asociación Cultural e Prestadora de Servizos á Xuventude “Ultreia”

Enderezo:  Avenida José Graña nº 4 . Aldán

                   36945. Cangas do Morrazo (Pontevedra)

 Teléfono: 626 574 161

Enderezo electrónico: etlultreia@gmail.com

Horario de atención ao público: De luns a venres de 10h a 14h. e de 16 a 20h

Catálogo de formación:

  • Monitor/a de tempo libre
  • Director/a de tempo libre
  • Cursos monográficos en materias relacionadas co tempo libre

A Escola de Tempo Libre KOREMI  ten como fin principal a formación de profesionais do tempo libre. As áreas específicas nas que quere formar ás persoas interesadas son: o lecer e tempo libre con persoas con discapacidade, as novas tecnoloxías aplicadas ao tempo libre e na área da educación ambiental.

 

Entidade Titular: Koremi Xestión Deportiva S.L.

Enderezo:  Rúa Cronista Rodríguez Elías, 2. Oficina nº 3. Vigo   KOREMI

Telefono de contacto: 665 990 515

Enderezo electrónico: etl@koremi.es

Páxina web

Redes Sociais  

Horario de atención ao público: De luns a venres de 9:00 a 21:00 horas

Catálogo de formación:

  • Monitor/a de ocio e tempo libre
  • Director/a de ocio e tempo libre
  • Monitor/a de extraescolares
  • Monitor/a de comedor
  • Monitor/a de transporte escolar
  • Monitor/a de primeiros auxilios para a infancia(considerado de interese sanitario pola Xunta de Galicia)
  • Monográficos: reciclaxe e  encadernación; cosmética natural e  perfumes; tinxes naturais e depuradora; enerxía renovable e  ecoloxía doméstica; pegadas, rastros, sinais e sons de fauna

 

Logos_Escuela_Ocio1A Escola de Tempo Libre ACADEMIA ELISA, pretende ofrecer unha formación de calidade no eido do ocio e tempo libre, mediante a formación de profesionais cualificados neste eido. Queremos que as persoas profesionais que se formen neste centro poidan desenvolver e dirixir actividades socio-culturais e recreativas, tanto no tempo libre urbano como na natureza.

Entidade Titular: Centro de Formación Academia Elisa. 

Enderezo: Avenida Matosinhos, nº 14. Baixo. 36600- Vilagarcía de Arousa

Teléfono de contacto: 986 50 70 19 / 629 20 50 55

Enderezo electrónico:  academiaelisa@gmail.com

Páxina Web  

Redes Sociais   

Horario de atención ó público: De luns a xoves de 9 a 14 e de 16 a 20 horas e venres de 9 a 14 e de 15:30 a 17:30 horas. No verán  o horario é de 9:00h a 14 h. De luns a venres

Catálogo de formación:

- Cursos de monitores/as de tempo libre

- Cursos de director/a de tempo libre

- Cursos monográficos de especialización en tempo libre (semipresenciais e a distancia): monitor/a de comedor escolar, monitor/a  de transporte escolar, monitor/a de actividades extraescolares, monitor/a de persoas con discapacidade, animador xerontolóxico, maquillaxe artístico, globoflexia

 

etl_coesco

Oferta de cursos:

  • Monitora/or de Tempo Libre
  • Directora/or de Tempo Libre
  • Outros cursos monográficos de interese: igualdade e coeducación, monitor de comedor escolar, monitor de lecer nas persoas adultas....

Dirección:

Rúa San Paio 21. 36680 A Estrada.

Avda. Buenos Aires 100. 36500 Lalin.

Teléfonos de contacto:

986 572 025 // 670 017 037 // 667 768 077

E-mail:

aldebaran@coesco.com // coesco@coesco.com // control@coescoformacion.com

Páxina web:

www.coesco.com

LOGOICA

A Escola de Tempo Libre ICA ten como obxectivo satisfacer as necesidades formativas das persoas que van a desenvolver no futuro acción no eido do tempo libre, dotando as persoas dos coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver satisfactoriamente a súa labor.

Entidade titular: ICA Escola de Tempo Libre

Enderezo: Rúa Menéndez Pelayo, nº 25. baixo

                  Vigo (Pontevedra)

Teléfono de contacto: 986 37 77 79

Enderezo electrónico: info@icaformacion.com

Horario de atención ao público: De luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 20 horas.

Catálogo de formación:

Catálogo de formación:

-          Monitor/a de tempo libre

-          Director/a de tempo libre

-          Certificados de profesionalidade

A Escola de Tempo Libre Aloumiña nace do desexo dun grupo multidisciplinar de profesionais, con máis de 20 anos de experiencia no eido do tempo libre e a educación non formal, de ofertar unha formación de calidade centrada en catro eixos transversais: a interculturalidade, a perspectiva de xénero, a diversidade funcional, e a educación para o desenvolvemento sostible.

O equipo formativo da Escola propoñemos un programa educativo que se centra na diversidade cultural e na igualdade de oportunidades para todas as persoas, independentemente do seu xénero ou das súas capacidades. A metodoloxía educativa aplicada  busca axudar ás persoas a desenvolver actitudes e a adquirir coñecementos e competencias que lles permitan tomar e poñer en práctica decisións fundamentais, en beneficio propio e dos demais, para o momento presente pero coa mirada posta nas futuras xeracións.

A ETL Aloumiña ofrece a posibilidade de realizar as prácticas dos seus respectivos cursos en diversas entidades públicas e privadas de acción social cos que a Escola estableceu acordos de colaboración. Ademais, facilita a formación permanente no tempo libre e a educación non formal a través de cursos monográficos propios, con ofertas especiais para o seu alumnado.

Un programa de accións teórico-prácticas organizadas pola propia escola, como campamentos, intercambios xuvenís, xornadas temáticas, etc., permite ofertar aos/ás futuros/as profesionais do tempo libre un amplo abano de experiencias que favorezan o seu acceso no mercado laboral.  ALOUMIÑA

Entidade titular: Asociación Sociocultural Aporía

Enderezo: Rúa da Fonte nº 24, Baixo, Lalín (Pontevedra)
Teléfono fixo/Fax: 986 78 17 26

Teléfonos móbiles: 679 30 61 88 / 606 50 96 11

etlaloumina@gmail.org

Páxina web: www.etlaloumina.org

Horario de atención ao público: De luns a venres, de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas. Cita previa.

Ámbito xeográfico de actuación: Comunidade Autónoma de Galicia.
Oferta formativa:

- Cursos de tempo libre do primeiro nivel de formación:

  • · Monitor/a de Actividades de Tempo Libre

-          Cursos de tempo libre do segundo nivel de formación:

  • Director/a de Actividades de Tempo Libre
  • Director/a de Campos de Traballo.

-          Cursos monográficos:

  • Danzas e Xogos Tradicionais Galegos
  • Igualdade de Oportunidade e Corresponsabilidade no Tempo Libre
  • A Interculturalidade no Tempo Libre
  • Aprendendo na Diversidade
  • Liderazgo e Xestión de Equipos
  • Deportes e Actividades na natureza
  • Introdución ás disciplinas circenses
  • Esculturas con globos
  • Maquillaxe de fantasía
  • Decoración temática de espazos

Outras actividades:

-          Xestión de proxectos de intervención socio-comunitaria

-          Intercambios xuvenís

-          Organización de campamentos e campos de traballo

-          Organización e xestión de eventos lúdico-educativos

aika_etl-jpg_2A Escola de Tempo Libre AIKA é un centro formativo, no cal se imparten cursos relacionados co ocio e o tempo libre. O seu obxectivo principal é formar aos alumnos e alumnas da forma máis completa posible mediante a  adquisición de coñecementos e habilidades que lles proporcionen unha sólida cualificación integral para organizar as diferentes actividades de tempo libre, e os capaciten para desenvolver a súa futura labor profesional con total garantía.

A nosa metodoloxía educativa é dinámica e participativa, facendo selección dos contidos más importantes e útiles para o futuro desenvolvemento profesional da persoa que se forme.

 

Entidade Titular: AIKA Aula Virtual, S.L.

Enderezo:  Rúa Gorgullón nº 42- baixo (Pontevedra)

                 Rúa Torrecedeira nº 90- baixo (Vigo)

Teléfono de contacto: 986 848 486 (Pontevedra)

                                   886 112 484 (Vigo)

Enderezo electrónico:  Pontevedra: etlpontevedra@aikaformacion.com

                                   Vigo: etlvigo@aikaformacion.com

Páxina web   

Redes Sociais: facebook, twitter

Horario de atención ó público: De luns a venres de 8:30 h a 17:30 h.

Catálogo de formación:

-      Cursos de Monitor/a de tempo libre

-      Cursos de Director/a de tempo libre

-      Cursos monográficos semipresenciais e a distancia: monitor/a de comedor escolar, monitor/a de transporte, monitor/a de actividades extraescolares, monitor/a de persoas con necesidades especiais, animador xerontolóxico, maquillaxe artístico, globoflexia, manipulador de alimentos, caracterización,…

-      Escola de Pais

 

Definición, estilo e principios

A Escola oficial de Tempo Libre Barlovento e un proxecto novo formado por profesionais de diferentes ámbitos educativos/formativos, cunha ampla experiencia en actividades de tempo libre (náutica e aire libre, natureza, medio ambiente, animacións,…). Centra a súa formación en contidos relacionados co ámbito das actividades náuticas e de aventura, baseándose nunha metodoloxía práctica na que o alumno forma parte activa do proceso de ensinanza-aprendizaxe das diferentes técnicas relacionadas co tempo libre. ESCOLA_DE_TEMPO_LIBRE_BARLOVENTO

 

Formamos a profesionais do eido do tempo libre de forma multidisciplinar, con manexo e aplicación de novas tecnoloxía, capaces de afrontar proxectos é actividades de todo tipo e para todas as idades e poboación, favorecendo unha adaptación real ao mercado de traballo actual, poñendo énfases nas actividades náuticas e no aproveitamento do medio xeográfico galego.


A Escola conta co apoio e colaboración de diferentes entidades, clubs e asociacións o que garante unha total adaptabilidade o mercado de traballo. Ofertamos a  todos os/as nosos alumnos/as a posibilidade de realizar prácticas coa propia entidade, seguimento individualizado do alumnado e titorizacións durante a fase práctica, así como un completo guiado durante o proceso de elaboración/redacción da memoria final e obtención dos correspondentes títulos de primeiro e segundo nivel.

 

Entidade Titular: Marexada. Deporte, lecer e cultura SL

Enderezo: Travesía A Eiriña, 7- baixo. 36004 Pontevedra.

Teléfono: 670892307

Enderezo electrónico: etlbarlovento@marexada.es

Horario de atención ó público: Variable, según época do ano. Pedir cita.

Ámbito xeográfico de actuación: Toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Catálogo de formación:

  • Monitor/a de Actividades de Tempo Libre
  • Director/a de Actividades de Tempo Libre
  • Director/a de Campos de Traballo.
  • Monográficos de náutica: kaiak, surf, windsurf, vela, paddle surf,  esquí náutico e wakeboard.
  • Monográficos de aventura: escalada, btt, tiro con arco, orientación (xeocaptura e brúxula),…
  • Monográficos de tempo libre, animación e talleres (globoflexia, talleres e obradoiros: feltro, abalorios, goma espuma, teatro, circo,…).


Outras actividades: Acción formativas en colaboración con Federacións deportivas para a obtención de titulacións federativas: piragüismo, esquí náutico, motonáutica (pnb,…)