Listados de ETL Lugo

Listados de ETL Lugo (6)

A Escola de Educación nos Tempos Libres Altair Galiza (ETL Altair Galiza) recolle a tradición educativa e pedagóxica doslogo_escola tempos libres representada polo asociacionismo xuvenil, cultural e formativo galego nas pasadas décadas nas súas vertentes de funcionamento estábel, educación en valores, traballo en grupo e pedagoxía do proxecto como vertebradores.

O seu obxectivo é formar persoas socialmente comprometidas cun alto sentido da cooperación e a fraternidade e contribuír na educación do tempo libre como instrumento de solidariedade, comprensión mutua e progreso social e cultural.

Entidade Titular:  Asociación Altair Galiza

Sede social: Grupo Galabra. Universidade de Santiago de Compostela - 15782 Santiago de Compostela

Sede da ETL: Rúa do Río, Nº10- Burela (Lugo)

Teléfono de contacto: 685325153 / 665316561 / 610845852

Enderezo electrónico: etl.altair.galiza@gmail.com

Páxina web

Redes Sociais: Facebook e twiter

Horario de atención ó público: De luns a venres de 10.30 a 13.30 e de 16 a 20horas, os sábados de 16 a 21 horas

Catálogo de formación:

-          Cursos de monitor/a de tempo libre

-          Cursos de director/a de tempo libre

-          Curso de Director/a de Campos de Traballo

-          Cursos propios da escola: cursos de monitores/as de Comedor Escolar e de Transporte Escolar

ETLVitae8

A Escola de Tempo Libre Vitae ten como principios fundamentais a formación de persoal que está a traballar no eido do tempo libre, especializándose en formacións complementarias reguladas que lle dean garantías e un maior acceso ao mercado laboral a todas aquelas persoas interesadas neste eido. Así mesmo, quere contribuír á actualización e a capacitación de traballadores/as con dificultades de integración ou adaptación ao mercado laboral, creando novos postos de traballo no sector do lecer e do tempo libre.

Vitae ten por obxectivo a formación de persoas no eido do tempo libre a fin de promover a creación de equipos de traballo creativos e innovadores que vaian na procura de respostas sociais e que participen activamente na mellora da calidade do seu entorno.

Entidade Titular: A Billarda S.L. (Vitae).

Enderezos: Rúa Rof Codina. Nº 37-39. 27002. Lugo.

Teléfonos de contacto:  982 220 372 ;  639 950 045

Enderezo  electrónico: animacion@grupovitae.com

Páxina Web

Redes Sociais

Horario de atención ó público: De luns a venres de 8:00h a 14:00h e de 16:00 h a 18:00 h

Catálogo de formación:

  • Cursos de monitor/a de tempo libre
  • Cursos de director/a de tempo libre
  • Cursos de director/a de campos de traballo
  • Curso de monitor/a de Ludotecas
  • Curso de monitor/a de Comedores Escolares
  • Curso de monitor/a Deportivo
  • Curso de Animación de Maiores

ESCOLA_DE_TEMPO_LIBRE_BULIDEIRAA Escola de Tempo Libre BULIDEIRA xorde no ano 2012 para dar resposta ás necesidades e demandas do ámbito do tempo libre, a animación sociocultural e a educación non formal na cidade de Lugo.

Conscientes da necesidade de que actividades de lecer destinadas a diversos sectores da poboación requiren a formación de persoal profesional, esta escola quere ser un lugar de encontro para todas aquelas persoas que están interesadas en desenvolverse profesionalmente no eido do tempo libre.

O obxectivo principal desta escola é alcanzar co seu proxecto educativo unha mellora na calidade do traballo que van a desenvolver estas persoas que aquí se forman, achegándolles un novo xeito de aprender e de empregar o seu tempo de lecer nun clima de respecto, diversión e cooperación.

 
Entidade Titular: Asociación Sociocultural e Educativa BULE

Enderezo: Rúa Serra de Outes, nº 67- 1º C

                27004 - Lugo

Teléfono de contacto: 669 432 111// 982 805 038

Enderezo electrónico: etlbulideira@gmail.com

Páxina web

Redes sociais

Horario atención ao público: De luns a venres en horario de tarde

Catálogo de formación:

• Curso de monitor/a de actividades de tempo libre.
• Curso de director/a de actividades de tempo libre.
• Monográficos específicos segundo necesidades do sector.
• Curso de director de campos de traballo.
• Accións de formación sobre persoas maiores.

 

Escola_ruralA Escola Rural de Tempo Libre é unha escola que nace coa vocación de levar a educación non formal ao rural galego onde enfocará as súas actuacións. 

O seu obxectivo principal é a formación de persoas que van a ser responsables e educadoras no tempo de lecer coa mocidade, e con especial interese de actuar no eido do rural.  

Entidade titular: Asociación Galega do Deporte e do Xogo Tradicionais 

Enderezo:  Avenida de Compostela, nº 38 . Baixo

                    27620 – Samos (Lugo) 

Teléfono de contacto: 982 804 149 

Enderezo electrónico: escolaruraltempolibre@gmail.com 

Páxina Web

Redes Sociais 

Horario de atención ó público: De luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas

Catálogo de formación:

-          Cursos de monitor/a, director/a de tempo libre

-          Curso de director/a de Campos de Traballo

-         Monográficos: discapacidade, náuticos, montaña, medioambientais, coaching e Emprendemento no Lecer 

BUGALLOlogo

A Escola de Tempo Libre Bugallo creouse co fin de desenvolver programas formativos e actividades encamiñadas ao eido da cultura, ocio e tempo libre na Comunidade Galega. 

Un dos nosos obxectivos é tentar actualizar constantemente os coñecementos e o xeito de traballar no tempo libre, e para iso ofrecemos programas formativos participativos e prácticos vencellados a realidade social.  Tentamos innovar creando contidos novidosos e demandados polo sector.  

Entidade titular: Asociación Xuvenil Bugallo

Enderezo:  Rúa Paxariños, 30- baixo; ou na Rúa San Roque, 4- baixo

Teléfonos de contacto:  982 804 773  /  636 047 442

Enderezo electrónico: etlbugallo@yahoo.es

Redes Sociais

Horario de atención ó público:  De luns a venres de 10 a 14 e de 16 a 20 horas (na Rúa San Roque, 4- baixo)

Catálogo de formación:

-       Cursos de monitor/a de tempo libre

-       Cursos de director/a de tem,po libre

-       Monográficos de especialidades diferentes: monitor/a de kayak; monitor/a de actividades de aventura; monitor/a de tiro con arco;  monitor/a de globoflexia; decoración con globos; maquillaxe de fantasía e efectos especiais; monitor/a de hinchables; monitor/a de ludotecas e centros de ocio; acompañante escolar; DJ infantil; curso de contacontos, ... entre outros.

Dirección
Rúa Estaca de Bares 27, 2º, 27004 Lugo

Correo electrónico
darribaprado@hotmail.com   

Teléfono
630 613 745