No IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela o equipo de Correspondentes Xuvenís está formado polo alumnado do ciclo de Animación Sociocultural e Turística.
Ademais de usar o taboleiro difunden noticias a través de contas de Instagram, Twiter e dun blog.
Instagram: https://www.instagram.com/rosaliaodia18/?hl=es
Twiter: https://twitter.com/RosaliaODia
Blog: http://rosaliaodia.blogspot.com/
Laura, Lara, Carmen e Aintzane Claudia son as Correspondentes do CPR Eduardo Pondal de Cangas.
Parabéns polo traballo desenvolvido!
Desde o IES Rodeira de Cangas o equipo de Correspondenes Xuvenís envíannos o enlace a súa conta de instagram:
www.instagram.com/correspondentesrodeira
Buscamos 20 voluntarios/as para participar nun Encontro de Correspondentes Xuvenís de toda España, que se desenvolverá en Gandarío do 5 ao 7 de abril.
Requisitos para participar:
- Ser Correspondente Xuvenil
- Estar en 2º, 3º, 4º da ESO ou 1º de Bacharelato
Cómo podedes participar?
Paso 1: organízadevos en grupos de dúas persoas.
Paso 2: realizade un vídeo que dure entre 1 e 3 minutos.
Paso 3: enviade o video a institutoxuventude.ctb@xunta.gal antes do 18 de febreiro
Paso 4: esperade a resolución do xurado. Elixiranse 10 videos. Sede creativos, orixinais e cuidade a calidade da imaxe e do son.
10 videos x 2 persoas= 20 participantes
O tema do video: amosar e difundir a nosa comunidade autónoma, os seus atractivos, lugares ou puntos de interese, enfocando o proxecto cara a mobilidade xuvenil en Galicia a través dos albergues xuvenís da REAJ existentes como opción de aloxamento.
O Albergue Xuvenil de Gandarío pertence a REAJ "Red Española de Albergues Juveniles" https://reaj.com/
Máis información: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/15861-encontro-de-correspondentes-xuvenis-de-toda-espana
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo compartindo momentos con outros/as Correspondentes de Galicia
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES do Caminño de Palas de Rei están a realizar unha vez a semana o programa de “Correspondentes xuvenís” en Radio Palas FM.
Os alumnos e alumnas de 1 Bacharelato son os encargados e encargadas de informar todas as semanas das novas máis salientables.
O alumnado da ESO encárganse do taboleiro de novas e da conta de Instagram.
Blog do instituto: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdocaminho/node/303
Conta de Instagram: https://www.instagram.com/iesdocaminho/
Amanda, Andrea, Tamara, Carla, Yurena, Laura Tatiana, Ana, María, Pablo e Laura forman o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Monte Neme de Carballo, coa coordinación das profesortas Ana Belén, María José e María del Carmen.
Ademáis do taboleiro donde poñen a información que reciben, contan tamén cunha conta de Instagram e outra de Twiter
https://www.instagram.com/correspondentesdomonteneme
Twiter: correspondentesdomonteneme
O Concello de Sanxenxo publica na súa web a participación de 17 Correspondentes Xuvenís no Encontro de Gandarío. En total son 20 correspondentes de 3 centros educativos, Colexio Abrente, IES Sanxenxo e IES Vilalonga:
Os/As Correspondentes Xuvenís do IES Aller Ulloa de Lalín son Lorenzo, Marcos, Estefanía, Yeray, Pablo, David, Santiago Andrés, Antía, Gustavo, Alejandro, Andrea, María e Lucía. Reunironse xunta coa profesora responsable do programa, Julia, no Espazo Xove de Lalín con Mercedes, a persoa responsable do Espazo.
Parabéns polo traballo que están a desenvolver!!
O grupo de Correspondentes Xuvenís do IES Fontem Albei da Fonsagrada xa están a traballar difundindo información entre a mocidade do seu concello.
Podedes seguir o seu traballo no seu Blog e redes sociais:
Blog: https://infoxuvenil.blogspot.com/
Instagram https://www.instagram.com/iesfontemalbei2018/?hl=es
Twiter https://mobile.twitter.com/fontemalbei1819?p=s
Parabéns polo traballo desenvolvido!