Correspondentes Xuvenís 3.0 (178)

Correspondente xuvenís 3.0 

eduardopondal2eduardopondal1Rosalía de Castro visita a exposición que o alumnado do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela organizaron no seu centro educativo como homenaxe a propia escritora.

As Correspondentes Xuvenís do IES Eduardo Pondal son Nerea, Olga e Rosalía.

Interesante colaboración de Marián, a profesora de galego...

Parabéns!!

https://www.instagram.com/p/CLrpQ_3DF8c/

Desde o IES Xulián Magariños de Negreira envíannos unha foto de Entroido do equipo de Correspondentes Xuvenís en pleno entroido.

Equipazo formado por Sheila, Diego, Núria, Fina, Sara, Nuria, Odris, Emanuelle e Samuel que xunto co resto do alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Formativo de formación profesional básica en Servizos Comerciais vén de preparar e organizar o Entroido 2021, que como xa é sabido e debido á situación actual obrigounos a facer modificacións na programación e celebración.

Dende o luns 8 ata o venres 12 de febreiro, o MECO “PCR” (Pois Claro, Riamos), foi dando as consignas diarias e no que o derradeiro día nos ditou: Se feliz queres estar no Entroido do Xulián Magariños tes que participar. O Venres, para rematar, en bata de casa ou pixama vestirás.

Tratábase de compartir e desfrutar cun sorriso; aínda que fora con máscara; dun Entroido moi especial nestes tempos que nos toca vivir.

Parabéns!!!

Como cada xoves en horario de 11:00 a 11:30, os correspondentes xuvenís do IES do Camiño de Palas de Rei, difunden información nas ondas aPalasderei2 través de Radio Palas FM.
Nesta ocasión, Nerea García e Silvia foron as encargadas de informar da actualidade.

A semana pasada foron Roi e Ismael os encargados.

Tamén teñen unha conta de Instagram desde a cal informan aos/ás compañeiros/as: @iesdocaminho

Parabéns!!!

O IES Xulián Magariños de Negreira envía unha foto do equipo de Correspondentes Xuvenís 3.0.

Equipazo formado por Sheila, Diego, Núria, Fina, Sara, Emanuelle e Samuel que xunto co resto do alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Formativo de formación profesional básica en Servizos Comerciais vén de preparar e organizar o 20 de Novembro, o Día internacional da Infancia para concienciar a Comunidade Educativa de que é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

E por isto aproveitan o momento actual que estamos a vivir para pór en marcha a Campaña de Recollida de Alimentos da Infancia-Negreira 2020.

Debido ás medidas hixiénico-sanitarias, a Campaña de Alimentos faise baixo o formato de “MARTES SOLIDARIOS”, de tal xeito que unicamente son os MARTES os días habilitados para levar os alimentos e produtos de primeira necesidade, comezando o 24 de Novembro e rematando o 15 de Decembro.

Dentro dos alimentos e produtos de primeira necesidade infantís que máis escasean e teñen unha grande demanda son leite, potitos, galletas, cereais, cueiros, toallitas, xabón, produtos de limpeza...

E son os Mércores cando os Servizos municipais do Concello de Negreira  veñen a recollelos.

Queren agraceder a toda a Comunidade Educativa a súa colaboración e axuda.

Parabéns pola iniciativa!

         MÁIS ALTO CA NUNCA: QUERÉMONOS LIBRES E VIVAS.

    DESENMASCAREMOS AOS MALTRATADORES

 

Moitas mulleres son maltratadas e ata asasinadas por parte de homes, polo que o día 25 de novembro é conmemorado para darlle voz ás que máis sofren. Nós, correspondentes do IES Saturnino Montojo, queremos unirnos a esa iniciativa participando en múltiples proxectos:

- Primeiro de todo, creamos este lema, consensuado polo equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo, para lembrar a todas as mulleres que nestes momentos tan críticos están a sufrir a violencia de xénero que non están soas. Utilizamos o termo “desenmascarar” dándolle un dobre sentido: quen son, xa que nos medios nunca se mostran os datos íntegros deles pero das mulleres si, e tamén como son e como as tratan (aproveitando tamén a palabra para facer unha mención á situación pandémica). Por outra parte, empregamos a primeira persoa de plural porque esta lacra aféctanos a todas e todos e nunca deberiamos velo como simples observadoras, senón que debemos actuar construíndo unha sociedade máis xusta e activa.

- Asemade emprendemos unha nova iniciativa na plataforma TikTok subindo vídeos reivindicativos representando escenas comúns destas inxustizas mediante diferentes hashtags como #desenmascaremosaosmaltratadores ou #libresevivas. Serán gravados tamén en diferentes partes do instituto coma na entrada, no patio ou corredores. Estes vídeos finalmente serán compartidos a través das nosas contas doutras redes sociais coma Twitter  ou Instagram. Incluiremos o número 016, que atende situacións exclusivamente de violencia de xénero.

Pensamos que é necesario concienciar á xente de todo o que está a ocorrer e loitar para que nun futuro próximo as mulleres poidamos vivir sen medo e a sociedade sexa máis xusta.

Campaña en TikTok

O equipo de Antenas inforamtivas do IES Zalaeta da Coruña informan dun acto organizado contra a violencia de xénero

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca un curso máis o programa Correspondentes Xuvenís 3.0

Correspondentes xuvenís 3.0 pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro educativo. Será alumnado que se responsabilice de recoller a información que se lles envie desde Xuventude, Espazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.Correspondentes STICKERS altavoz redes

Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
1. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, grupos de wahtsapp...
2. Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
3. Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.

Este curso pretendemos que cada equipo de Correspondentes Xuvenís conte cunha rede social para a difusión da información. Ademais contaremos cun foro donde podrán participar todos/as os/as correspondentes e profesorado participantes, así mesmo participarán todas as Oficinas municipais de información xuvenil e Espazos xoves que colaboren no programa.correspondentes3.0

Beneficios para os/as correspondentes:
Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen no albergue xuvenil de Gandarío. (A realización de encontros estará condicionada pola evolución do Covid-19).
Reconoceráselles o tempo como persoas voluntarias mediante un certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.
Poderán solicitar o Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.

Beneficios para o profesorado colaborador:
O profesorado que participe a través do Plan Proxecta recibirá unha certificación da Consellería de Educación.

O programa Correspondentes Xuvenís pode solicitarse de dúas formas:
1. A través do Plan Proxecta da Consellería de Educación, ata o 24 de setembro de 2021.
2. Directamente coa Dirección Xeral de Xuventude, a través do Centro Coordinador de información xuvenil. FORMULARIO DE SOLICITUDE 

Enviar o formulario a informacion.xuventude@xunta.gal

Máis información no teléfono 881 997 606 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/9626

Fina, Ángel P., Samuel, Emanuelle, Iván, Sheila, Ángel M., Jose, Gabriel, Sara e Elías son o equipazo de Correspondentes Xuvenís 3.0 do IES Xulián Magariños (Negreira) que foron coordinados/as pola profesora Elisa Salinas Márquez e o profesor Manuel Magariños Llerena.

Son un magnífico grupo de 11 alumnas e alumnos de 1º e 2º Curso do Ciclo Formativo de formación profesional básica en Servizos Comerciais que todas as semanas recibían información a cal seleccionaban e que se podía ver no taboleiro de Correspondentes Xuvenís do IES e en ocasións pasaban polas aulas informando das convocatorias máis relevantes. Destacar o seu compromiso, colaboración e participación no Programa pero trala situación creada pola epidemia ocasionada polo COVID-19 quedáronlle moitas cousas por facer. Non se desaniman e volverán no curso 2020-2021 con máis enerxía e forza.

Parabéns a todas e todos!!

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol considera que sería interesante de cara ao futuro escoitar as vosas propostas para mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe a distancia. O documento que elaboren terá un enfoque en positivo que permita incorporar suxestións e actividades no futuro próximo.

Sería importante dedicar uns minutos do voso tempo para cubrir o cuestionario 

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol achegannos dúas propostas para todos e todas os Correspondentes de Galicia:

INSTAGRAM STORIES: Crear e difundir historias por Instagram que tenten concienciar a mozas e mozos da necesidade de manter as medidas de seguridade para vencer a pandemia e non retroceder.

VALORACIÓN E PROPOSTAS SOBRE O TRABALLO TELEMÁTICO NO ÁMBITO EDUCATIVO: sería interesante de cara ao futuro escoitar as propostas dos/as Correspondentes para mellorar o proceso de aprendizaxe a distancia. Especialmente tería un enfoque en positivo que permitiría incorporar suxestións e actividades.
Calquera suxestión que teñades podedes enviala a informacion.xuventude@xunta.gal
Recolleremos todas as propostas e poñerémolas na web á vosa disposición e tamén farémoslla chegar aos centros educativos