Correspondentes Xuvenís 3.0 (179)

Correspondente xuvenís 3.0 

O home que plantaba arbores2O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo convídannos a participar nun club de lectura sobre o libro O home que plantaba árbores de Jean Giono,  libro que  nos recomendan ler a todos e todas, posto que nos permite reflexionar sobre a necesidade de coidar o medio ambiente, sobre a xenerosidade e a perseverancia...

As reflexións, comentarios ou aportacións que queiramos facer pódense enviar ao taboleiro colaborativo virtual padlet deste club:  Padlet sobre O home que plantaba árbores.

O tempo estimado de lectura de O home que plantaba árbores é de 45 minutos.


Onde podes conseguir o libro? pois na rede de bibliotecas de Galicia:

Libro O home que plantaba árbores na rede de bibliotecas de Galicia

Libro El hombre que plantaba árboles na rede de bibliotecas de Galicia

 

Si prefires compralo, lembra que co Carné Xove tes un desconto en moitas librarias de Galicia:

Descontos nas librarías da Federación de libreiros

Descontos noutras librarias: Lugo, Ourense, Pontevedra e A Coruña

Paula Cabezas Álvarez, Correspondente Xuvenil do IES Saturnino Montojo de Ferrol gaña o concurso convocado pola Xunta polo 25-N, Día internacional contra a violencia de xénero.

O xurado do concurso convocado pola Xunta puxo en valor a propostas gráficas e audiovisuais presentadas nesta convocatoria polo alumnado galego de centros de ensino non universitario. Escolares de Lugo, Navia de Suarna, Ferrol, Lalín, Sanxenxo e Santiago de Compostela resultaron premiados polas pezas gráficas e audiovisuais coas que quixeron contribuír a facer unha valoración crítica sobre a violencia de xénero.

Na categoría dirixida a 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, FP básica e de ciclos de grao medio e superior, o primeiro posto na modalidade de imaxe gráfica foi para Paula Cabezas Álvarez, Correspondente Xuvenil do IES Saturnino Montojo de Ferrol pola obra Non deixes que te devoren.

Compartimos tamén o traballo realizado Alberto Toval, profesor de Plástica no IES Saturnino Montojo

25NSATURNINO<picture>

Ligazón para descarga dos traballos premiados: https://we.tl/t-7GHBYCwfyL

Luis, Lucía, Brais, Gabriel, Carmen, Uxía e Clara son o equipo de Correspondentes Xuvenís do CIFP A Granxa de Ponteareas. correspondentes3.0


Encargaranse de difundir información entre o alumnado do seu centro educativo a través dunha conta de Instagram: @correspondentes_agranxa

https://www.instagram.com/correspondentes_agranxa/

Ana, Disahamely, Noel, Marta, María Laura, Rubén, Ángel e Jennifer son o equipo de Correspondentes Xuvenís do EPAPU de Ourense.correspondentes3.0

Podes seguilos nas súas canles de comunicación:

https://twitter.com/corres_da_epa 
https://www.instagram.com/correspondentes_da_epa 
https://www.facebook.com/correspondentesdaepa 

Antón, David, Alba, Antía, Martín, Nerea, Joanna, Laura, Sara Andrea, Ricardo, Jairo e Ainhoa son o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Monte Neme de Carballo. Estiveron coordinados/as este curso por Ana Belén Burgos, María José Pombo e Maria del Carmen Rodríguez.

Nesta imaxe posan co equipo de grupo de artes plásticas e coa coordinadora Ana Belén Burgos como despedida do programa correspondentes de este curso.

Parabéns a todas e todos polo traballo desenvolvido

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol crearon un padlet para promocionar e difundir os campamentos de verán.
Este é o enlace no que poden participar todos/as os/as correspondentes de Galicia:
https://padlet.com/cxmontojo2021/dmaev1yrdckzv371 

Tamén crearon un padlet polas Letras galegas, que inclue un vídeo que gravou o equipo de Correspondentes de 1º de BACH en colaboración co Ciclo de FP como homenaxe a Xela Arias.
https://padlet.com/cxmontojo2021/3633oenf2xgllf59 

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Barral de Ponteareas envíannos dous fanzines que elaboraron para difundir información entre os seus compañeiros/as.

   O día a día do mundo

   Noticias no foco

 

Contan tamén cun blog e unha conta de instagram

https://oscorrespondentesxuvenisdobarral.blogspot.com/ 

https://www.instagram.com/informandobarral/ 

O equipo de Correspondentes Xuvenís do CPI Domingo Fontán de Pontevedra publica na súa conta de instagram fotos coa entrega das bolsas oficiais de Correspondentes Xuvenís.

https://www.instagram.com/correspondentesdeportas/

Parabéns polo traballo desenvolto!

PORTAS2PORTAS3PORTAS4PORTAS5

O equipo de Correspondentes xuvenís do CIFP A Farixa de Ourense estrea canle de Podcast.

Nesta aventura radiofónica o equipo de correspondentes busca difundir informacións de especial interese para a súa comunidade educativa dun xeito ameno e entretido.

A intención, se os estudos o permiten, é publicar un episodio por semana. Non vos perdades a vosa cita semanal coa información!!!

Tamén contan cun blog para difundir información.

podcast

Saray, Carla, Claudia, Naira, Ainhoa, Tania, Jose, Alejandro, Ainhoa, Aldara, Antia, David, Mauro, Eva, Cristian, Pablo, Uxia, Lara, Daniela, Fátima, Hugo, Nicolás e Artai e o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Val de Tea de Ponteareas.

Participan en obradoiros creativos para a difusión da información xuvenil organizados polo servizo de Voluntariado do Concello de Ponteareas baixo a xestión de Rocío Marquez.

Parabéns a todas e todos!

fotos fanzina val do tea 2021fotos fanzine val do tea 2021 4fotos fanzine val do tea 2021 5fotos fanzine val do tea 2021 6