Correspondentes Xuvenís 3.0 (178)

Correspondente xuvenís 3.0 

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela participou o 27 de maio nun acto promocional da tarxeta de transporte Xente Nova.

No acto participaron tamén o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez e a Directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel.

Esta é a crónica que nos envían Zaira Martínez, Pablo Barriuso e Martín Pardo.

"O venres 27 de maio celebrouse o primeiro aniversario da tarxeta xente nova. Unha inicitiva promovida na nosa comunidade autónoma que facilita o transporte interurbano entre a mocidade (4 a 21 anos) de xeito gratuíto, cun total de 60 viaxes mensuais. Ademais, tamén permite a viaxe gratuíta nos barcos dos servizos Cangas-Vigo e Moaña, así como no tren metropolitano en Ferrol.

Para cubrir a noticia os correspondentes xuvenís do IES Plurilingüe Rosalía de Castro acudimos a San Caetano e baixamos no autobús, acompañados polo presidente da Xunta e doutros asistentes ao evento, ata estación intermodal onde se desenvolveu o acto.

Cabe destacar o discurso de participación da nosa compañeira, Lucía Sobrado Louzao, que resaltou a importancia desta iniciativa para dar autonomía e liberdade de movemento á mocidade, así como igualdade de oportunidades económicas nas diferentes familias.

Por último, o presidente da Xunta, Alfono Rueda Valenzuela, pechou o acto agradecendo a participación de todos e todas e asegurando a continuidade desta iniciativa, xa que entende que é deber da administración asegurar e facer máis doada a vida das mozas e mozos de Galicia".

 

Radio Palas FM

Abr 08, 2022

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES do Camiño de Palas de Rei está todos os xoves en directo en Radio Palas FM, difundindo novas de interese a toda a veciñanza do concello.

Parabéns aos locutores/as!!

Non perdas este vídeo para entender cales son as súas funcións e de que xeito traballan a información para transmitir as mellores novas á xuventude de galicia.

E lembra que ti tamén podes ser Correspondente Xuvenil ou Correspondente Universitario/a no teu instituto, espazo xove ou facultade!

correspondentesvideo4

Vídeo Que é ser Correspondente Xuvenil?

O equipo de Correspondentes Xuvenís do CPR A Inmaculada de Ponteareas envía unha foto do taboleiro que xestionan no seu centro educativo para manter informado a todo o alumnado. O equipo está integrado por Nicolás, Juan, Antía, Melisa, Carolina, Leire e Ana, coa coordinación de Rocío desde a oficina de Voluntariado do Concello de Ponteareas.

PONTEAREAS. CPR Inmaculada2

Parabéns!!

O grupo de Correspondentes Xuvenís do IES 1º de marzo de Baiona realizaron un vídeo basada na carta Estou farta, que Alba Quintas, alumna de 4º da ESO en Ourense, enviou á sección Cartas ao director, da Voz de Galicia...

"Estou farta de que, a pesar de todo o que loitamos as mulleres, non alcanzásemos aínda a nosa vitoria, a igualdade"

comando6

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES 1º de marzo de Baiona son alumnas e alumnos do ciclo de Animación Sociocultural e Turística e está composto por Ángela, Lucía, Judith, Xosé, Sabela, Yara, Lara, Noelia, Mónica María, Jose, Víctor Manuel, Mara e Rahel, coordinado por Nuria Fernández Segade profesora no ciclo.

Video Estou farta, de Comando sen nome

Reunión da Directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel, coas Correspondentes Universitarios da USC, compartindo os retos que nos presenta a transmisión de información nun mundo tecnolóxico como o actual.

A quen comunicar, de que xeito, a través de que canais son algunhas das preguntas que tamén se farán estas mozas e mozos correspondentes nas súas facultades, que sen dúbida axudarán a reforzar a canle máis antiga de comunicación verbal, e unha das máis exitosas: o boca a boca.

Ánimo co traballo!

A semana pasada celebraouse no Espazo Xove de Ourense un encontro entre os correspondentes Cuvenís do ciclo de Animación Sociocultural e Turística de CIFP Porteovello de Ourense e a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel @crispichelt
Foi un exercicio de escoita do transcorrer do programa e de intercambio de ideas para melloralo.

bcorrespondentesourense2

Interésannos as vosas achegas e inquietudes sobre Correspondentes Xuvenís 3.0 

Podes envialas aquí:  informacion.xuventude@xunta.gal

A Xunta destaca o labor dos e das correspondentes xuvenís na difusión da información entre o alumnado. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo un encontro cos participantes universitarios/as da UDC na Facultade de Economía e Empresa da Coruña. Este programa, a maiores da implantación que xa ten na ESO, realízase tamén en colaboración coas tres universidades galegas.

Está iniciativa ten por obxecto conseguir que a mocidade universitaria galega estea informada dos diferentes programas, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia lle ofrece, así como outra información de interese. Son os propios estudantes, como correspondentes universitarios, os encargados de transmitir esa información, o que favorece a súa participación activa tanto na elaboración como na difusión da información entre iguais.

Ademais de estar ao día das posibilidades de ocio e formación que se convocan para eles, os correspondentes universitarios verán recoñecido o seu esforzo e tempo investidos no programa a través dun certificado de educación non formal en materia de xuventude. No eido académico, as tres universidades ofrecen a posibilidade de convalidar créditos ECT, segundo cadanseu convenio específico. Ademais, os interesados poderán solicitar gratuitamente o carné de alberguista. Así mesmo, e sempre que a situación sanitaria o permita, poderán participar nun encontro autonómico de correspondentes universitarios.

 

Despois do parón polas vacacións do Nadal, os Correspondentes Xuvenís do IES do Camiño de Palas de Reis están de volta para levarlles aos seus compañeiros/as a información máis relevante e actual, así poden acceder á mesma a través do taboleiro de novas do primeiro andar do instituto, do Instagram do centro e cada xoves de 11:00 a 11:30 no seu programa radiofónico en Radio Palas.

@iesdocaminho

PALAS DE REI 3

Desde o IES Rosalia de Castro preséntannos ao equipo de correspondentes xuvenís do instituto, formado por alumnos de 4° ESO, 1° Bachalerato e 1° do Ciclo Superior de Animación sociocultural e turística.

Parabéns polo traballo desenvolvido!!