Vídeo resumen do encontro de avaliación e entrega de diplomas do grupo de correspondentes xuvenís de Cambre (IES Afonso X O Sabio e IES David Buján).
Encontro realizado na Casa da Xuventude de Cambre o pasado 6 de xullo, organizado pola OMIX Cambre.
Gracias polo traballo realizado!!
E ata o próximo curso!!
O día 23 de xuño entregaronse ao equipo de Correspondentes Xuvenís do CPI Mosteiro de Meis, os diplomas de participación.
Os/as Correspondentes son Mathias Lorenzo, Milena, Olga, Mateo, Adrián, Mónica, Paula, Oscar, Borja, Iria, Sofía, Nerea, Sandra, Jose e Mónica.
Asistiron á entrega a responsable da OMIX de Meis, Ángeles, o xefe do servizo de Xuventude da provincia de Pontevedra, José Antonio Fachado e o profesor responsable do programa no CPI de Meis, Camilo Ojea.
Parabéns polo traballo desenvolvido!!!
A OMIX de Cambre organizou o 1 de abril unha xornada de formación para os/as Correspondentes Xuvenís do concello, alumnado do IES David Buján e do IES Alfonso X O Sabio.
Nesta formación fíxose unha valoración do programa, para mellorar a difusión da información xuvenil que lles chega dende a OMIX de Cambre, así como a coordinación dos equipos de correspondentes de cada IES.
Parte do traballo de ese día é este vídeo realizado polas Correspondentes do IES David Buján de Cambre, onde poñen cara os/as correspondetes e explican que é ser correspondente.
Parabéns polo traballo que estades a realizar!!
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol elaborou tres presentacións dos campamentos de verán dirixidas aos seus compañeiros de 1º, 2º e 3º da ESO para animalos a participar nestas actividades de verán que desenvolve Xuventude.
Presentación para 1º da ESO: https://1drv.ms/p/s!AvLhZvl9dEUIgaN9Z83bcG-QUFxL3w
Presentación para 2º da ESO: https://1drv.ms/p/s!AvLhZvl9dEUIgaN0_DUi5lv1yvB-0A
Presentación para 3º da ESO: https://1drv.ms/p/s!AvLhZvl9dEUIgaR8UcXvGnBqDTrnAg
As alumnas Correspondentes Xuvenís do IES de Porto do Son, Manuela, Nerea, Adriana, Clara, Carla e Sophía, están difundindo as novas de interese para o alumnado que lles achega a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Así mesmo tamén procuran, pola súa conta, información para dar a coñecer a vida cotiá do no seu Centro.
O seu traballo o publicitan no taboleiro, nas aulas e no seu blog.
Se queredes ver unha mostra do seu traballo podedes visitar o blog: http://correspondentesson.blogspot.com.es/
Tamén convidámosvos a que entredes na páxina do Centro http://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/, onde atoparedes as actividades desenvolvidas ao longo deste curso. Nalgunhas delas tamén participan as alumnas correspondentes.
Somoscorrespondentes!!... xa podedes ver o video realizado nas actividades do Encontro de Correspondentes Xuvenís que se desenvolveu en Gandarío do 17 ao 19 de febreiro.
Mathias Lorenzo, Milena, Olga, Mateo, Adrián, Mónica, Paula, Oscar, Borja, Iria, Sofía, Nerea, Sandra, Jose e Mónica é o alumnado Correspondentes Xuvenil do CPI Mosteiro de Meis.
Coordinados por Camilo están a difundir información no seu centro a tavés do taboleiro e dun estupendo Blogue que podedes consultar neste enlace:
http://correspondentesmosteiromeis.blogspot.com.es
Parabéns a todos e todas!
Estrela, Daniel, Isabel, Claudia, Marta, Julia, Alba e Noelia, xunto co profesor Manuel forman o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.
Manteñen reunións todas as semáns. Teñen un taboleiro onde poñen as novas que reciben e as que buscan pola súa conta. En cada nova crean un código QR, para que calquera desde o teléfono poida ampliar información de esa nova concreta.
Ademais do taboleiro conta cunha páxina de Facebook e un blogue. Recomendable visitar as dúas páxinas pola información e polas fotos...
Facebook: https://www.facebook.com/Freicorrespondentes-430357557163098/?fref=photo&rc=p
Blogue: http://iesfreimartinsarmiento.blogspot.com.es/
Parabéns a todo o equipo de Correspondentes do IES Frei Martín Sarmiento.
Podes seguir en instagram ao equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Basanta Silva de Vilalba:
Víctor, Noa, Elena, Andrea, Lucía, Lidia e Inés, coordinados pola orientadora María del Carmen Mariño, é o alumnado encargado de distribuir no CPR Nosa señora do Carme en Betanzos a información que reciben dende o Espazo Xove de Betanzos e dende a dirección xeral de Xuventude.
Parabéns polo labor desenvolvido!!