María, Nerea, Paula, Noela e Ninfa Inés son as Correspondentes Xuvenís do IES Xelmírez I de Santiago de Compostela
Teñen, ademais dun taboleiro, unha conta de instagram para distribuir a información que reciben desde Xuventude.
Conta de Instagram: @xuventude3.0
Parabéns polo traballo desenvolvido!!
O equipo de Correspondentes Xuvenís de primeiro de Animación Sociocultural e Turística do CIFP Portovello de Ourense exportan información a outros centros educativos. Ademais de distribuir información no seu propio centro, acuden tamén ao IES Portovello.
Usan carteleiras dispoñibles en ambos os centros e tamén están a empregar redes sociais coma Twitter, Facebook e un blog de “Portovello informa”.
O twitter informativo é @portovelloinforma
O blogue: http://portovelloinforma1718.blogspot.com.es/
Se queredes ver as novas que se publican por Facebook a páxina é Portovello Informa.
Tamén nos envían un video que fixeron co gaio do carné xove: https://drive.google.com/file/d/1kZDOuu5LZZuXS4kD-WFKlXtAEGtsCn4-/view
Parabéns!!
O equipo de Correspondentes Xuvenís do CIFP da Farixa usan para distribuir información entre os seus compañeiros, ademais do taboleiro informativo, unha conta en Twitter e outra en Instragram. En breve terán en marcha unha conta en Facebook
Twitter: @VoceirosFarixa
Instagram: @VoceirosFarixa
Para organizar o traballo dividíronse en grupos:
Comunicación por Aula
Xestión de Taboleiros
Facebook
Twitter
Instagram
Parabéns polo traballo desenvolvido!
As/os Correspondentes Xuvenís do IES Porto do Son xa lle poden explicar aos seus compañeiro e compañeiras os usos do carné xove.
Carné xove: http://xuventude.xunta.es/carnes-para-a-mocidade/carne-xove/quen-como-e-onde-utilizalo
Comeza o equipo de correspondentes de Cambre.
Dende o IES Afonso X O Sabio temos a: Julio, Iván, Sara, Elvira, Helena, Geila, Isabel, Juan, Nerea e Marta. Dende o IES David Buján a: Andrea, Lucía, Xian, Carla e Candela
Dende a OMIX Cambre organizouse unha xornada de presentación para coñecernos e coñecer en profundidade o programa. Iniciando cun reto inicial: demostrar a forza das redes sociais para a labor que realizan as correspondentes.
O reto consistiu en acadar 250 visitas no vídeo de presentación en 24 horas e sobraron 14.....
https://www.youtube.com/watch?v=qqP1HMt7tfM&feature=youtu.be
Agora a encher de retos este curso escolar"
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Lama das Quendas de Chantada ademais do taboleiro teñen unha conta en instagram para difundir información entre os seus compañeiros/as @cxuvenis
O alumnado e o profesorado do IES SATURNINO MONTOJO de Ferrol desexa a todos os Correspondentes de Galicia unhas boas festas. Agardamos no novo ano seguir intercambiando información e proxectos.
Neste primeiro trimestre formamos un equipo moi activo e ilusionado con rapaces e rapazas de 3, 4 de ESO e 2 de BACH. Amais de comezar o noso labor principal de informadores, coordinamos e participamos en diversas actividades, que queremos compartir convosco porque nos fixeron sentir mellor ao asumir o voluntariado como algo enriquecedor. Se queredes ver os vídeos, están subidos na nosa páxina web do noso instituto.
Os correspondentes de 3º de ESO participaron nun recitado intercentros, nos faladoiros e protagonizaron as actividades contra a violencia de xénero (programa de entrevistas, role-playing ...).
Os correspondentes de 4º participaron nas xornadas interxeracionais que se desenvolveron na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e estes días coordinan a actividade de Doces solidarios para recadar fondos para a Cociña económica de Ferrol.
Os correspondentes de 2º de BACH asistiron a EMOTRAXE e fixeron unhas interesantes artigos para a revista sobre este encontro transfronteirizo destinado á xuventude emprendedora.
Tamén cómpre salientar a videoconferencia que o noso excorrespondente Darío García mantivo desde a Facultade de Bioquímica da Politécnica de Madrid para fomentar a divulgación da Ciencia por mor do Mes da Ciencia nas Bibliotecas Escolares.
Recomendamos especialmente as experiencias interxeracionais que seguiremos desenvolvendo neste curso coa colaboración de asociacións de maiores, como Afundación Abanca (proxecto Fálame da Emigración).
Saúdos afectuosos a todos e todas
Andrea, Fátima, Eva, Verónica, Marta, Iratze e Alba son as Correspondentes Xuvenís do IES Antón Losada Diéguez da Estrada. Contan cunha conta de Istagram: @xuventude.ald
Parabén polo traballo desenvolvido!
O día 5 de decembro, co motivo do día Internacional do Voluntariado o equipo de Correspondentes Xuvenís deron a coñecer o seu traballo ao resto da comunidade educativa a través dunha mesa informativa situada na entrada principal do IES PORTO DO SON.
Os correspondentes interactuaron co resto do alumnado funcionando como antenas informativas.
Dita actividade foi promovida pola Oficina municipal de información xuvenil (OMIX) en colaboración co Departamento de Orientación (Correspondentes xuvenís)
Charla sobre consecuencias da violencia de xénero no IES Porto do Son
O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de asistir a unha charla sobre consecuencias da violencia de xénero, impartida por Pilar Díaz Burgos, técnica en violencia de xénero e traballadora no centro de recuperación integral (CRI).
Dita actividade foi promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración dos Servizos Sociais do Concello e do Departamento de Orientación.
A relatora expuso conceptos básicos coa finalidade de difundir, e divulgar sinais para detectar novas formas de violencia invisible na mocidade, visualizando diferentes campañas de sensibilización.
Subliñar a importancia da educación, eixe fundamental para reeducar as novas xeracións.
Podedes obter máis información sobre o tema, escoitándoa directamente en:
http://www.crtvg.es/informativos/pilar-diaz-burgos-tecnica-de-violencia-de-xenero-e-traballadora-do-centro-de-recuperacion-integral-de-ourense-3554974
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, envíannos unha fotografía do seu taboleiro. Todo o equipo son estudantes do ciclo de Animación Sociocultural e Turística.
Conta de Instagram de Rosalía ao día: https://www.instagram.com/rosaliaodia17/?hl=es
Facebook: https://www.facebook.com/Rosal%C3%ADa-%C3%B3-D%C3%ADa-892077497636951/