Correspondentes Xuvenís 3.0 (103)

Correspondente xuvenís 3.0 

 Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca un curso máis o programa Correspondentes Xuvenís 3.0

Correspondentes xuvenís 3.0 pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro educativo. Será alumnado quen se responsabilice de recoller a información que se lles envie desde Xuventude ou da OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.

Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
1. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, grupos de wahtsapp...
2. Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
3. Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.correspondentesxuvenis

Beneficios para os/as correspondentes:
Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen no albergue xuvenil de Gandarío.
Recibirán gratuitamente o carné xove, e aqueles/as que o necesiten faráselles o carné ISIC e o carné Alberguista
Terán preferencia nalgúns dos programas da DXXPV nos que así conste nas súas bases.
Reconoceráselles o tempo como persoas voluntarias mediante un certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.
Poderán solicitar o Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.

Beneficios para o profesorado colaborador:
Recibirán gratuitamente o carné internacional de profesor/a (Carné Teacher). O profesorado que participe a través do Plan Proxecta recibirá unha certificación da Consellería de Educación.

O programa Correspondentes Xuvenís pode solicitarse de dúas formas:
1. A través do Plan Proxecta da Consellería de Educación, entre o 25 de setembro e o 16 de outubro de 2019.
2. Directamente coa Dirección Xeral de Xuventude,  a través do Centro Coordinador de información xuvenil, teléfono 881 997 606  FORMULARIO DE SOLICITUDE 

Enviar o formulario a informacion.xuventude@xunta.gal

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo publicou na revista Nós tamén un artigo sobre a visita da Directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, ao seu instituto.

ferrol1

Artigo da revista Nós tamén

Presentación do equipo de Correspondentes Xuvenís

No IES do Camiño de Palas de Rei puxeron o broche final ao traballo no programa Correspondentes Xuvenís, no que contaron coa presenza de José Manuel Balseiro Orol (Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo), Pablo Taboada Camoira (alcalde de Palas de Rei), Federico Pérez Morán (Inspector educativo), Suso Antelo (Director do Centro Coordinador de Información Xuvenil) e María Graíño (Xefa de Servizo de Xuventude de Lugo) que fixeron a  entrega de diplomas e carnés aos alumnos e alumnas de 3º da ESO: Natalia, Nuria, Diego e Iván, ás de 4º da ESO: Leticia, Elisa, Sandra, María e Uxía, aos de de 1º de Bach: Lucía, Daniela, Noemí, Silvia, Marcos, Álex, Adrián, Lucía Oro, Celia, Sonia, Laura e Noel e de 2º de Bach: Candela.

PALAS DE REI. diplomas2

Atrás queda un ano de novas experiencias e aprendizaxes, na que ser antenas informativas supuxo un reto que, os correspondentes, superaron con creces.

Grazas polo voso traballo e dedicación!!!!

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdocaminho/node/358

Ainara, Anabel, Ángela, Cecilia, Iker, Lía, Mar, Marta, Natalia, Sara, Silvia, Tania e Carla son o euipo de Correspondentes Xuvenís do IES Sanxenxo. Durante todo o curso foron as e o responsable de difundir información entre o alumnado so seu instituto coa coordinación de Dori desde a OMIX de Sanxenxo.

Parabéns polo traballo desenvolto!!!

Desde o IES nº 1 da Estrada envíannos dous videos, un cunha pequena mostra do seu traballo e outro coa valoración que fai o equipo de Correspondentes sobre o programa.

a estrada youtube2

a estrada youtube3

Parabéns a Goretti, Celsa María, Adrián, Sheila e Nuria. Tamén a Susana e a María Consuelo pola súa coordinación!!!

Desde Voluntariado do Concello de Ponteareas envíanos fotografías de Correspondentes Xuvenís.

En Ponteareas participan os seguintes centros educativos: IES A Cancela, CPR Inmaculada, IES O Barral, IES Pedra da Auga e IES Val de Tea.

IMG 20190529 123313

IMG 20190524 113559Parabéns todos e todas os Correspondentes de Ponteareas e a Voluntariado do concello pola súa coordinación!!

Desde o IES do Camiño de Palas de Rei despídense do programa Correspondnetes Xuvenís a trvés da súa cotna de Instagram e desde a web o instituto:

"Hoxe despedímonos da nosa participación no programa "Correspondentes xuvenís 3.0" en Radio Palas Fm, esta andaina comezou no mes de novembro e co curso académico rematando toca poñer un punto... o que non sabemos si será un punto seguido ou un punto final mentres quedámonos con todas as experiencias vividas que nos permitiron coñecer un mundo novo e poder informar aos oíntes das novas que nos chegaban semana tras semana.

Grazas a Vanesa que nos permitiu estar semana tras semana nas ondas e ao alumnado que participou nesta inicitiva: Lucía A., Daniela Margarita, Noemí, Silvia, Marcos, Álex, Adrián, Lucía O., Celia, Sonia, Laura e Noel."

palas de rei instagram radio2

Nos sumamos o noso agradecemento a todo o equipo de Correspondente e engadimos a Cristina que foi a coordinadora do programa.

Parabéns a todas e todos!!

O equipo de Correspondentes Xuvenís do CPR Divina Pastora de Ourense envíanos un divertido vídeo sobre o seu traballo diario como correspondentes xuvenís:

https://youtu.be/0mUBTco8KTQ

ourense. divina pastora2

Parabéns!!

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Francisco Aguiar son famosos/as, foron entrevistados e saen na TV:

https://www.instagram.com/p/BxicLM8ocM0/

betanzos. Francisco Aguiar2

O equipo de Correspondentes Xuvenís do CPI Domingo Fontán de Pontevedra está formado por Alba, Azahara, Lidia, Gabriel, Wuayra David, Alba, Marcos e Sergio. As profesoras responsables da coordinación son Sara Rosales e Susana Simó.

Pontevedra.TaboleiroDFontan

Ademais do taboleiro do seu centro, están a usar un blog e un taboleiro virtual:

https://correspondentesportas.blogspot.com/

http://picdeer.com/correspondentesportas

Se entrades no seu blog, encontraredes enlaces a blogues e a contas de instagram doutros equipos de Correspondentes Xuvenís de toda Galicia.

Parabéns polo voso traballo!!