En Carballo desenvolveuse a formación “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” , que intenta facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).
O sábado día 24 de febreiro desenvolveuse no Espazo Xove de Carballo unha lectura de poemas de Rosalía de Castro co gaio do aniversario do seu nacemento, dentro do programa Ti es Rosalía!
A Escola de tempo libre Querqus organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Betanzos
O curso celebrarase no Espazo Xove de Betanzos. Rúa Valdoncel 7
Datas:dende o 11 de febreiro ata o 27 de maio de 2017
Horario:sábados e algún domingo, de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:30 horas
Prezo:260 euros (con desconto 250 euros). Pódese fraccionar o pago e hai descontos por carné xove, membros de AA.XX, membros da fundación Fragas do Mandeo e desempregados
Máis información enetlquerqus@gmail.comteléfono 981 774 089 (polas tardes)
ESPAZO XOVE DE TUI
EXPOSICION DE FOTOGRAFIA: VIAXANDO
. Mostra das fotografías presentadas ao X Certame Viaxando organizado polas OMIXs de Salceda de Caselas, O Porriño, Baiona, Gondomar, A Guarda, O Rosal, Tomiño e o Espazo Xove de Tui
- Estará no Espazo Xove de Tui ata o 28 de decembro
- Foto gañadora: "La frontera entre el cielo y la tierra" de Cristina Araujo Acevedo
O Espazo Xove de Betanzos, dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, súmase á iniciativa do Proxecto “Tapones para una nueva vida”, nas súas dependencias da Rúa Valdoncel, Nº 7, recollendo todos aqueles tapóns de plástico que habitualmente tiramos ao lixo.. Estes tapóns de plástico poden ser de cualquer tipo: bebidas, deterxentes, condimentos…..
Os principais obxetivos da campaña son:
- Axudar a nenos sen recursos a acceder a un tratamento médico e/ou aparatos ortopédicos non regulados no sistema sanitario, co fin de mellorar a sua calidade de vida.
- Concienciar a toda a sociedade mediante a sua participación da facilidade que conleva o reciclaxe sinxelo. Realizando un simple xesto de gardar tapóns de plástico en lugar de levalos indiscriminadamente ao lixo.
Todas as persoas interesadas en colaborar poden depositar os tapóns no Espazo Xove de Betanzos en horario de tarde.
Con motivo da celebración do Día Mundial da Loita Contra a Sida, o Espazo Xove de Betanzos instalou, como en anos anteriores, unha mesa informativa. Colaborou nesta iniciativa a Asociación Xuvenil "Brigantium".
A mesa púxose diante da entrada do Espazo Xove, onde se repartiron á poboación moza lazos vermellos conmemorativos deste día, folletos, trípticos informativos sobre o tema e preservativos facilitados pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Xunta de Galicia.