OMIX (72)

obradoiroradio2014Carné Xove: Dende o mes de setembro xa se pode tramitar o Carné Xove nas bibliotecas municipais de Cerceda
Horarios
Biblioteca de Cerceda: de 15:30 a 19:30 h
Biblioteca da Silva: de 15:30 a 19:30 h

Programa Xuventude nas Ondas: Boletín semanal de información (convocatorias, axudas,...) dirixidas aos mozos e mozas.
Na Radio de Cerceda os mércores das 12:45 ás 13:00 h

Máis información no Concello de Cerceda, teléfono 981 685 001

PONTEVEDRAwww.xuventude.pontevedra.eu

 A nova web da  Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra

A web ten diferentes apartados ( actividades, formación, espectáculos, emprego, voluntariado...), contén un enlace para que a xente nova poda enviar as súas propias novas e se se quere , pode suscribirse a través dun sinxelo formulario a así recibir no seu enderezo electrónico e de forma semanal , un boletin de información coas últimas novas da web.

Os_ViadutosO Concello de Redondela convoca a XVI Edición do Certame de Relatos Curtos Os Viadutos.
PARTICIPANTES E OBRAS
Participará no certame  mocidade de entre 17 e 35 anos con obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial.
Os textos deberán ser orixinais, inéditos e non premiados nin recoñecidos ou seleccionados noutros certames.
Cada participante pode presentar un único relato. As obras estarán mecanografadas por unha cara a dobre espazo, tamaño de fonte 12, extensión mínima de dez folios e máxima de quince,  debidamente encadernadas. Ademais do orixinal axuntaranse tres copias.
LUGAR E PRAZO DE ENTREGA

 As obras entregaranse no Departamento de Xuventude do Concello de Redondela en horario de atención ao público.

O prazo de presentación rematará o 27 de novembro do 2015.
As obras poderán  enviarse por correo certificado ou por calquera dos supostos  previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (modificado polo artigo 27 do Real Decreto-Ley 8/2011 de 1 de xullo), ao  Departamento de Xuventude - Paseo da Xunqueira s/n- 36800 Redondela
PREMIOS

Concederanse dous premios: o primeiro dotado con 1.200 euros e o segundo con 600 euros.
O Xurado poderá conceder, en base á calidade das obra, ata dous accésits. Estes carecerán de dotación económica.
Bases de participación

Máis información:
Oficina de Información Xuvenil (OMIX)
Concello de Redondela
Correo Electrónico: omix@redondela.es
Teléfono: 986 400 798

TiElixes! 2015

Abr 27, 2015

tielixesO Centro Municipal de Información Xuvenil edita a guía TiElixes! 2015.
É unha guía de 80 páxinas cun directorio de recursos de educación e emprego e un repertorio das bolsas de diversas entidades convocadas nestes dous últimos anos.

Podes consultala en www.coruna.es/cmix/publicaciones

cmixacoruaO CMIX da Coruña ofrece dous novos servizos informativos para a mocidade: un servizo de asesoramento de iniciativas xuvenís e un servizo de orientación legal.
O servizo de asesoramento de inciativas xuvenís estará dispoñible no horario de atención ao público do CMIX. O servizo de orientación legal estará aberto de luns a xoves de 17 a 20 h., e permanecerá pechado no mes de agosto.
Ademais o servizo de asesoramento ás iniciativas xuvenís do CMIX xestiona a cesión de espacios a asociacions e grupos non formais no edificio Fórum Metropolitano.

Servizo de asesoramiento de iniciativas xuvenís
A través deste servizo preténdese ofrecer un servizo de asesoramiento integral a asociacións e grupos non formais de mozos. Deste xeito no CMIX poderase:
Recibir apoio durante todo o proceso de creación dunha asociación.
Ser informados sobre axudas, subvencións e de como se realizan os procesos de solicitude destas convocatorias.
Difundir a través das canles do CMIX as iniciativas de interese xuvenil realizados por estas entidades.
Ademais tamén se cederán espazos no Fórum Metropolitano a entidades xuvenís ou entidades que realicen eventos de interese xuvenil e que non teñan ánimo de lucro. Estes espazos poderán solicitarse no Centro Municipal de Información Xuvenil.

Servizo de orientación legal:
Este servizo, atendido por unha licenciada en dereito, ten como obxectivo informar de forma personalizada e gratuita sobre diversos temas de ámbito xurídico que afectan habitualmente ás persoas novas: dereitos da mocidade, como facer un recurso ou unha reclamación, temas relacionados coa vivenda, multas, etc.
Destinado preferentemente á mocidade en horario de luns a xoves de 17 a 20 h. Esta aberto todo o ano, excepto o mes de agosto.
Este servizo non inclúe, en ningún caso, defensa legal, e o usuario deberá recurrir aos servizos dun avogado/a, particular ou de oficio, cando se plantexa unha demanda xudicial.

Máis información

Centro municipal de información xuvenil
R/ Río Monelos 1
15006 A Coruña

Teléfono: 981 184 294
cmix@coruna.es
www.coruna.es/nex

salaexposicionsacorua1O Concello da Coruña estrea unha sala de exposicións para mozos e mozas creadores de entre 15 e 35 anos, vinculados á cidade de Coruña, é dicir, que nacesen, residan, traballen ou estuden nela. Os menores de idade deberán estar representados polo seu pai/nai/titor legal.
Tamén vai dirixida a:
Os colectivos de artistas, polo menos o 75% da persoas que integren o dito colectivo deberán cumprir os requisitos.
Centros educativos que impartan estudos regrados oficiais vinculados coa creación artística.
Entidades sen ánimo de lucro, que queiran promover unha exposición vinculada coa creación ou cultura xuvenil.
As obras expostas pertencerán, en sentido amplo, ás incluídas no campo das artes visuais (debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, perfomance, pintura, videoarte, etc), sempre que se poidan axustar ao espazo expositivo e o seu equipamento.

A sala está dotada de iluminación, sistemas de suxeición e soportes adecuados para a exposición de artes plásticas e/ou arte multimedia, e conta con acceso a Internet a través de rede Wifi.

Condicións de uso:
A cesión do espazo expositivo será totalmente gratuíta. O período de cesión máxima da Sala será de 20 días hábiles.

Máis información:
Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Rio Monelos 1
15006 A Coruña
cmix@coruna.es
www.coruna.es/nex
Teléfono 981 184 294

obradoiroradio2014Carné Xove: Dende o mes de setembro xa se pode tramitar o Carné Xove nas bibliotecas municipais de Cerceda
Horarios
Biblioteca de Cerceda: de 15:30 a 19:30 h
Biblioteca da Silva: de 15:30 a 19:30 h

Programa Xuventude nas Ondas: Boletín semanal de información (convocatorias, axudas,...) dirixidas aos mozos e mozas.
Na Radio de Cerceda os mércores das 12:45 ás 13:00 h

Máis información no Concello de Cerceda, teléfono 981 685 001

virxeloretoO Concello de Irixoa organiza atividades para este verán que podes consultar aquí.

Os posuidores do carné xove terán un desconto do 15% en diversas actividades.