A Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña elaboran e publican a edición 2023 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade informar e asesorar ao alumnado sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos.
Podes obter máis información nos Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Teléfono: 981 184 294
WhatsApp: 606 362 366
Email: cmix@coruna.gal
https://twitter.com/MocidadeCoruna
https://www.facebook.com/mocidadecoruna/
Por Fin é Venres!
Novo programa de actividades proposto pola Casa da Arrigada (Cambre) e a Casa das Palmeiras (O Temple) que se levará a cabo este mes de marzo.
As actividades son gratuítas e están destinadas á mocidade de entre 12 a 30 anos.
Que actividades faremos?
Casa das Palmeiras: Torneo de VIRUS - Cociña: Tequeños - Historia do MANGA e do ANIME - Obradoiro de COIRO - Repintado de BANCOS da Casa das Palmeiras
Casa Arrigada: Obradoiro PINTA CON LUZ - Venres de CINE - AGASALLOS feitos a man - Ponte en FORMA! - DISCO-FESTA
Máis información
Páxina web
Casa da Arrigada: Estrada Estación, 52, 15660 Cambre, A Coruña - Tlf.:981 61 31 70
Casa das Palmeiras: Rúa Temple, 50, 15679 O Temple, A Coruña - Tlf.:981 65 02 69
Destinado a xoves de 14 a 20 anos. Todas as actividades son de balde.
OMIX de Miño
Rúa da Carreira, N.º 38
15630 Miño
Teléfono 981 784 405
cristina.rodriguez@concellodemino.gal
https://www.concellodemino.gal/gl/post/programacion-culturalpara-a-mocidade
O programa deste ano vai desde o 27 de xaneiro até o 1 de abril, propiciando 16 xornadas cun horario de actividades que oscila entre as 18 horas e 00.30 da noite. Todos os venres e sábados haberá que escoller que facer e con que divertirse.
As actividades parten de diversos sectores da poboación como son «empresas locais e asociacións da cidade, ademais de clubs deportivos e tamén propostas individuais».
Noites Abertas ten como un dos seus obxectivos clave como é o fomento da participación cidadá; propostas míticas como cestaría, observación nocturna no Gafos, billarda, tenis de mesa, bádminton, fútbol 7 mixto, a lámpada marabillosa. Introdúcese algunha nova como o Escape Room en Santa Clara, de realidade virtual con Gaming Troop, pintura de miniaturas e wargames con Rotting Pizza.
Mocidade do Concello de Teo abre o Punto xove na Mediateca do Grilo.
Os sábados a biblioteca de Cacheiras estará aberta coma un espazo propio para a mocidade. Un lugar de encontro para estar, ler, compartir, xogar...
Sábados
Horario: 17:00 a 19:00 horas
Mediateca do Grilo
Idades de 12 a 18 anos. Non é preciso anotarse.
Esta idea xorde do Fopia, o Foro de participación da infancia e adolescencia de Teo, que demandan un local para a mocidade teense no que poder pasar tempo de ocio.
Desde as Casas da Xuventude promóvese unha campaña de recollida de alimentos e produtos de Nadal destinada á Despensa Municipal de Alimentos. Os puntos de recollida están instalados en ambas Casas.
Para quen?
Os alimentos recollidos irán destinados á Despensa Municipal de Alimentos de Cambre.
Que tipo de alimentos se recollerán?
Produtos de alimentación non perecedoiros e produtos de repostería típicos do Nadal.
Cando?
A recollida de alimentos terá lugar ata o día 05 de xaneiro de 2023
Onde?
Recolleranse nas casas da Xuventude:
Casa da Arrigada:Estrada Estación, 52, 15660 Cambre, A Coruña - Tlf.:981 61 31 70
Casa das Palmeiras: Rúa Temple, 50, 15679 O Temple, A Coruña - Tlf.:981 65 02 69
Desde Xuventude do Concello de Cambre compartimos a programación de Nadal 2022-2023.
Actividades gratuitas para mocidade de 12 a 30 anos
Inscricións: https://forms.gle/LbmJ4sa4Jadpr9KD8
CASA ARRIGADA: KDADAS DE NADAL - EU RECICLO, TI RECICLAS, NÓS RECICLAMOS
23 de decembro. Vernizado de niños para paxaros e morcegos
26, 27 e 28 de decembro. Hotel de insectos
27 de decembro. Escape Room: A viaxe, cando escapar non é un xogo, en colaboración con Asemblea de Cooperación Pola Paz - Galicia
29 de decembro. Customización de roupa e propósitos de ano novo medioambientais
30 de decembro. Festa de Pre Fin de Ano
2 de xaneiro. Xabón líquido caseiro
3 de xaneiro. Mural con follas
4 de xaneiro. Creación de portafotos
CASA DAS PALMEIRAS: KDADAS DE NADAL - PONTE NO MEU LUGAR
Mañás
27, 28, 29 de decembro. Obradoiro de Lingua de signos - iniciación
Tardes
23 de decembro. Obradoiro de Cupcakes
26 de decembro. Adornos de Nadal con materiais reciclados
27 de decembro. Escape Room: A viaxe, cando escapar non é un xogo, en colaboración con Asemblea de Cooperación Pola Paz - Galicia
28 de decembro. Xincana Ponte no meu lugar
29 de decembro. Preparación de photocall e outras preparacións para a festa de pre-fin de ano
30 de decembro. Festa de Pre Fin de Ano, con xogos e quedada para tomar as "pre uvas"
2 de xaneiro. Propósitos de Ano Novo
3 de xaneiro. Tarde de Videoxogos
4 de xaneiro. Xogos de Mesa, elaborando un xogo inclusivo
Máis información
App OMIX Cambre
omix.cambre.es
Casa das Palmeiras: Tlf.:981 650 269
pixtemple@cambre.org