Anuncio da apertura do prazo de solicitudes para varias prazas convocadas polo Concello da Coruña.
No «Boletín oficial da provincia da Coruña» número 231, do 3 de decembro de 2021, publicáronse as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
Tres prazas de Inspector/a de a Policía Local, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais, clase Policía Local, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
Unha praza de Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Técnicos Medios, subgrupo A2, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado (BOE Núm. 11 do xoves 13 de xaneiro de 2022).
Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
O Concello de Redondela ven de convocar unha bolsa de traballo de carácter temporal de TÉCNICOS/AS DE PROSPECCIÓN LABORAL (Grupo A, Subgrupo A2), mediante concurso-oposición libre.
A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral ou na sede electrónica do Concello de Redondela ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles, a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 250 do mércores 29 de decembro de 2021.
As bases publicaranse integramente na sede electrónica, na páxina web (www.redondela.gal, no apartado de emprego público, persoal laboral temporal) e no taboleiro de anuncios do Concello de Redondela.
Convocatoria e bases para a creación DUNHA BOLSA DE EMPREGO para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as do grupo C, subgrupo C2, escala Administración Xeral, subescala AUXILIAR ADMINISTRATIVO, polo procedemento de oposición libre no Concello de Lalín.
O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincial de Pontevedra Núm. 248 do Luns, 27 de decembro de 2021.
Procesos selectivos de Persoal de Administración e Servizos (PAS) na Universidade de Vigo con prazo de presentación aberto:
Técnico/a Especialista de Física
Prazo: 23/12/2021 - 20/01/2022
Técnico/a Medio de Actividades Aeroespaciais
Prazo: 23/12/2021 - 20/01/2022
Técnico/a Medio Tecnoloxías da Información e Comunicacións
Prazo: 23/12/2021 - 20/01/2022
Técnico/a Superior de Microscopía Electrónica
Prazo: 28/12/2021 - 25/01/2022
Técnico/a Superior de Análise Instrumental
Prazo: 28/12/2021 - 25/01/2022
Técnico/a Superior de Normalización Lingüística
Prazo: 28/12/2021 - 25/01/2022
Técnico/a Superior de Calidade
Prazo: 28/12/2021 - 25/01/2022
Técnico/a Superior de Determinación estrutural e proteómica
Prazo: 28/12/2021 - 25/01/2022
Técnico/a especialista de Transporte e Distribución
Prazo: 28/12/2021 - 25/01/2022
Técnico/a Superior de Xenómica
Prazo: 28/12/2021 - 25/01/2022
Técnico/a Superior de Biotecnoloxía
Prazo: 29/12/2021 - 26/01/2022
Técnico/a Superior de Relacións Institucionais
Prazo: 29/12/2021 - 26/01/2022
Técnico/a Superior de Xestión ambiental
Prazo: 29/12/2021 - 26/01/2022
Máis información en Universidade de Vigo
Aberto o prazo de presentación de solicitudes para unha praza de Arquitecto (funcionario/a de carreira) polo sistema selectivo de concurso-oposición libre no Concello de Boiro.
O prazo é de 20 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado.Núm. 311 do martes 28 de diciembre de 2021.
O Concello de Boiro ven de publicar a convocatoria e bases selección para contratación e formación de bolsa de emprego de orientador/a laboral PIE.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
A Universidade de Vigo ven de publicar a oferta de emprego público (OEP) do persoal de administración e servizos para o ano 2021.
As convocatorias dos procesos selectivos de acceso libre derivadas desta oferta publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, para garantir a publicidade exixida no artigo 75.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.
Información completa no DOG 247 do Luns, 27 de decembro de 2021.
O Concello de Vilasantar necesita contratar un/ha Traballador/a social e crear unha lista de contratación.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de decembro de 2021.
Máis información no BOP da Coruña do 15 de decembro de 2021.
O Concello de Rubiá necesita contratar un/ha Traballador/a social
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 17 de decembro de 2021.
Máis información no BOP de Ourense do 10 de decembro de 2021.
A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne necesita contratar persoal temporal.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de decembro de 2021.
Máis información no DOG do 1 de decembro de 2021 e en www.ceteca.net