Publicadas as bases de selección e convocatoria para o nomeamento dous/dúas funcionarios/as interinos/as, grupo A2, subgrupo A2, escala de administración especial, subescala técnica media, denominación técnico/a orientador/a profesional para a inserción do Programa Integrado de Emprego de Galicia.
As bases íntegras do proceso selectivo atópanse publicadas no taboleiro electrónico da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol: https://comarcaferrolterra.wordpress.com/taboleiro-de-anuncios/
A presentación de instancias farase no prazo de 8 días hábiles a partir do seguinte á publicación deste anuncio no BOP da Coruña.
No «Boletín oficial da provincia da Coruña» número 187, do 30 de setembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e no «Boletín Oficial da Provincia de Coruña» número 193 de 11 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases específicas que han de rexer a convocatoria para prover as seguintes prazas do persoal de persoal laboral fixo:
Unha praza de Axente TIC, xornada parcial, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Unha praza de Técnico en animación actividades deportivas, xornada completa, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Unha praza de Peón tractorista e mantemento, xornada completa, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Unha praza de Peón de mantemento, xornada completa, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Catro prazas de Auxiliar de axuda no fogar, xornada completa, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Unha praza de Auxiliar de axuda no fogar, xornada parcial, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Unha praza de Auxiliar de axuda no fogar, xornada completa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Publicouse extracto de convocatoria no «Diario Oficial de Galicia» número 187, do 7 de novembro de 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no «Boletín oficial da provincia da Coruña» e nos taboleiros de anuncios do Concello de Vilasantar.
BASES PARA A SELECCIÓN DUN/DUNHA ENCARGADO/A DE OBRAS NO CONCELLO DE O SAVIÑAO
As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Máis información no BOP de Lugo do 11 de novembro de 2022.
BASES PARA A SELECCIÓN DUN/DUNHA TRABALLADOR/A SOCIAL POR CONCURSO-OPOSICION E CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA SUBSTITUCIÓNS NO CONCELLO DE O SAVIÑAO.
As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de O Saviñao e presentaranse no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Máis información no BOP de Lugo do 11 de novembro de 2022.
Ampliación da bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes: No rexistro do Concello de Folgoso do Courel no prazo de cinco días hábiles a contar a partir da publicación deste anuncio no BOP.
As bases completas publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Folgoso do Courel (https://folgosodocourel.sedelectronica.es).
Convócanse os procesos selectivos para a selección de docentes para impartir as seguintes especialidades e os seus módulos transversais. Cursos:
COCIÑA
ATENCIÓN SOC. SANIT. PEROSAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS
ATENCIÓN SOC. SANIT. PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO
SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS
SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS
COMPETENCIAS CLAVE N2 PARA CERT. PROF. CON IDIOMA GALEGO
MONTAXE E MANTEMENTO INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICA
INSTALACIÓN DE MOBLES
FINANCIACIÓN DE EMPRESAS
Módulos transversais:
ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES
INSERCIÓN LABORAL, SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL E NA IGUALDADE DE XÉNERO
FORMACIÓN PARA A IGUALDADE
O prazo de presentación será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información no BOP de A Coruña do 11 de novembro de 2022.
ANUNCIO DAS BASES E CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFECCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AXENTES DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL EN BOIRO.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Máis información no BOP de A Coruña do 11 de novembro de 2022.
CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE PROFESORES DO CONSERVATORIO MUNICIPAL
Aprobadas as bases para a constitución a través do sistema de provisión que se sinale para cada posto de traballo, de Bolsas de Traballo no Concello da Guarda, que permitan a cobertura interina das seguintes prazas no Conservatorio Municipal:
— Profesor de piano
— Profesor de violín
— Profesor de gaita
— Profesor de vento metal
— Profesor vento madeira
— Profesor guitarra
— Profesor linguaxe musical
As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, na forma sinalada nas bases.
As bases estarán a disposición dos interesados nas dependencias do Concello da Guarda e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (www.aguarda.sedelectronica.gal)
Bases para a provisión interina dunha praza Conserxe. O contrato será de duración determinada por substitución a xornada completa.
O prazo para a presentación de instancias será de 10 días naturais, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO.
As Bases do proceso selectivo publicaranse no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello da Estrada, na web municipal e no Portal de Transparencia.
Bases para a creacción dunha Bolsa de Emprego para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as da Escala de Administración Xeral, Subescala subalterno.
O prazo para a presentación de instancias será de 10 días naturais, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO.
As Bases do proceso selectivo publicaranse no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello da Estrada, na web municipal e no Portal de Transparencia.