A Deputación Provincial de Ourense abre un prazo para inscribirse nas listas de contratación de persoal laboral de Chofer especialista e Legoeiro/a,
O prazo para a súa presentación estará aberto ata o 12 de xuño de 2023
Máis información no BOP de Ourense do 11 de maio de 2023
O Concello de Vilarmaior necesita contratar un/ha Xuíz/a de paz titular.
Non se pide ningunha titulación específica.
Prazo: 25 de abril de 2023.
Máis información no BOP da Coruña do 31 de marzo de 2023.
Paradores de Turismo de España lanza unha oferta de 106 vacantes na súa rede de paradores distribuídos por todo o territorio nacional. Os postos de traballo están financiados pola Unión Europea-Next Generation EU e desenvólvense no marco do Proxecto Primeira Experiencia Profesional nas administracións públicas cuxo obxectivo é impulsar o Emprego Novo.
Requisitos
• Maior de 16 e menor de 30 anos
• Contar coa acreditación de completar os estudos correspondentes
• Estar rexistrado/a como demandante de emprego
Prazas dispoñibles
22 vacantes de cociñeira/o
13 vacantes de camareira/o
O programa Primeira experiencia profesional nas administracións públicas Prazas Primeira experiencia profesionais é un dos proxectos previsto no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia PRTR que quere facilitar ás persoas mozas empezar unha carreira profesional e adquirir á vez, competencias útiles como a empatía, os dotes de liderado ou a capacidade de adaptación.
Podes enviar a túa candidatura á dirección de correo electrónico: pex@parador.es
Máis información en www.sepe.es