Emprego público (246)

CONTRATACIÓN DUN/HA TÉCNICO/A DE ATENCIÓN AO MUSEO ARQUEOLÓXICO ABERTO DE CARNOTA

Por resolución da Alcaldía de data 11/07/2018 aprobáronse as bases para a contratación de persoal laboral temporal dun/ha técnico/a de atención ao Museo Arqueolóxico Aberto de Carnota.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo, no prazo de cinco (5) días hábiles dende a publicación deste anuncio no BOP (BOP do 16/07/2018), poderán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Carnota, sen prexuízo do establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

O texto íntegro das bases está ao dispor do público na páxina dixital da Corporación (carnota.gal) e nas oficinas municipais.

Información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/07/16/2018_0000005258.pdf

Selección de persoal para a realización de traballos de salvamento e socorrismo nas praias do Concello de Pontedeume. Segunda Convocatoria 2018.

Por Decreto de Alcaldía 449.2018 de 13.07.2018, resolveuse convocar o proceso para a selección de persoal para a realización de traballos de salvamento e socorrismo nas praias do Concello de Pontedeume. Segunda Convocatoria 2018, cuxo contido se transcribe, en estrato: “…//…

PRIMEIRO.- Convocar un novo proceso de selección para a contratación de un/ha traballador/a, persoal laboral temporal (modalidade de obra ou servizo), para a realización de traballos de salvamento e socorrismo nas praias do Concello de Pontedeume.

SEGUNDO.- O proceso selectivo rexerase polo disposto nas bases da convocatoria aprobadas por Resolución de Alcaldía número 307/2018 de 01.06.2018, publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP), nº 104 de 4 de xuño de 2018.

Información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/07/17/2018_0000005398.pdf

Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres (3) técnicos en primeiros auxilios

A Alcaldía do Concello de Sada aprobou por resolución de data de hoxe a seguinte convocatoria de selección de persoal laboral temporal:

Denominación posto: 3 técnicos en primeiros auxilios.

Sistema selectivo: concurso-oposición libre.

Prazo presentación instancias: 3 días hábiles contados a partir do 19/07/2018.

As bases da convocatoria estarán expostas ao público e a disposición das persoas interesadas nas Oficinas Municipais, Unidade de Persoal, Avda. da Mariña, 25, Tfno. 981 620 075, e na páxina web municipal www.sada.gal. O prazo de presentación de instancias contarase a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

Información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/07/18/2018_0000005412.html

 

O Concello de Samos necesita contratar:
1 xefe/a de brigada
1 peón condutor/a
3 peóns
3 condutores/as vehículo motobomba
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de xullo de 2018
Máis información no BOP de Lugo do 25 de xuño de 2018

O Concello de Viana do Bolo necesita contatar un/ha Conserxe para o colexio público “Bibei”
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de marzo de 2018
Máis información no BOP de Ourense do 21 de marzo de 2018 e na web municipal www.vianadobolo.es

A Universidade da Coruña convoca a concurso público prazas de profesor contratado doutor:
2 prazas na Facultade de Ciencias da Comunicación
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de abril de 2018
Máis información no DOG do 16 de marzo de 2018 e en http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion

O Concello de Mañón necesita contatar un/ha administrativo/a.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de marzo de 2018
Máis información no BOP da Coruña do 27 de febreiro de 2018 e en www.manon.es

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) convoca un proceso selectivo para a contratación temporal, dun/dunha titulado/a superior en Química para proxectos específicos de investigación científica e técnica con cargo ao proxecto denominado Mellora analítica da detección de toxinas en moluscos bivalvos para maximizar o fluxo de traballo en sistemas de control-MADeTox, subvencionado pola Consellería do Mar.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 5 de febreiro de 2018.
Máis información no DOG do 25 de xaneiro de 2018 e en http://www.intecmar.gal/transparencia/Convocatorias

O Concello do Barco de valdeorras necesita contratar un/ha docnete para impartir as tres UC e o módulo de prácticas profesionais non laborais que forman parte do temario do curso do Plan AFD, correspondente a un certificado de profesionalidade de nivel 2, denominado Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 22 de xaneiro de 2018.
Máis información no BOP de Ourense do 15 de xaneiro de 2018

Médico/a Especialista en Medicina do Traballo

A Universidade de Granada convoca probas selectivas para cubrir 1 praza de persoal funcionario da Escala Técnica Profesional Especialidade de Saúde Laboral e Deportiva (Médico/a Especialista en Medicina do Traballo) da Universidade de Granada (Subgrupo A1), polo sistema de concurso-oposición libre

Máis información: BOE Núm. 3 Mércores 3 de xaneiro de 2018

https://www.boe.es/boe/dias/2018/01/03/pdfs/BOE-A-2018-71.pdf