A Axencia Galega da Calidade Alimentaria convoca un proceso selectivo para a contratación como persoal laboral fixo:
1 técnico/a superior, licenciado/a en ciencias económicas.
1 xefe/a de negociado
4 titulados/as superiores para a realización de proxectos de investigación científica e técnica no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e no Centro de Investigación Forestal de Lourizán
O prazo para presetar solicitudes estará aberto desde o 16 de xaneiro ata o 10 de febreiro de 2023.
https://mediorural.xunta.gal/gl/conselleria/organismos-adscritos/axencia-galega-da-calidade-alimentaria/documentacion
Máis información no DOG do 12 de xaneiro de 2023
O Concello da Capela necesita contratar xuíz/a de paz substituto/a.
Non se pide ningunha titulación específica.
Prazo: 8 de febreiro de 2023.
Máis información no BOP da Coruña do 11 de xaneiro de 2023.
O Concello de Cualedro convoca concurso oposición para cubrir as seguinte prazas:
Unha praza de enxeñeiro técnico.
Unha praza de operario condutor rozadora.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de febreiro de 2023
Mási información no BOE do 10 de xaneiro de 2023