Emprego público (194)

Prazas de Técnico de Administración Xeral e de Técnico de Xestión para o Concello de Porto do Son
 
INSCRICIÓNS: Ata o 19/06/2023
 
REQUISITOS:
Nacionalidade española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou de calquera daqueles Estados ós que en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos na normativa vixente. 
Ter cumpridos a lo menos 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa. 
Praza de Técnico de Administración Xeral: licenciatura, enxeñería, arquitectura ou grao.
Praza de Técnico de Xestión: diplomatura universitaria, grao ou equivalente.
 
CONTACTO:
Concello de Porto do Son
Atalaia nº 7. Porto do Son (A Coruña)
Tel. 981 86 74 12
 
Públicación: 
Técnico de Administración Xeral: BOP 27/04/2023
Técnico de Xestión: BOP 27/04/2023

Concello de Sada

Mai 29, 2023
Bolsa de emprego para postos de Psicóloga/o no Concello de Sada
 
INSCRICIÓNS: Ata o 31/05/2023
 
REQUISITOS:
Título de grao universitario ou licenciatura universitaria en Psicoloxía, ou outro título equivalente de conformidade coa normativa de aplicación.
Título CELGA 4 ou outros títulos oficiais equivalentes. No caso de non acreditalo realizarase unha proba de coñecemento da lingua galega.
 
PÁXINA WEB: www.sada.gal
 
CONTACTO:
Concello de Sada. Unidade de Persoal
Avenida da Mariña, 25, Sada (A Coruña)
Tfno.: 981 620 075 
 
Publicación: BOP 24/05/2023
Listaxes para a cobertura provisional de postos de porteiro/a vixiante e de técnico/a superior en comunicación no Auditorio de Galicia
 
INSCRICIÓNS: Ata o 31/05/2023
 
REQUISITOS:
Ter a nacionalidade española, ser nacional dun estado membro da Unión Europea ou de Estados aos que lles sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras.  
Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
Porteiro/a-vixiante: título de graduado/a en educación secundaria, formación profesional de primeiro grao, equivalente ou superior. 
Técnico/a superior en comunicación: título universitario de grao ou licenciatura en Xornalismo, Ciencias da Información, Comunicación Audiovisual ou equivalentes.
 
PÁXINA WEB: www.compostelacultura.gal
 
CONTACTO:
Auditorio de Galicia
Avenida do Burgo das Nacións s/n. 15705 Santiago de Compostela
Tlf: 981 552 290
 
Publicación: 
Porteiro/a-vixiante: BOP 23/05/2023
Técnico/a superior en comunicación: BOP 23/05/2023
6 socorristas para a unidade de socorrismo acuático do Concello de Malpica de Bergantiños
 
INSCRICIÓNS: Ata o 29/05/2023
 
REQUISITOS:
Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 do TREBEP.
Ter cumpridos dezaseis años de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia (sección: socorristas espazos acuáticos naturais). En defecto de inscrición, ter presentada a solicitude de inscrición no citado Rexistro Profesional, sempre que desde a data de presentación da solicitude non teña transcorrido o prazo de 3 meses de que dispón a Academia Galega de Seguridade Pública para ditar resolución expresa. Neste caso deberase achegar, xunto coa solicitude de participación no proceso selectivo, copia da solicitude de inscrición así como a acreditación da formación mínima para o exercicio da actividade de socorrismo en espazos acuáticos naturais. 
 
PÁXINA WEB: www.concellomalpica.com
 
CONTACTO:
Concello de Malpica de Bergantiños
Rúa Emilio González 1. Casa do Concello. 15113 Malpica (A Coruña)
Tel. 981 720 001
 
Publicación: BOP 24/05/2023
Listaxe de persoal administrativo para o Concello de Curtis
 
INSCRICIÓNS: Ata o 02/06/2023
 
REQUISITOS:
Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter outra nacionalidade que lle permita o acceso ao emprego público, conforme aos artigos 56 e 57 do TREBEP e ao art. 52 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia.
Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso da idade máxima de xubilación forzosa.
Título de bacharelato, técnico ou equivalentes. 
 
PÁXINA WEB: www.curtis.gal
 
CONTACTO:
Concello de Curtis
Praza de España, 1. 15310 Teixeiro - Curtis (A Coruña)
Telf. 981 789 003
 
 

Concello de Muros

Mai 25, 2023
1 praza de conserxe e 1 praza de peón especialista para o Concello de Muros
 
INSCRICIÓNS: Ata o 15/06/2023
 
REQUISITOS:
Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP), respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados.
Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
Conserxe:
Título de educación primaria, certificado de escolaridade, superior ou equivalente ou superior. 
Título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 1. As persoas aspirantes que non o acrediten deberán superar unha proba. 
Certificado de delitos de natureza sexuais.
Peón especialista:
Título de graduado en ESO, ou equivalente ou superior.
Título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 2. As persoas aspirantes que non o acrediten deberán superar unha proba.
Carné de conducir tipo B.
 
PÁXINA WEB: http://muros.gal/
 
CONTACTO:
Concello de Muros
Curro da Praza, 1. 15250 Muros (A Coruña)
Tel. 981 826 050
 
Publicación: 
Conserxe: 
BOP 24/04/2023
 
Peón especialista:
BOP 24/04/2023
32 socorristas para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático do Concello de Carballo
 
INSCRICIÓNS: Ata o 02/06/2023
 
REQUISITOS:
Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou doutros Estados, nos termos previstos no artigo 57 do TREBEP. 
Ter cumpridos 18 años de idade.
Estar inscrito no Rexistro Profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia (sección: socorristas en espazos acuáticos naturais). En defecto de inscrición, ter presentada a solicitude de inscrición no citado Rexistro Profesional, sempre que desde a data de presentación da solicitude non teña transcorrido o prazo de 3 meses de que dispón a Academia Galega de Seguridade Pública para ditar resolución expresa. Neste caso deberase achegar, xunto coa solicitude de participación no proceso selectivo, copia de dita solicitude de inscrición no Rexistro Profesional así como da documentación acreditativa da formación mínima esixible para a inscrición na sección de socorristas en espazos acuáticos naturais.
Estar en posesión do CELGA 2 ou equivalente, para as persoas aspirantes que opten a categoría de socorrista, e do CELGA 3 ou equivalente para aquelas persoas aspirantes que opten a categoría de coordinador socorrista. As persoas aspirantes que non acrediten o dito coñecemento da Lingua Galega deberán realizar unha proba específica de coñecemento de lingua galega.
Aspirantes que opten á categoría de coordinador/socorrista, deberán estar en posesión do titulo de graduado en ESO, graduado escolar ou equivalente. 
 
PÁXINA WEB: www.carballo.gal
 
CONTACTO:
Concello de Carballo
Praza do Concello s/n. 15100 Carballo (A Coruña)
Teléfono 981 70 41 00  
 
Publicación: BOP 19/05/2023
 
124 prazas do Corpo de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas
 
INSCRICIÓNS: Ata o 14/06/2023
 
REQUISITOS:
Título de Enxeñería Técnica de Obras Públicas en calquera das súas especialidades ou aquel que habilite para o exercicio desta profesión regulada.
 
PÁXINA WEB: www.mitma.gob.es
 
CONTACTO:
Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana
Paseo da Castelá, 67, 28071 Madrid
Correo electrónico: itop.seleccion@mitma.es
Teléfono de información da Administración xeral do Estado: 060
 
Publicación: BOE 17/05/2023
150 prazas do Corpo de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos do Estado
 
INSCRICIÓNS: Ata o 14/06/2023
 
REQUISITOS:
Título de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos ou aquel que habilite para o exercicio desta profesión regulada.
 
PÁXINA WEB: www.mitma.gob.es
 
CONTACTO:
Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana
Paseo da Castelá, 67, 28071 Madrid
Correo electrónico: iccp.seleccion@mitma.es
Teléfono de información da Administración xeral do Estado: 060
 
Publicación: BOE 17/05/2023

Concello de Neda

Mai 24, 2023
Técnico/a de xestión xurídico/a para o Concello de Neda
 
INSCRICIÓNS: Ata o 07/06/2023
 
REQUISITOS:
Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TREBEP e do artigo 52 da LEPG, respecto do acceso ao emprego público por nacionais doutros Estados. 
Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa. 
Título de Grao ou Licenciatura en Dereito, ou titulación equivalente.
CELGA 4 ou acreditación do coñecemento da lingua galega equivalente. As persoas aspirantes que non acrediten o anterior, deberán realizar unha proba.
 
PÁXINA WEB: https://neda.gal/
 
CONTACTO:
Concello de Neda
Avenida Algeciras 34. 15510 Neda (A Coruña)
Teléfono: 981 38 00 39
 
Publicación: BOP 24/05/2023