Xa podes disfrutar da exposición virtual das ilustracións seleccionadas polo Injve no concurso #30díasencasa
http://www.injuve.es/creacionjoven/noticia/ilustraciones-30diasencasa
O Concello de Pradela convoca o XXV Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López.
Poderán concorrer anualmente ao Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, admitíndose unha soa obra por categoría e autor.
Categorías e requisitos das obras.
Narrativa:
Os relatos terán unha extensión máxima de vinte folios, sen mínimo, mecanografadas (ou a ordenador) e a dobre espazo.
Poesía:
As obras de poesía terán unha extensión máxima de 100 versos.
En ambas categorías, deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou en castelán, debendo estar rematadas con carácter previo á convocatoria.
Especial Camiño de Santiago:
Cos mesmos requisitos sinalados nos parágrafos anteriores, tendo en conta a celebración da XXV Edición do Certame, o paso do Camiño Francés por Paradela e a celebración no Ano 2021 do Ano Xacobeo, créase para esta Edición unha modalidade relativa ao Camiño de Santiago, en especial referida ao Camiño Francés ao seu paso por Paradela.
Nesta modalidade concorrerán de xeito conxunto tanto as obras de narrativa coma as de poesía.
Presentación das obras.
O prazo de entrega stará aberto ata o 30 de novembro de 2019.
Enviarase un único exemplar, sen sinatura e cun lema, ao seguinte enderezo:
CONCELLO DE PARADELA
Certame literario
(Modalidade Poesía/Narrativa/Especial Camiño de Santiago)
Rúa Cabaleiros de Santiago, nº 15
27611 Paradela. Lugo
En sobre aparte e pechado, constará o lema que distinga o traballo, e no interior o nome e apelidos do autor/a, DNI ou pasaporte, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é axustada ás normas contidas na base segunda. Abriranse soamente os sobres dos traballos premiados.
No caso de que as obras se remitan mediante correo electrónico, á conta oix.paradela@eidolocal.es, deberán enviarse no mesmo correo electrónico, dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro onde constará o lema que distinga o traballo, no que conterá, no seu interior, o nome e apelidos do autor/a, D.N.I. ou pasaporte, domicilio, teléfono, poboación de residencia, dirección de correo electrónico (no seu caso) e declaración formal de que a obra é axustada ás normas.
Os arquivos PDF referenciaranse do seguinte xeito:
- Datos persoais ou plica, co título da obra.
- O título da obra.
Premios.
Modalidade narrativa:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
Modalidade poesía:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
Modalidade especial Camiño de Santiago:
1º Premio: 1.000 €
http://www.paradela.es/sites/default/files/Bases_Certame_Literario-castelan.pdf
Chega unha nova edición de Xeracións, a convocatoria dirixida a artistas emerxentes. Se tes un proxecto de calquera manifestación artística, plástica ou visual esperando a facerse realidade, podes envialo ata o 22 de abril.
Xeracións xorde no ano 2000 co obxectivo de ofrecer unha plataforma, dedicada á arte actual, para mostrar o traballo de mozos creadores e difundir anualmente estas propostas artísticas entre a crítica especializada e o público xeral.
A Fundación Montemadrid posibilita, aos creadores menores de 35 anos, desenvolver un amplo proxecto, que pode non estar finalizado, permitindo aos xurados deterse nos procesos creativos. O resultado é unha exposición na que se mostran os oito proxectos gañadores de Xeración 2020 que serán presentados no mes de febreiro do próximo ano na Casa Encendida.
Seleccionaranse ata 8 proxectos artísticos.
Cada participante presentará un traballo inédito, que pode estar ou non terminado, de calquera manifestación artística, plástica ou visual. O proxecto presentado á convocatoria premiado polo xurado non poderá variar da obra exposta na mostra.
O prazo para a total finalización do traballo será decembro de 2019. Se o proxecto presentado xa está finalizado, non debe ser anterior ao ano 2018 e non pode mostrarse previamente, nin facelo ata a inauguración da exposición.
Os participantes inscribiranse a través de www.lacasaencendida.es Deberán encher un formulario e achegar a seguinte documentación: un CV e DNI ou tarxeta de residencia en formato pdf, un resumo do proxecto que presentan (máximo 1500 caracteres, espazos incluídos) xunto con material gráfico da parte do proxecto plástico ou visual que xa este producida e calquera tipo de debuxo, esquema, ilustración se non o está, tal e como se solicita na Web. A organización admitirá nesta convocatoria todo tipo de traballos visuais sen limitacións artísticas nin técnicas.
Os artistas cuxos traballos sexan seleccionados obterán unha dotación de 10.000 euros cada un.
Seleccionaranse ata 8 proxectos artísticos.
Máis información www.fundacionmontemadrid.es