Premios e concursos (31)

Eurodesk, convoca este concurso da camiseta promocional desta campaña. Os premios consisten en billetes interrail. O prazo de presentación é ata o 31 de outubro.
Máis información: http://www.injuve.es/convocatorias/premios/concurso-de-diseno-de-camisetas-time-to-move

A palabra e a música experimental son protagonistas da música de cámara creadas polos beneficiarios de música e literatura das Axudas Injuve á Creación Xoven para este Festival.
Do 15 ó 27 de outubre no Círculo de Bellas Artes de Madrid.
Máis información: http://www.injuve.es/creacionjoven/noticia/injuve-en-el-festival-ene

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos convoca a XV edición do concurso de poesía ANOMAR, onde a temática dos poemas é libre, cun mínimo de 20 versos e un máximo de 100, sendo a lingua dos poemas en galego.

As categorías do concurso están divididas por idades:

1ª categoría: rapaces e rapazas entre os 8 e os 12 anos.

2ª categoría: mozas e mozos entre os 13 e os 17 anos, e

3ª categoría: a partir de 18 anos.

Os poemas poden enviarse por correo ordinario a:

Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos
R/Ameneiro, número 8
15894 Os Tilos-Teo,

Tamén se pode facer de forma on-line ao seguinte enderezo: anomar@arcostilos.org, a obra será remitida como arquivo axunto, sen poñer o nome da persoa, e no corpo do correo electrónico terán que constar os datos da autora/autor. 

No asunto indicarase XV Concurso de Poesía ANOMAR.

prazo para participar estará aberto ata o 14 de novembro de 2018.

decisión do xurado coñecerase nun acto público nos locais da asociación ás 20:00 horas, o venres 30 de novembro de 2018.

Máis información: http://asociacion.arcostilos.org/xv-concurso-de-poesia-anomar/

Bases do concurso. 

Pertences a unha asociación ou organización que traballe con persoas con diversidade funcional? Coñeces a alguén ou algunha?

Se é así, participa na 1ª edición do concurso Fotografía e Diversidade Funcional de REAJ.

 

Que tes que facer?

 

Plasma nunha fotografía a vida cotiá das persoas con diversidade funcional e gaña unha viaxe para toda a asociación.

 

Hai 4.000 € en premios!

 

Tendes até o 15 de novembro para partipardes.

 

Encontrarás toda a información en: https://reaj.com/concurso-fotografia-y-diversidad-funcional

 

O Concello da Coruña, convoca este concurso para xóvenes residentes en España entre 15 e 30 anos.
Existen dúas modalidades : fotografía individual e serie fotográfica.
Os premios inclúen unha viaxe para unha ou dúas persoas a un país europeo.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 3 de setembro de 2018.
Máis información: http://www.coruna.gal/servlet/Satellite?c=Page&pagename=CMIX%2FPage%2FGenerico-Page-Generica&cid=1434590220761

Certame Valórate

A Asociación Cultural "Outra Vaca no Millo" convoca un certame de microrrelato centrado na autoestima e o autoconcepto e como iso pode cambiar realidades sociais na forma de realcionarnos cos demais.

A convocatoria vai dirixida a xente nova entre 16 e 30 anos.

A extensión das obras será dun máximo de cincocentas palabras, inclúido o título. Os textos deberán ser orixinais e escritos en galego.

O prazo de presentación remata o día 21 de setembro. Os traballos deberán ser enviados ao seguinte enderezo electrónico:
ceramevalorate@gmail.com

Máis Información: consultar tríptico

 

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ORDE do 13 de xullo de 2018 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/18.

Máis información: DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018

VI Premios ao Voluntariado Universitario

Periodo de inscripción: Do 01/06/2018 ao 31/10/2018

A Fundación Mutua Madrileña lanzou a VI edición de os Premios ao Voluntariado Universitario, unha iniciativa que recoñece a labor solidaria da mocidade universitaria que colabora en proxectos de voluntariado a través dalgunha ONG. Esta iniciativa conta co recoñecemento do selo Talento Novo Injuve.

 

Na web www.premiosvoluntariado.com pódense consultar tanto os requisitos que como os documentos a presentar. A grandes liñas, hai que cumplimentar a Ficha técnica do proxecto, presentar un resumo explicativo da iniciativa de voluntariado, un  vídeo explicativo da actividade e varias fotos que ilustren o proxecto. Así mesmo, hai que presentar algún documento que evidencie que, polo menos tres dos voluntarios que colaboran na iniciativa, son estudantes universitarios na actualidade ou terminaron os seus estudos nun prazo non superior a dous anos. Ademais, hai que ter en conta que todos os proxectos deben contar co respaldo dunha ONG, posto que a contía do premio destinarase á organización sen ánimo de lucro para sufragar o proxecto presentado.

Os proxectos deben presentarse exclusivamente de forma on- line e nun único envío ao e-mail premios@fundacionmutua.es  ou a través de WeTransfer, especificando o nome do proxecto. As candidaturas deben ser presentadas e enviadas polos alumnos e non polas ONG ou as universidades colaboradoras. O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto desde o 1 de xuño ao 31 de outubro ás 14:00 horas.

Convoca: Fundación Mutua Madrileña

Dotación: En total serán 6 os premios que repartirá a Fundación Mutua Madrileña. O proxecto gañador recibirá 10.000 euros, mentres que os outros 5 proxectos finalistas obterán 5.000 euros cada un.

Máis Información: consultas a través do e-mail premios@fundacionmutua.es ou no teléfono 91 171 82 15.