Outras (65)

A Deputación de Ourense convoca as seguintes subvencións:

Para o fomento das actividades escénicas e musicais 2017.Requisitos para  ser beneficiarios:
- Realizar actividades escénicas ou musicais, entendendo por tales as de bandas de música, bandas de gaita, agrupacións
corais, tunas, orquestras ou grupos de música tradicional, folk, pop, rock, jazz ou clásica, grupos de teatro, grupos de danza tradicional galega, grupos de ballet clásico ou contemporáneo, solistas ou intérpretes, espectáculos de maxia, humor e calquera outra actividade análoga.
- Ter o seu domicilio na provincia de Ourense.

Para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas
A concellos para a organización de actividades culturais e recreativas no 2017
A entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos 2017
A entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas no 2017

Oprazode presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de decembro de 2016
Máis información no BOP de Ourense do 16 de novembro de 2016

A Dirección Xeral da Fundación EOI (Escola de Organización Industrial) convoca subvencións para a realización de contratos de mozos/as de máis de dezaseis anos e menores de trinta anos, para empresas de calquera sector, co fin de que as persoas novas non ocupadas, nin integradas nos sistemas de educación ou formación regrada poidan recibir unha oferta de emprego, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Beneficiarios: Empresas de calquera sector, calquera que sexa a súa forma xurídica (xa sexan persoas físicas ou xurídicas, asociacións, entidades sen ánimo de lucro, etc.), con sede ou centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia, que realicen contratación de mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Requisitos:
Atoparse Inscritos no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Estar empadroados no ámbito xeográfico da Comunidade de Galicia.
Participar nunha acción formativa desenvolvida pola Escola de Organización Industrial (EOI) no marco do programa do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

O prazo para presentar solicitudes estrá bierto ata o 12 de novembro de 2016

Máis información no BOE do 11 de novembro de 2016 e en https://www.eoi.es/es/ayudas-la-contratacion

Bolsa Sprachcaffe

Nov 09, 2016
2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE
Sprachcaffe
3.- DESTINATARIOS
Ter 18 anos na data da viaxe.
Enviar un vídeo creativo de entre 1 e 3 minutos antes do 10 de marzo de 2017.
Posuír un blogue, unha conta de Instagram ou de Youtube.
Facer contido contando a túa experiencia Sprachcaffe.
4.- DATA LÍMITE
10/03/2017
5.- MÁIS INFORMACIÓN
Terceira edición da Bolsa Sprachcaffe, convocatoria que cobre catro semanas de curso con aloxamento en tres escolas: Saint Julians (Malta), Frankfurt (Alemaña) ou Málaga (España).
6.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO
2.- CONVOCANTE
Fundación BilbaoArte
3.- DESTINATARIOS
- Poden presentarse todas as persoas que acrediten unha traxectoria
artística e académica solvente con independencia de idade e orixe.
4.- DATAS LÍMITE
11/11/2016
5.- MÁIS INFORMACIÓN
Modalidades:
- Bolsas de producióncon cesión de estudo.
- Bolsas de produción sen cesión de estudo.
- Bolsas de colaboración.
6.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

A Consellería de Emprego convoca subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas das persoas novas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que realizan prácticas non laborais nestas empresas.

Destinatarios das prácticas non laborais:
Persoas novas que teñan máis de 18 anos e ata os 25 anos inclusive que posúan unha titulación oficial universitaria, titulación de formación profesional, de grao medio ou superior, ou titulación do mesmo nivel que o desta última, correspondente ás ensinanzas de formación profesional, artísticas ou deportivas, ou ben un certificado de profesionalidade. Así mesmo, non deberon ter unha relación laboral ou outro tipo de experiencia profesional superior a tres meses na mesma actividade e non se terán en conta para estes efectos as prácticas que formen parte dos currículos para a obtención das titulacións ou certificados correspondentes.

Estas persoas deberán ser, en todo caso, persoas inscritas no Ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.

Ademais, para ser beneficiario desta medida, as persoas novas, deberán cumprir os seguintes requisitos no momento da sinatura do acordo das prácticas non laborais:
a) Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores.
b) Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores.
c) Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas estará aberto ata o 15 de novembro de 2016.
A preselección das persoas novas será realizada polo Servizo Público de Emprego de Galicia, a través do persoal de orientación de Garantía Xuvenil.
O proceso de selección final das persoas que van participar no programa de prácticas non laborais corresponderá á empresa.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento TR363A

Máis información no DOG do 22 de setembro de 2016 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-conselleria

http://garantiaxuvenil.xunta.es/

2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Universidade de Santiago de Compostela.
3.- DESTINATARIOS
Estudantes interesados en ter unha primeira experiencia en investigación
que cumpran os seguintes requisitos:
- Estudar grao en Inteniería Informática, Enxeñería de Telecomunicacións,
Física, Matemáticas ou disciplinas afíns.
- Nota media no expediente dos estudos de grao igual ou
superior a 8 (nunha escala de 0 a 10).
- Finalizar terceiro ou contar con 140 créditos da
titulación.
4.- DATA LÍMITE
22 de maio de 2016 ás 23,59 horas.
5.- MÁIS INFORMACIÓN
Consistirán nunhas prácticas dun mes nun proxecto de investigación
dalgunha área dos programas científicos baixo
a supervisión dun investigador principal, así como na participación
nas conferencias e ciclos formativos do Citius; todo iso
preferentemente ao longo de xullo de 2016. Os adxudicatarios recibirán
ademais 700 euros e unha axuda para gastos de viaxe se residen fóra
de Santiago de Compostela: ata 80 euros para residentes en Galicia e ata
200 se proceden doutras comunidades autónomas.
6.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

altascapacidadesO Ministerio de Educación convoca o concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner en municipios de menos de 50.000 habitantes e as axudas consistentes en lotes de libros, correspondentes ao ano 2016.

Beneficiarios:
Poderán acceder á presente convocatoria aqueles concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan unha biblioteca pública a cargo da cal haxa persoal.

Finalidade:
Incentivar as accións de animación á lectura de nenos e novos, de eficiencia e labor bibliotecaria, así como de integración social nas bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes.

O concurso consistirá na entrega dun máximo de 300 lotes de libros ás bibliotecas dos municipios cuxos proxectos fosen seleccionados, así como no otorgamiento de premios en metálico ás tres bibliotecas municipais dos municipios que obteñan a mellor puntuación.

Oprazopara presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de abril de 2016.
Máis información noBOE do 5 de abril de 2016na sección de anuncios

idiO Ministerio de Economía e Competitividade convoca axudas "EMPLEA", para a contratación de titulados con formación profesional de grao superior ou equivalente e titulados universitarios dentro do Programa Estatal de Promoción do Talento e o seu Empleabilidad

Beneficiarias:
Pequenas e medianas empresas (PEME), que dispoñan de personalidade xurídica propia, desenvolver actividades económicas e teñan un establecemento validamente constituído en España.

Conceptos financiables:
Os conceptos financiables serán os gastos derivados da contratación de tecnólogos titulados universitarios ou non universitarios con formación profesional de grao superior ou equivalente para a realización de actividades de I+D+i, de acordo coa normativa laboral vixente. Este custo inclúe a retribución bruta e a cota empresarial á Seguridade Social percibidas durante o período de execución da axuda.

Oprazode presentación de solicitudes de axudas iniciarase o día 14 de abril de 2016, ás 10:00 horas (hora peninsular), e finalizará o día 4 de maio de 2016, ás 15:00 horas (hora peninsular).

Más información no BOE do 2 de abril, na sección de anuncios e na web doMinisterio de Economía

maletaA Dirección Xeral de Migracións convoca para 2016 axudas do Programa de Mocidade. Son axudas para a realización no exterior das seguintes actividades:

a) Actuacións para a integración social e laboral dos mozos/as, entre elas, as de información, orientación profesional e asesoramento no exterior sobre emprego e emprendemento.
b) Programas de formación, especialización profesional e de emprendemento, que permitan a incorporación no mercado laboral do país de residencia.
c) Programas de perfeccionamento de lingua estranxeira no país de residencia.
d) Programas que faciliten o retorno, así como a participación en proxectos emprendedores en España.

As actividades subvencionadas terán como destinatarios finais a mozos/as españois, menores de 35 anos, que acrediten un período de residencia no exterior de polo menos un mes no momento de publicarse esta convocatoria. O requisito de residencia previa non será necesario para as accións de información, orientación profesional e asesoramento no exterior sobre emprego e emprendemento.

En todo caso, os beneficiarios finais deberán estar inscritos no Rexistro de Matricula Consular correspondente no momento de inicio da actividade.

Poderán optar a estas subvencións asempresas e entidades sen fin de lucro radicadas no exterior, que teñan entre os seus fins a realización das actividades obxecto do programa.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o27 de abril de de 2016

Máis información enhttp://www.ciudadaniaexterior.empleo.gob.es/es/index.htme no BOE do 4 de abril de 2016 na sección de anuncios

padresbebesA Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas para a conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores para os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2016.
As solicitudes poden tramitarse enhttps://sede.xunta.esco procedemento SI440A

Máis información no DOG do 31 de marzo de 2016 e enigualdade@xunta.es