Outras (20)

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca a seguintes axudas en materia de violencia de xénero

1. Para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero
Requisitos:
- Mulleres, maiores de idade ou emancipadas, vítimas de violencia de xénero e todas as persoas que dependan económica e/ou asistencialmente dunha muller que sufra violencia de xénero.
- Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos: a) non convivir co agresor; b) estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia; c) ter dereito á percepción dunha indemnización, por danos e perdas derivados dunha situación de violencia de xénero, recoñecida nunha resolución xudicial firme ditada por un xulgado ou tribunal con sede na Comunidade Autónoma de Galicia; d) que exista constatación xudicial do incumprimento do deber de satisfacer a indemnización por insolvencia do obrigado ao pagamento; e) que a persoa beneficiaria se atope nunha situación de precariedade económica como consecuencia da falta de pagamento da indemnización xudicialmente recoñecida.
As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario SI434B
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2020.


2. Axudas de medidas de protección integral contra a violencia de xénero
Tipos de axudas:
- Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
- Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.
As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario SI434B
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2020.


3. Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.
Requisitos das solicitantes
Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor, ou no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación.
Ter cesado a convivencia co agresor, ou coa persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación, no intervalo temporal que comprende aos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, cando así se esixa pola lexislación vixente, ter permiso de residencia.
No caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, será suficiente acreditar que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación, e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente

As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario SI434A
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto todo o ano.


4. Axudas de indemnización económica, dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero:
- Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, e que dependesen economicamente da súa nai e/ou do seu pai agresor.
- Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.
As axudas recoñeceranse cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2018.
O código do procedemento correspondente a estas axudas é o SI460A en https://sede.xunta.gal
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2020.

Máis información no DOG do 2 de xaneiro de 2020 e en https://igualdade.xunta.gal

Emprego convoca bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego.
Prazo:  A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, coa data límite do 30 de novembro de 2020.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR301V
Máis información no DOG do 13 de decembro de 2019 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/

A Consellería de Política Social convoca axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos das persoas beneficiarias
a) Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa.
b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.

As axudas consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os adultos e para os nenos e nenas de 12 ou máis anos, e de 37,50 € para os nenos e as nenas menores de 12 anos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.gal co procedemento BS423D
O prazo para a presentación das solicitudes de axuda estará aberto ata o 30 de novembro de 2019

Máis información no DOG do 31 de outubro de 2019 e en http://www.familiasgalegas.org/

No BOP de Lugo do 2 de febreiro publicanse as bases do programa Tecendo Emprego.
A finalidade do plan é seleccionar a mozas e mozos desempregados para contratacións laborais a través das entidades beneficiarias do programa.
Unha das liñas do programa é a Liña Novel, dirixida a mozos recen titulados/as dentro do ámbito da universidade ou da formación profesional, sen experiencia e ata 35 anos.
Máis información no BOP de Lugo do 2 de febreiro de 2019 e en https://deputacionlugo.portalemp.com