Outras (62)

VI Xornada de Igualdade de Xénero e Dereito Mercantil

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle a VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil: "A muller ante os novos desafíos do Dereito Mercantil".

O obxectivo desta actividade é analizar, desde unha perspectiva crítica, a realidade das mulleres ante os novos desafíos do Dereito Mercantil: a dixitalización da arte e a aparición de metaversos, por unha banda, e a participación da muller no fenómeno das sociedades de capital, por outra.

Data de celebración: 22 de abril ás 10:00

Dirixido a:Estudantes , PAS e PDI

Programa:
10.00-10.30 h Igualdade, criptoactivos e mundos virtuais: superando o mito dos «cripto-bros». Vanessa Jiménez Serranía. Avogada e profesora Permanente Laboral de Dereito Mercantil. Universidade de Salamanca
10.30-11.00 h Equilibrio de xénero nas sociedades de capital. Josefina Boquera Matarredona. Catedrática de Dereito Mercantil. Universidade de Valencia
11.00-11.30 h Debate

Lugar
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo

Máis información:
www.uvigo.gal

TE OU CHE!!! GALEGO DE TRANQUIS

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo convoca o plan de Madriñas e padriños GALEGO DE TRANQUIS.

Con el poñemos en contacto persoas que desexan comezar a falar ou escribir en galego con outras que xa o dominan para que o proceso sexa o máis tranqui posible.

Podes apuntarte como Aprendente ou como Madriña ou Padriño.

De tranquis tamén nas redes

Se queres comezar a usar o galego nas túas redes sociais, emprega o cancelo #GalegoDeTranquis nos teus contidos ou na túa biografía para indicar que vas comezar a empregar o galego e agradeces que a túa comunidade de seguidoras e seguidores vaian de tranquis contigo.

Tamén podes empregar o cancelo #GalegoDeTranquis se queres indicar que se alguén quere comezar a falar o galego contigo, o pode facer sen problema, que te adaptarás e lle farás o proceso máis agradable.

Unha campaña da Área de Normalización Lingüística

Esta é a campaña que desde a Área de Normalización Lingüística lanzamos para promover e facilitar dar o paso a iniciar a vivir en galego entre o estudantado e toda a comunidade da Universidade de Vigo.
 
Máis información:

Área de Normalización Lingüística
Edificio Newton
Facultade de Filoloxía e Tradución
As Lagoas, Marcosende
986 813 574
anl@uvigo.gal

Feira Virtual de Emprego da USC

A Feira Virtual de Emprego da USC desenvolverase do mércores 24 ao xoves 25 de abril coa vontade de que as persoas usuarias accedan a empresas con ofertas de traballo, charlas de interese en materia de empregabilidade e chats para aclarar dúbidas.

As persoas interesadas xa poden rexistrarse na plataforma habilitada para acoller a Feira e deixar os seus datos xunto cun currículo en formato PDF.

O evento diríxese tanto a estudantado da USC como a persoas xa tituladas pola institución compostelá.

A Feira abrirá o 24 de abril ás 08.00 horas e pechará un día despois, ás 20.00 horas.

Ao longo das dúas xornadas as persoas rexistradas poderán presentar o seu currículo a ofertas de emprego, asistir ás charlas ofertadas na sección ‘Axenda de Conferencias’ con inscrición previa, chatear coas empresas e co persoal da Área de Orientación Laboral e Emprego da USC, ou acceder a múltiple información das entidades participantes (vídeos, ligazóns ou redes sociais, entre outras).

Unha vez rematado o evento, aínda que non estará dispoñible o chat, seguirá aberto o acceso ás ofertas de traballo, así como a presentación do currículo ata o domingo 28 de abril.

As dúbidas sobre a Feira poden dirixirse ao correo electrónico da Área de Orientación Laboral e Emprego da USC: orientacion.laboral@usc.gal

Máis información:
www.usc.gal/servizos/area/orientacion-laboral/boletin/aberto-prazo-inscricion-feira-virtual-emprego-usc 

 

O Instituto da Xuventude, Injuve, convoca as axudas para a Creación Nova, cuxa finalidade é fomentar a actividade creadora e investigadora dos mozos e mozas, facilitar a promoción e a difusión das súas creacións, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver.

As Axudas terán as seguintes liñas de actuación:
a) Investigación.
b) Produción de obra.
b) Movilidad de obra producida e/o creadoras/es.
d) Comisariado da Sala Amadís do Instituto da Mocidade.
e) Emprendemento para a creación emerxente.

Requisitos das persoas beneficiarias:
Persoas maiores de idade, de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que non superen os 30 anos de idade, nos supostos de Investigación, Produción de obra, Movilidad e Comisariado para a Sala Amadís, ou os 35 anos no suposto de Emprendemento para a Creación Emerxente, na data límite de presentación de solicitudes.

A contía individualizada das axudas será de:
3.000 € para os proxectos de investigación
5.000 € para os proxectos de produción de obra e de mobilidade de obra ou creadoras/es
7.000 € para os proxectos de comisariado da Sala Amadís
10.000 € para os proxectos de emprendemento para a creación emerxente e, con independencia do custo total estimado do proxecto para desenvolver.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de maio de 2024
Máis información no BOE do 17 de abril de 2024 e en www.injuve.es 

A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, de ser o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada de acordo cos seguintes criterios:
-Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
-Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
-Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 26 de abril ata o 15 de setembro de 2024.

Requisitos:
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para a solicitude e a obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web. Opcionalmente, os bonos poderanse solicitar presencialmente na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Páxina web: www.bonosactivacomercio.gal 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional no curso 2023-2024.

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Como novidade, nesta convocatoria de probas libres ofértanse por primeira vez os títulos LOXSE, polo que se amplía a oferta coas tres titulacións derivadas da LOXSE que non foron transformadas en títulos LOE:
-Ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría.
-Ciclo superior de Dietética.
-Ciclo superior de Prevención de Riscos profesionais.

As solicitudes de inscrición poderanse realizar a través de calquera dos seguintes medios:  
a) Empregando o anexo I e presentalo, xunto coa documentación requerida, na secretaría de calquera centro público de formación profesional con oferta de probas libres para a obtención de títulos de FP, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.
b) A través do asistente web: este avisará se é necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico, e ao finalizar o proceso obterase un resgardo de entrega da solicitude.
En caso de non achegar a documentación en formato electrónico será imprescindible acudir a un centro educativo coa solicitude e a documentación e solicitar o resgado da entrega.

Prazo: do 17 ao 30 de abril de 2024 ata as 13:00 h.

Listaxe provisional de solicitudes: 6 de maio
Reclamación contra a listaxe: do 6 ao 8 de maio ata as 13:00 h
Listaxe definitiva de solicitudes: 14 de maio.
Listaxe de persoas adxudicadas: 17 de maio.
Matriculación: 14 ao 21 de maio até as 13:00 h.
Liberados e adxudicación continuada: 23 ao 31 de maio até as 13:00 h.

Máis información:
Nos C.I.F.P. e nos I.E.S. onde se oferten probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE-LOXSE).
www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual

XuvenCiencia 2024

Abr 12, 2024

XuvenCiencia convoca o seu campus de verán 2024.

O grupo de innovación docente da USC ofrece 95 prazas para estudantes de ESO e Bacharelato na duodécima edición do campus científico estival XuvenCiencia, que se desenvolverá na sede universitaria luguesa do 30 de xuño ao 6 de xullo.

O grupo de innovación docente da USC XuvenCiencia, que forma parte da Rede Europea das Universidades para a Infancia (eucu.net), promove a celebración do Día Internacional da Infancia coa convocatoria da duodécima edición do campus científico de verán XuvenCiencia.

O campus estival de convivencia e divulgación científica entre a mocidade impulsado hai xa máis dunha década desde o grupo XuvenCiencia gozou desde os seus comezos do apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

XuvenCiencia asume como propia a mensaxe a través da Rede Europea das Universidades para a Infancia constata a certeza de que “o acceso sen trabas á ciencia e á investigación nunha idade temperá é máis necesario ca nunca”, un dos motivos polos que se demanda “máis igualdade de oportunidades para o futuro da nosa infancia e adolescencia”.

As universidades para a infancia asumen a súa responsabilidade social e comunitaria  e realizan unha importante achega nos eidos da educación e da ciencia.

O grupo de innovación docente da USC XuvenCiencia, que é a única entidade galega e de todo o Estado español que forma parte da EUCU.NET, unha organización integrada por case oitenta centros de investigación e universidades de todo o mundo, desde Islandia a Exipto, Canadá, Brasil ou Australia, e que ten unha especial pegada en países do centro e do norte de Europa, contribúe á tarefa da difusión da ciencia e do coñecemento con proxectos, entre outros, como Ciencia á Feira.

Esta iniciativa, financiada tamén pola FECYT, posibilitará que persoal investigador de XuvenCiencia visite este cuadrimestre centros educativos —desde Infantil ata Bacharelato: dos municipios de Burela (26 de abril), Navia de Suarna (29 de abril), Muras (9 de maio), Mondoñedo (16 de maio) e A Pobra do Brollón (11 de xuño), nos que presentará ferramentas de produción vexetal como as micorrizas ou os (microenxertos).

Esta actividade divulgativa, que arrancou a comezos de abril no CPI de Friol, chegará tamén en forma de obradoiros á poboación adulta nos mercados e nas feiras dos concellos anteriormente citados.

 
Preinscrición campus XuvenCiencia

O prazo para preinscribirse e reservar unha praza na próxima edición do campamento científico XuvenCiencia, que nestes anos ten recibido xa milleiros de mozos/as de toda Galicia, España e Portugal, abre o venres 3 de maio, ás 15.30 horas, na web de XuvenCiencia (https://xuvenciencia.org/campus/gl/).

O XII Campus de Verán XuvenCiencia ofrece 95 prazas para alumnado de terceiro e cuarto da ESO, BAC e ciclos medios de Formación Profesional, en réxime de pensión completa con aloxamento en residencias universitarias.

O alumnado poderá iniciarse na investigación, tanto nos eidos das ciencias naturais e da saúde, como nos da enxeñaría, as ciencias sociais e as humanidades.

 

Máis información:

https://xuvenciencia.org/portal/

https://xuvenciencia.org/campus/gl/

 

A Xunta de Galicia convoca axudas económicas en favor das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas, a través das seguintes liñas:

Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.
Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Requisitos:
- Ter domicilio social en Galicia.
- Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
- Ter presentada a memoria de actividades (relativa a actuacións de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia contra as mulleres), con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes
- Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre homes e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social.
- As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90 % da totalidade das persoas asociadas, tanto no caso das asociacións como das federacións.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de maio de 2024.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI437A
Máis información no DOG do 10 de abril de 2024 e en http://igualdade.xunta.es

II Xornada Diversidade Funcional: Acoso escolar e Condutas Adictivas. Aprendendo a Incluír.

COGAMI e a Fundación María José Jove organizan na sede Fundación María José Jove da Coruña unha xornada de sensibilización, desde unha perspectiva práctica, acerca da realidade da inclusión no ámbito educativo.

Este ano trataranse acoso escolar e condutas adictivas, en dous eixos de traballo: un de mañá, coa participación de centros educativos e outra de tarde, aberta ao público en xeral, gratuíta previa inscrición.

Sesión matinal
Xoves, 25 de abril.De 10.30 a 12 horas.
Actividade pechada a alumnado de 2º ESO do IES Agra do Orzán e 3º ESO CPR Escravas do Sacro Corazón (3º ESO), na que de desenvolverán diferentes dinámicas de sensibilización sobre o acoso escolar, promovendo a prevención de condutas adictivas  e concienciando en torno ao illamento que sofren gran parte de menores con diversidade funcional nas escolas.
Prevención condutas adictivas.

Sesión de tarde
De 17.30 a 19 horas.
Actividade aberta ao público en xeral e a educadores/as en especial.
Sesión práctica en torno ao acoso escolar no alumnado con diversidade funcional e condutas adictivas, así como xeración de recursos para a prevención.

Intervirán profesionais do ámbito clínico, educativo e familiar:
-Mª José Lamas Dopico. Psicóloga sanitaria de ADAFAD (ámbito clínico).
-Beatriz Noguerol. Nai dun menor con Asperxer e docente (ámbitos educativo e familiar).

Modera: Chus Bello, técnica de Educación de COCEMFE-COGAMI.

Prazas limitadas. Actividade gratuíta previa inscrición.

Prazo de inscrición aberto do 18 de marzo ao 17 de abril de 2024.

Máis información:
Fundación María José Jove
C/ Galileo Galilei, 6 (15008 - A Coruña)
Tel.: 981 16 02 65
correo-e: fmjj@fundacionmariajosejove.org
www.facebook.com/fundacionmariajosejove

Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

O obxecto deste procedemento é establecer axudas para fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2024, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes (código de procedemento PL400A).

Entidades beneficiarias

1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais.

2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será a receptora da asignación económica.

3. Estes concellos ou agrupamento de concellos deberán ter unha poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

Importe total da convocatoria: 350.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día 27 de marzo ate o 26 de abril.

As datas dos gastos que se efectúen deberán estar comprendidas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2024

O prazo de xustificación remata o día 21 de outubro de 2024.

Máis información:
DOG 13 de Marzo
Enlace sede electrónica da Xunta de Galicia