Outras (40)

A Secretaría Xeral da Emigración convoca subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades mercantís, de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Persoas beneficiarias
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Contía:
- Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan na Comunidade Autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 5.000 euros.

O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:
a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 2.000 euros.

O prazo para presentar asolicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2020 e poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento PR937A.

Máis información no DOG do 4 d xuño de 2020 e en https://emigracion.xunta.gal/es/actividad/retorna

A Xunta de Galicia convoca subvencións ás organizacións non gobernamentais, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior.

Entenderase por proxectos de acción humanitaria aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois de crises –provocadas por seres humanos ou por desastres naturais–, así como os destinados á prevención e reforzo da capacidade de resposta e a resiliencia para cando se produzan estas situacións.

A acción humanitaria inclúe a protección de vítimas, así como a provisión de auga, comida, saneamento, refuxio, atención sanitaria e outros tipos de asistencia, emprendidos a favor das persoas afectadas, para facilitar o retorno á vida normal e aos seus medios de vida e sustento, así como a redución e prevención do risco de desastres.

A acción humanitaria debe guiarse polos principios de humanidade, imparcialidade, neutralidade e independencia e executarse baixo o enfoque de vulnerabilidade.

Poderán optar a esta subvención as organizacións non gobernamentais que estean inscritas na sección A: organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e que teñan entre os seus fins o desempeño de actuacións de acción humanitaria ou que demostren contrastada experiencia neste sector.

Prazo: 6 de xullo de 2020
As solicitudes deben tramitarse de forma telemática en https://sede.xunta.es no procedemento PR811A
Máis información no DOG do 4 de xuño de 2020 e en https://cooperacion.xunta.gal

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, pon en marcha un servizo de asesoramento dirixido a empresas e profesionais culturais no marco do Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados do COVID-19. Terá como obxectivo dar resposta a todo tipo de dúbidas de carácter laboral, fiscal e mercantil relacionadas coas medidas deseñadas para paliar as consecuencias económicas do COVID-19, asesorando sobre as diferentes liñas de axudas ás que poden optar as empresas e profesionais do sector cultural, así como outras dúbidas sobre cuestións como ERTE, prestación por cese de actividade, plan de desescalada, moratorias nas cotizacións á Seguridade Social, aprazamentos de impostos, etc.

Este novo servizo estará dispoñible en liña, ou de forma presencial no Museo Centro Gaiás os mércores, xoves e venres en horario de 10 a 14 horas.
Tanto para acceder ao asesoramento telemático como para pedir unha cita presencial, cómpre contactar a través do email: asesoramentocultural@cidadedacultura.org 

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/servizo-de-asesoramento-para-empresas-e-profesionais-culturais 

A Deputación Provincial de Ourense abre un prazo de presentación de solicitudes no concurso para a selección de obras para a súa edición ou coedición.

Poderán presentarse ao concurso as obras científicas, artísticas, literarias ou musicais, realizadasen calquera formato ou soporte (escrito, fonográfico ou audiovisual) que correspondan a calquera das seguintes liñas de publicación:
- Compilacións, seleccións ou antoloxías de artigos publicados en periódicos locais de Ourense ou nas edicións locais de periódicos de ámbito máis amplo, así como gravacións ou transcricións escritas de programas radiofónicos locais.
- Obras que teñan por obxecto o estudo ou divulgación do patrimonio cultural material e inmaterial ou do patrimonio natural de Ourense.
- Estudos de ámbito humanístico, científico, tecnolóxico, xurídico ou social, relacionados coa provincia de Ourense.
- Obras artísticas, videográficas, literarias ou musicais de autores ourensáns de temática libre.

Prazo ata o 1 de xullo de 2020

Convocatoria no BOP de Ourense do 29 de maio de 2020
Bases no BOP de Ourense do 14 de marzo de 2020

A Subsecretaría de Cultura e Deporte convoca as axudas para a modernización e innovación das industrias culturais e creativas mediante proxectos dixitais e tecnolóxicos, correspondentes ao ano 2020

As axudas para a modernización e innovación das industrias culturais e creativas mediante proxectos dixitais e tecnolóxicos teñen por obxecto incrementar a oferta legal de contidos dixitais culturais na internet e modernizar e innovar as industrias culturais e creativas.

Poderán ser beneficiarios os profesionais rexistrados no Réxime Especial de traballadores autónomos e as pequenas empresas e as microempresas, que teñan residencia fiscal en España.

Oprazo estará aberto ata o 19 de xuño de 2020

Máis información no BOE do 29 de maio de 2020

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), convoca subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais.

Beneficiarios/as:
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes, cunha antigüidade dun ano.
Os beneficiarios deberán ter un contrato cun director e/ou un guionista para desenvolver algún proxecto..

Modalidades:
a) Desenvolvemento de proxectos de ficción para cine e televisión (longametraxes, series e miniseries).
b) Desenvolvemento de proxectos de animación (longametraxes cinematográficas e series de animación para TV).
c) Desenvolvemento de proxectos de documental para cine e televisión.
d) Desenvolvemento de proxectos de pilotos de programas para televisión que destaquen por ofrecer formatos innovadores e alto potencial de internacionalización.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de xuño de 2020.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT207B
Máis información no DOG do 28 de maio de 2020 e en www.agadic.info

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais

A. Artes escénicas
Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos fóra de Galicia.
Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións e, en ningún, caso máis de oito no mesmo espazo.

Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas en feiras e festivais fóra de Galicia.
Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos en feiras e festivais fóra de Galicia.

Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas e fóra de Galicia.
Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega.

Modalidade A.4: subvencións para a distribución interior de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma.
Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola comunidade autónoma de Galicia consistente na realización dun mínimo de cinco representacións de artes escénicas. Só se terán en conta e serán funcións subvencionables aquelas programadas en espazos que non formen parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
En ningún caso, máis de catro representacións nun mesmo espazo.

B. Música
Modalidade B.1: subvencións para a distribución de espectáculos musicais fóra de Galicia.
Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres concertos e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo.

Modalidade B.2: subvencións para a representación musicais en feiras e festivais fóra de Galicia.
Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de actividades musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a realización de concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.

Modalidade B.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados musicais fóra de Galicia.
Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos musicais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados musicais fóra da Comunidade Autónoma galega.

Ás empresas teñen de prazo ata o 29 de xuño para solicitar as axudas.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código CT402C
Máis información no DOG do 27 de maio de 2020 e en http://www.agadic.gal/

 

Axudas ao alugueiro de vivenda

A  Consellería de Medio Ambiente convoca axudas ao alugueiro de vivenda para persoas en situación de vulnerabilidade.

 

As axudas serán de ata 500 euros ao mes durante o período que se acredite estar en situación de vulnerabilidade, co límite máximo de seis meses, que non poderá ir máis aló de decembro de 2020. O importe da axuda non poderá superar o custe da renda mensual establecida no contrato de alugueiro e poderá concederse con efectos retroactivos dende o pasado mes de abril.

Beneficiarios

Poderán beneficiarse destas axudas ao alugueiro as persoas titulares dun contrato de alugueiro de vivenda habitual que se atopen en situación de vulnerabilidade a consecuencia de estar en situación de desemprego, ERTE ou redución de xornada como consecuencia do Covid-19. Estas circunstancias deberán ter causado unha redución substancial de ingresos ao mesmo tempo que o custe do alugueiro e os subministros básicos da vivenda supoñan unha parte importante de ditos ingresos.

Consideranse persoas en situación de vulnerabilidade, sempre que a causa sexa o Covid-19, a:

• Traballadores en situación de desemprego

• Traballadores sometidos a Expediente de Regulación de Emprego. (ERTE)

• Empresarios ou profesionais sometidos a redución de xornada por motivo de coidados ou circunstancias similares que supoñan una perda substancial de ingresos.

Solicitude

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios telemáticos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), onde está dispoñible o formulario de solicitude.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comeza o luns, día 25 de maio e rematará o día 30 de setembro de 2020.

Máis información: 

Teléfonos:  981541981/ 981957529

http://igvs.xunta.gal/web/comunicacion/detallenova?content=/PortalVivenda/SalaComunicacion/Novas/noticia_1123.html

O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal, para o ano 2020.

Beneficiarios:
Entidades e organizacións de carácter non gobernamental que estean legalmente constituídas e no seu caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro administrativo de ámbito estatal como:
a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís.
b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións non gobernamentais, integradas polos membros novos da entidade, que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís.
c) Entidades prestadoras de servizos á mocidade, dedicadas con carácter exclusivo á realización de actividades en favor da mocidade segundo previsión expresa nos seus Estatutos.

As entidades e organizacións non gobernamentais deberán reunir entre outros, os seguintes requisitos:
- Ter ámbito de actuación estatal segundo os seus Estatutos.
- Acreditar documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias Comunidades Autónomas. En atención ás súas especiais circunstancias, poderán participar na presente convocatoria as entidades ou organizacións non gobernamentais cuxo ámbito territorial de actuación sexan Ceuta, Melilla e Canarias.
- Carecer de fins de lucro

Finalidade:
Fomentar o movemento asociativo xuvenil de ámbito estatal contribuíndo ao mantemento e funcionamento das sedes e infraestruturas centrais das asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de xuño de 2020.
Máis información no BOE do 27 de maio de 2020 e www.injuve.es 

A Xunta de Galicia habilita unha plataforma de información sobre a actividade económica e laboral en Galicia na actual situación en relación co coronavirus, con especial atención aos diferentes programas de axudas aprobados e as medidas en materia de emprego e seguridade e saúde laboral.

https://ceei.xunta.gal/coronavirus