Outros cursos (149)

En 2024 Galpón (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra), ten prevista a realización dunha serie de obradoiros, dous deles enfocados na seguridade e outros dous no uso de software para fotografía e para radioafeccionados.

Para poder participar, debedes inscribirvos na plataforma Mobilizon

 

Software libre para fotógrafos, uso básico de darktable. Venres 15 de marzo

Rexistro: https://mobilizon.fr/events/f47505e5-c055-419d-9c5d-7c601982bcb5

Nos últimos 20 anos a fotografía experimentou un gran cambio tecnolóxico. A dixitalización provocou un crecemento exponencial da cantidade e calidade das fotografías que podemos facer, conseguindo así milleiros de arquivos, en distintos formatos, que teremos que xestionar. Para axudarnos, aparecen diversos programas especializados en catalogar, almacenar e procesar todos estes ficheiros. Neste obradoiro de software libre para fotógrafos explorarase o fluxo de traballo dunha fotografía e como podemos axudarnos con programas gratuítos de alta calidade, como Darktable, para facilitar a xestión diaria das fotografías que acumulamos.


Software libre para radioafeccionados. Venres 12 de abril

Rexistro: https://mobilizon.fr/events/0e39d53f-b800-4374-892f-b299f5a4896f

Dende os seus inicios, a radioafección estivo relacionada coa investigación técnica no campo das radiotelecomunicacións por parte dos afeccionados a esta tecnoloxía. A medida que a tecnoloxía de radio se dixitalizou, fíxose posible enviar e recibir comunicacións por radio entre ordenadores conectados tanto a Internet como transceptores. A dixitalización tamén permitiu o desenvolvemento da radio definida por software (SDR), que permite o tratamento (modulación, demodulación, filtrado, decodificación…) dos sinais de radio captados por unha antena. Neste obradoiro veranse diferentes softwares libres empregados polos radioafeccionados para facilitar o exercicio desta afección.


Introdución ao uso de nftables para construír devasas personalizadas. Venres 19 de abril

Rexistro: https://mobilizon.fr/events/feafca59-e14c-41b8-8cf8-0d5f4a33531d

Actualmente, no mundo hiperconectado no que vivimos, a seguridade informática é fundamental. Un elemento principal e imprescindible neste ámbito é o cortalumes, elemento que nos permite filtrar o tráfico segundo os nosos intereses, e que constitúe unha primeira gran barreira fronte á inmensidade de conexións que aparecen en calquera dispositivo conectado a Internet.

Comprender como se conectan os dispositivos de rede IP entre si é esencial para filtrar o tráfico e eliminar todo o que pode ser potencialmente perigoso para os sistemas e os usuarios.

O sistema GNU/Linux integra no seu núcleo unha estrutura que permite filtrar e manipular o tráfico dun xeito eficiente: nftables.

Neste obradoiro mostraranse as ferramentas que nos proporciona o proxecto Netfilter para construír cortalumes adaptados a cada necesidade que poidamos ter, dende redes sinxelas ata sistemas segmentados e complexos. Tamén se verán utilidades que usan nftables pero que facilitan a implantación para os usuarios, como firewalld.

https://www.galpon.org/ 

O CIFP Compostela imparte os cursos AFD 2024
 
Accións Formativas para desempregados/as dirixidos prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, co fin de aumentar as oportunidades para a súa inserción laboral.
 
-Cociña (828h) : 12 Marzo de 2024
-Repostaría(518h): 2 Abril de 2024
-Impresión Dixital (458h): 2 Abril de 2024
-Operacións básicas restaurante/bar (308h): 15 Abril de 2024.
-Operacións básicas de cociña ( 368h): 16 Abril de 2024.
-Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (328h): 17 Abril de 2024
 
Toda a oferta conleva a obtención do " Certificado de Profesionalidade".
 
Máis información:
CIFP Compostela 
Rúa Lamas de Abade, 0 S/N, 15702 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 86 65 70
 
 

Gabinete de Recolocación Industrial, S.L. convoca o curso para a obtención certificado de profesionalidade "Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (SSCB0211)"

Curso Gratuíto. Presencial. 428 horas.
Inicio o 8 de abril en horario de 15:00 a 20:00 h de luns a venres.
Certificado de profesionalidade de nivel 3.

Dirixido prioritariamente a persoas desempregadas inscritas na oficina de emprego (posibilidade de incluír a persoas traballadoras). Requisitos de acceso: ESO, FP2, Ciclo formativo de grao superior. Prácticas non laborais en empresas no sector do ocio e con alta na seguridade social. Posibilidade de axudas e becas. A maiores do temario oficial incorporaranse contendidos especializados tanto sobre administración: contratación pública, xestión de subvencións, emprendemento.... ; como de intervención: manualidades, seguridade en actividades de aventura, deportes alternativos..
Localidade: Vigo. R/ Serafín Avendaño 18, int.

Máis información e inscrición:
Gabinete de Recolocación Industrial, S.L.
correo: formacion.vg@e-gri.com
Teléfono: 986 900 618
whatsapp/telegram: 698 17 94 94

https://cursos.e-gri.com/cursos-gratis/ 

A Universidade de Santiago de Compostela convoca un Curso de habilidades comunicativas.

Na actualidade todo o alumnado debe redactar e defender oralmente e con presentacións dixitais traballos académicos de curso e TFG, e moitos tamén un TFM ou unha tese. Este curso pretende ser unha grande axuda para iso.

Convócase dúas veces ao longo do ano académico:
- Unha primeira convocatoria, para os meses de setembro, outubro e novembro.
- Unha segunda convocatoria, para os meses de febreiro, marzo e abril.

Consta de 3 módulos de 25 horas cada un, pódese realizar completo ou só aqueles que sexan do seu interese.
A cada un dos módulos recoñéceselles 1 ECTS para todas as titulacións da USC.

A redacción científica
Módulo 1 do Curso de Habilidades Comunicativas

Falar en público
Módulo 2 do Curso de Habilidades Comunicativas

Presentacións dixitais eficientes
Módulo 3 do Curso de Habilidades Comunicativas

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica/aprender/curso-habilidades-comunicativas 

O Centro Galego de ArtE Contemporánea, CGAC, organiza o curso Div@s na rúa. A moda no século XXI

A cultura contemporánea abrangue un amplo espectro de teimas que aparecen mesturadas baixo o poder da imaxe nos medios de comunicación.

O mundo do pop-rock e do techno, a arte manga, a cultura do hip-hop, a intelixencia artificial e a tecnoloxía constrúen uns universos estéticos onde a fronteira entre realidade e a invención se esvaece.

Os ídolos dos medios de comunicación de masas están moi presentes nas nosas vidas, chégannos continuamente a través de canles e soportes moi diversos e a súa proximidade é tal que nos sentimos compelidos a vestir e a actuar coma eles.

As artes, as modas, as culturas contemporáneas fan parte de nós. Desde a creación da MTV e a popularización dos vídeos musicais que mataron a estrela da radio, ata a recente irrupción da intelixencia artificial e do metaverso, o certo é que nós xa non somos nós.

Desde a costura de Azzedine Alaïa, Thierry Mugler e Kansai Yamamoto ata a cor rosa de Valentino ou o spray-on dress de Coperni, nós xa non somos nós.

Desde Karl Lagerfeld en Chanel ata Demna Gvasalia en Balenciaga, desde Yayoi Kusama e Virgil Abloh en Louis Vuitton ata Barbie en Zara e Manu Ríos en Loewe, nós xa non somos nós.

Este curso debuxa o pasado, o presente e o futuro das culturas contemporáneas e das modas, ao tempo que transita pola fina liña que separa o divismo na arte do divismo na rúa.

Programa:
16 de abril. Cultura contemporánea. Ao bordo do baleiro. Cando o mundo xira cara a un discurso de indiferenza, eterna sedución, violencia das imaxes e narcisismo. Revistas e desfiles. A era do baleiro

23 de abril. Primeiro a forma, logo a función. Cando as formas retóricas quebran o racionalismo da función. Posmodernismo. Os imperios efémeros. Xuntanzas de arquitectos para cambiar o mundo e imaxes en movemento

30 de abril. Visión e son. É o espectáculo da moda. Estrelas no night club, da pantalla global e da pasarela. O prêt-à-porter e o feito internacional

7 de maio. A conversión estética do planeta. As sombras das vangardas. As proxeccións das interpretacións. A cuestión global. Hipermodernidade

21 de maio. Hiperobxecto, sneakers e hip-hop. Gustar e emocionar. A sociedade da conciencia

28 de maio. Decepcionadas e lixeiras. O valor absoluto da imaxe no corpo. Tatuaxes e roupas sensacionais. O consumo é o rei. Divas das artes e das rúas

Inscrición:
O prazo de inscrición estará aberto ata o 12 de abril de 2024. As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal.

https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/divs-na-rua-moda-no-seculo-xxi 

O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, organiza o curso Arte na aula ler, crear e comunicar a través de imaxes

Vivimos rodeados de imaxes e temos, máis ca nunca, acceso a ferramentas que nos permiten crear mensaxes visuais ou audiovisuais e compartilas. A linguaxe visual proponnos un achegamento espontáneo ao mundo, a través do cal consumimos, gozamos e mesmo xeramos imaxes de forma instintiva.

Pero, coma calquera outra linguaxe, a nosa capacidade para interpretar e crear de forma coherente, libre e autónoma está directamente ligada ao coñecemento e á práctica dese código de expresión e comunicación. Este curso achegaranos de forma práctica ás ferramentas que nos permiten planificar e deseñar unha mensaxe, compoñela e darlle forma, expresar unha idea e comunicarnos coa contorna de forma visual.

As persoas que asistan ao curso en calquera das súas dúas modalidades poderán observar, reflexionar e experimentar por medio de diferentes soportes: álbums ilustrados, fotografías, storyboard, carteis, arte urbana, pintura, cinema, publicidade…

Datas da modalidade presencial:

9 de marzo de 10:00 a 14:15 e de 16:00 a 19:30 h
Prazo de inscrición: 28 e 29 de febreiro de 2024

6 de abril de 10:00 a 14:15 e de 16:00 a 19:30 h
Prazo de inscrición: 26 e 27 de marzo de 2024

26 de outubro de 10:00 a 14:15 e de 16:00 a 19:30 h
Prazo de inscrición: 15 e 16 de outubro de 2024

23 de novembro de 10:00 a 14:15 e de 16:00 a 19:30 h
Prazo de inscrición: 12 e 13 de novembro de 2024

Persoas destinatarias:
Docentes de calquera das etapas da educación formal (infantil, primaria, secundaria e bacharelato, ciclos formativos ou graos de educación), profesionais da educación artística, persoas interesadas na didáctica da arte e estudantes de Belas Artes ou Ciencias da Educación.

Inscrición:
O curso é de balde. As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal na que deberán indicar os apelidos e o nome, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.

https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/arte-na-aula-ler-crear-e-comunicar-traves-de-imaxes 

O centro de formación El Ábaco convoca en Zas cursos gratuítos, para desempregados e ocupados, de calquera sector, sempre que sexa compatible co seu horario laboral, que imos impartir no noso centro para partir do mes de Abril.
 
-FCOV32 COMPETENCIA CLAVE NIVEL 2 PARA CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE CON IDIOMA GALEGO (265 HORAS) EN HORARIO DE 16:00 A 21:00
 
-FCOV06 COMUNICACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (INGLÉS) N3 (180 HORAS) EN HORARIO DE 09:00 A 14:00
 
Máis información:
El Abaco
Av. Xeneral Vidal Ríos, 12 Baixo - 15150 Baio-Zas
Tel. 981 71 83 99 - 620 96 99 19

O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, organiza a actividade A arte como plataforma para a igualdade. Mulleres artistas, dirixida a alumnado de segundo ciclo de ESO, bacharelato e ciclos formativos.

O obxectivo desta actividade é achegar a arte contemporánea aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.

A idea destas sesións monográficas é introducir temas transversais á educación, como a ecoloxía, a igualdade, a identidade ou a emigración, co fin de que o alumnado poida comprender o mundo que o rodea a través da expresión artística.

Sesións presenciais
Duración: 90 minutos / Prazas: máximo 25 persoas
Os grupos que visiten o CGAC realizarán, ademais, un taller creativo arredor dos contidos propostos durante a conversa.

Sesións en liña
Duración: 50 minutos / Prazas: máximo 25 persoas
Aos grupos que participen nas sesións a distancia, propómoslles a realización dunha creación colectiva no seu centro educativo.

Requisitos técnicos: O centro educativo deberá dispor do equipo técnico preciso para participar nunha reunión telemática (aula equipada cun ordenador con cámara e micro, altofalantes e pantalla).

Inscrición: As actividades son de balde e, para participaren, os centros interesados deberán enviar unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com coa seguinte información: nome do centro educativo, curso ou idade das persoas participantes, día e hora en que desexan realizar a actividade, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto e mais o nome da persoa responsable.

https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/sesions-didacticas-presenciais-e-en-lina-para-eso-bac-e-ciclos-formativos-arte-como 

O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, organiza o obradoiro "Fotografía e identidade: o autorretrato"

O obxectivo deste actividade é achegar á arte contemporánea aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.

A idea destas sesións monográficas é introducir temas transversais á educación, como a ecoloxía, a igualdade, a identidade ou a emigración, co fin de que o alumnado poida comprender o mundo que o rodea a través da expresión artística.

Que é o autorretrato? Vai máis alá da representación física? Que conforma a nosa identidade? Que faría que deixásemos de ser nós?. A través do autorretrato, diferentes artistas reflexionan sobre a identidade: a propia, a do seu contorno, a identidade social e familiar, a alteridade e o simulacro.

Persoas destinatarias: Segundo ciclo de ESO, bacharelato e ciclos formativos

Sesións presenciais
Duración: 90 minutos / Prazas: máximo 25 persoas.
Ao rematar a conversa realizarase un taller onde se afondará nalgúns dos conceptos tratados durante a sesión. O alumnado poderá crear un autorretrato obxectual que funcionará como unha cápsula do tempo da súa identidade.

Sesións en liña
Duración: 50 minutos / Prazas: máximo 25 persoas
Tras a presentación, proporáselles aos grupos que opten pola sesión á distancia a creación de autorretratos obxectuais nos seus centros educativos.
Requisitos técnicos: o centro educativo deberá dispor do equipo técnico preciso para participar nunha reunión telemática (aula equipada cun ordenador con cámara e micro, altofalantes e pantalla).

As sesións desenvolveranse ata o 28 xuño 2024.

Inscrición: a actividade é de balde e, para participaren, os centros interesados deberán enviar unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com coa seguinte información: nome do centro educativo, nome da persoa responsable, número de persoas de que consta o grupo, curso ou idade das persoas participantes, día e hora en que desexan realizar a sesión, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto

https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/sesions-didacticas-presenciais-e-en-lina-para-eso-bac-e-ciclos-formativos-fotografia-e

Cursos TIC

Feb 02, 2024

O Clúster TIC Galicia, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta, convocan a terceira edición do seu plan formativo, gratuíto e en liña, para promover o talento tecnolóxico e mellorar as competencias e habilidades, tecnolóxicas e transversais, de traballadores por conta allea, autónomos e desempregados.

Son máis de 100 cursos, que se desenvolverán entre febreiro e xuño de 2024, relacionados con diferentes áreas TIC: Intelixencia Artificial (IA), ciberseguridade, desenvolvemento de aplicacións, programación avanzada ou metodoloxías para a xestión de proxectos IT (siglas en inglés de Tecnoloxías da Información). Engadir que tamén haberá unidades formativas transversais, como cursos de Excel ou inglés.

As formacións impártense en dúas modalidades, a través de plataformas de teleformación e aulas virtuais en directo, con profesorado experto en cada unha das materias.
A finalidade destes cursos é incentivar a promoción profesional, reforzando as habilidades dos traballadores, e recualificar á poboación activa en sectores estratéxicos para dar resposta ás necesidades actuais do mercado e á demanda das empresas.

https://formacion.clusterticgalicia.com/