Outros cursos (126)

Tes entre 16 e 35 anos? Entón podes participar no programa Actívate para emprender.

Talleres de formación: "Xeración de ideas de negocio e Aprender a emprender"
Datas: 29 e 30 de setembro de 2021
Modalidade: formación presencial
Horario: de 9:30 a 13:30
Prezo: Formación gratuíta
Persoas destinatarias: Mocidade de 16 a 35 anos que estea interesada en analizar o emprendemento como unha posibilidade laboral.
Contido:
· Xeración de ideas de negocios.
· Da idea á posta en marcha do noso proxecto: pasos de constitución.
· Elaboración do plan de empresa.

O programa "Actívate para emprender" inclúe a posibilidade de recibir asesoramento individual, para a elaboración do plan de empresa, elección e trámites de constitución das distintas formas xurídicas, solicitude de axudas para o emprendemento, etc.

Información e inscrición:
Para solicitar a túa participación nesta acción de formación ou recibir máis información podes enviar un correo electrónico a autoemprego@cimo.org (Indicando o teu nome e apelidos, DNI/ NIE e nº de teléfono) ou chamando ao 988 39 15 15 ou 665 761 939

Aberto o prazo de inscrición para participar nos dous obradoiros de fotografía da programación do premio Luís Ksado de Creación Fotográfica. Os dous obradoiros terán lugar no Centro Ágora da Coruña


Os obradoiros, que están coordinados polo fotógrafo Xurxo Lobato, son de balde até completar a capacidade de 250 persoas para cada sesión. O obradoiro impartido por Tino Soriano terá lugar o 30 de setembro de 16h a 20h, e o de Lúa Ribeira terá lugar o 6 de outubro, tamén de 16h a 20h.

En ambos os dous casos o prazo de inscrición pecharase o día anterior (o 29 de setembro e o 5 de outubro respectivamente) ás 14h. O formulario de inscrición está accesible en:

https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/ksado/formulario-inscricion-para-os-obradoiros/

Acceso á información completa

O Concello de Lugo - CEI NODUS e a Fundación INCYDE organizan o curso Emprendemento, márketing Dixital e Branding  que comeza o 27 de setembro.

Trátase dun programa en liña e totalmente GRATUÍTO.


Duración: 6 semanas, 10 horas de clase á semana. (luns, mércores e xoves de 17:00 a 20:00 hs ) Clases EN LIÑA a través de ZOOM e unha hora de titoría individual á semana segundo a vosa dispoñibilidade.


Requisitos: Ser menor de 30 anos, non estar a estudar nin traballando e ser BENEFICIARIO/A de garantía xuvenil.

As inscricións pódense realizar nesta ligazón:

https://incyde.org/reactiva-tu-futuro/emprendimiento-marketing-digital-y-branding/588?programa=emprendimiento-marketing-digital-y-branding&localidad=588

 

Tamén podes solicitar información ou axuda coa inscrición no correo electrónico luziarp912@gmail.com ou no teléfono 663064806.

A FederaciónAutismo Galicia convoca o Ciclo Formativo: Abordaxe do TEA no ámbito educativo.

25 Setembro.- Curso 1: Compresión e estratexias de apoio ao alumnado no trastorno do espectro do autismo.

16 Outubro.- Curso 2: Habildiades sociais no trastorno do espectro do autismo.

6 Novembro.- Curso 3: Compresión e intervención sobre as condutas problemáticas no trastorno do espectro do autismo: o apoio condutual positivo.


Modalidade: Presenciais todas as sesións.


Docente: Marlene Horna Castiñeiras. Licenciada en Psicoloxía, orientación Clínica e Social.

Terán preferencia na asignación de praza aquelas persoas que se inscriban no Ciclo Formativo completo.

PRAZO TOPE DE INSCRICIÓN: 12 de setembro de 2021

Máis información:
FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA. 981 589 365
info@autismogalicia.org www.autismogalicia.org

PROGRAMA COMPLETO

A Asociación ARELAS oferta o obradoiro online "Usos e perigos das redes" dentro do programa IMpúlsa-T. Un programa financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, que busca mellorar a inclusión socio-laboral e o desenvolvemento integral dxs menores trans de Galicia fomentando a emancipación, a autonomía e o apoderamento persoal.

Este obradoiro está dirixido a mocidade trans de 14 a 20 anos residentes en Galicia, tratará os seguintes temas:

⁻ Uso e perigos das aplicacións de mensaxería instantánea e as redes sociais
⁻ Ciberacoso
⁻ Sexting
⁻ Grooming
⁻ Pegada dixital.
- Como e onde podo denunciar?

Se queres realizar este obradoiro online, solicita a túa praza no correo arelasasociacion@gmail.com

Máis información:
686160465/630337212
www.asociacionarelas.org

 

CARTAZ INFORMATIVO

KBUÑS 2021 ten como fío condutor o tema: "Mocidade pospandemia: unha mirada positiva cara a un futuro incerto"

Do 4 de outubro de 2021 ao 12 de outubro de 2021.

Os Encontros Internacionais de Mocidade de Cabueñes son un foro de encontro e debate para mozos, asociacións, persoal técnico e responsables de políticas de mocidade

A edición de 2021 presenta unha ampla oferta de actividades tanto en liña como presenciais, así como aforos limitados e medidas de seguridade para manter as medidas de prevención necesarias fronte á COVID-19.

A inauguración será o venres 8 de outubro cunha conferencia inaugural que se retransmitirá en streaming e hai programadas diversas actividades en formato en liña desde o 4 ao 8 de outubro.

O formato "clásico" de KBUÑS, con diferentes seminarios presenciais, terá lugar do 9 ao 12 de outubro, no Centro de Cultura Antigo Instituto e a Escola de Comercio de Xixón.

Os Encontros Internacionais de Mocidade de Cabueñes diríxense a:

Mozos entre 18 e 35 anos, representantes de asociacións xuvenís, Consellos de mocidade ou mozos non asociados/ as con interese sobre os temas tratados.


Persoas con 36 anos ou máis que polo seu traballo ou profesión mostren interese polos temas de “mocidade”: técnicos/as de mocidade, concelleiras/ as de mocidade, animadores/ as socioculturais, educadores/ as, activistas sociais, etc.

Consulta toda a información na seguinte ligazón:

https://www.gijon.es/es/eventos/Encuentros-Internacionales-de-Juventud-de-Cabue%C3%B1es

A Fundación PAIDEIA convoca unha actividade de formación en Márketin dixital, empregabilidade e cooperativismo.

DATAS INSCRICIÓN: até o 7 de setembro.

FORMACIÓN: do 17 de setembro ao 17 de decembro.

HORARIO: Luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.

LUGAR: Poderás realizar a formación en Boiro ou As Pontes de García Rodríguez.

MODALIDAD: Presencial.

REQUISITOS Requisitos para participar:

Ter entre 18 e 29 anos.
Estar en situación de desemprego.
Estar inscrita/o no Sistema Nacional de Garantía Juvenil.
CUSTO: Gratuito. Programa cofinanciado pola Escuela de Organización Industrial, o Fondo Social Europeo, a Deputación da Coruña e Fundación Paideia Galiza.

INFORMACIÓN:

https://www.paideia.es/formacion-marketing-dixital/

emprendimiento@paideia.es

981 910 100

O CONCELLO DE FERROL  ORGAÑIZA ESTE OBRADOIRO DO 17-09-5/5-11-2021

SEMIPRESENCIAL-40 HORAS EN TOTAL

TRATASE DE REALIZAR PEQUENOS VIDEOS E SITUALOS NUN MAPA DIXITAL

MÁIS INFORMACIÓN: http://contame.ferrol.gal/

 


Curso de formación en voluntariado dixital e tecnolóxico, convocado por Política social  en colaboración con FADEMGA, levarase a cabo entre o 15 de setembro e o 15 de outro.

Inclúe catro módulos:

-Introdución

-ofertas de voluntariado dixital,

-plataformas e recursos e análise de exemplos e casos prácticos. Serán 25 horas de formación en modalidade en liña, a desenvolver na plataforma de formación Recursos Galicia.

Trátase dunha actividade formativa de balde, subvencionada pola Xunta. Achéganse un total de 25 de prazas. Os destinatarios en potencial son persoas responsábeis de voluntariado e persoas voluntarias en entidades sociais. O prazo de inscrición remata o 6 de setembro. A admisión comunicarase vía e-mail o 8 de setembro.

Máis información: https://voluntariadogalego.org/axenda/curso-de-formacion-en-voluntariado-dixital-e-tecnoloxico

 

 
 

O  Concello de Lugo -  CEI  NODUS e a Fundación INCYDE organiza o curso de NEGOCIOS DIXITAIS aplicando ECONOMÍA CIRCULAR e que comeza o 13 de setembro de 2021.

Trátase dun programa en liña e totalmente GRATUÍTO.

Duración: 6 semanas. Só 10 horas á semana. (luns, mércores e xoves de 16:00 a 19:00 hs ) Clases EN LIÑA a través de ZOOM e unha hora de titoría individual á semana segundo a vosa dispoñibilidade.

Requisitos: Ser menor de 30 anos, non estar a estudar nin traballando e ser BENEFICIARIO/A do Sistema Garantía Xuvenil.

As inscricións pódense realizar neste ENLACE ou no teléfono 663064806.

CALENDARIO