Cursos de Tempo libre (44)

A Escola de tempo libre Don Bosco organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre
Datas: do 6 de novembro ao 31 de decembro de 2021
Horario: 9.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00
Lugar: Asociación Xuvenil Amencer. Praza Don Bosco. Ourense
Teléfono: 988 218 123

A ETL Naturmaz organiza un Curso intensivo de Monitor/a de actividades de tempo libre

Lugar: Mazaricos. A Coruña
Datas: do 23 de outubro ao 18 de decembro de 2021
Horario: sábados e domingos de 9 a 14h e de 16 a 20h.
200h teóricas e 150h prácticas
Prezo: 345 euros
Desconto de 10% Carnet Xove

Información e inscricións:
www.naturmaz.com 
E-mail: reservas@naturmaz.com
Teléfono 610550524

 

A Escola de tempo libre Tempus Narón organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Narón.

Lugar: Área Natural Muíño de Pedroso. Lugar Bazón, s/n. 15570 - NARÓN
Datas: do 23/10/2021 ao 18/12/2021. 85 horas online e 115 horas presenciais
Horarios: Sábado de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Domingo de 9:00 a 14:00
Prezo: 120 € (estudiantes, persoas menores de 30 anos, persoas desempregadas, familias monoparentais, familias numerosas ou persoas en risco de exclusión social). 240 € (resto de colectivos)


Máis información na Escola de tempo libre Tempus Narón
Teléfonos: 616 890 418 – 657 926 913
Email: tempusnaron@gmail.com
Facebook: Tempus Naron ETL

Escola de tempo libre Coesco
Rúa San Paio 21. 36680 A Estrada.
Avda. Buenos Aires 100. 36500 Lalin.
Teléfonos de contacto: 986 572 025, 670 017 037, 667 768 077

https://coescoformacion.com/#/formacion

Máis información na Escola de Tempo Libre Xirxilar
988 223 377 e 638 581 726
Praza Luis Fernandez 1 baixo. Ourense
https://xirxilar.com/escola-tempo-libre.html 

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un curso de Director/a de tempo libre

Requisitos
- Estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre.
- Acreditar unha experiencia de traballo como monitor/a no campo da educación/animación no tempo libre de, coma mínimo, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.
- Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.

Lugar: Centro Xuvenil Don Bosco na rúa Belvís 2 de Santiago de Compostela.

Datas da parte teórica:
Decembro: 18, 19, 27, 28, 29, 30, 31
Xaneiro: 3, 4, 5, 7, 8, 9, 15, 16
A maioría do curso desenvolverase de forma presencial. Unha pequena porcentaxe das horas do curso realizarase de forma online que poderían aumentar si a situación sanitaria así o requerira.

Horarios:
As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00.
Traballos e tarefas na aula virtual
Equipo necesario para as sesións online:

Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais.

Matrícula:
Para realizar a inscrición do curso xa está dispoñible o Formulario de Inscrición
Tamén é posible realizar a inscrición nas instalacións da propia Escola (rúa Belvís, 2, Santiago de Compostela).

Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso por falta de incrición mínima. Non se reembolsará cando un alumno/a e baixa do curso e non o comunica cunha antelación mínima de 10 días antes do incio do mesmo.

No momento de facer a inscrición é necesario presentar o dni, o xustificante de pagamento(no caso de facelo por transferencia) e foto actual.

Total prazas: 25 alumnos
Prezo: 250 €. 
O curso consta de 150 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.

https://www.cxdonbosco.org/index.php/etl/cursos/346-curso-de-director-a-de-tempo-libre-2021-2022 

ESTOUPO (Escola Universitaria de Tempo Libre do Campus de Ourense e Pontevedra) convoca un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre.
Lugar: Pavillón de Asociacións. Campus de Ourense.
Datas:
OUTUBRO 2021
8, 9, 10 - 15, 16, 17 - 22, 23, 24 - 29, 30, 31
NOVEMBRO 2021
5, 6, 7 - 12, 13, 14 - 19, 20, 21 - 26, 27, 28
Horario: Venres de 16 a 21h. Sábados e Domingos de 09 a 14 h, e de 16 a 21 h
Prazo de inscrición: A partir do Mércores 21 de Setembro, de 16 a 18 horas
Prezo: 160 €
Requisitos:
Ter cumpridos os 18 anos
Ter o Graduado en educación secundaria, graduado escolar (ou outro equivalente) ou ben Técnico auxiliar en formación profesional (ou
outro equivalente).

Máis información:
facebook.com/escolaestou
secretariaestou@gmail.com – escolaestou@gmail.com

 A ESCOLA DE EDUCADORES/AS NO TEMPO LIBRE, ANIMACIÓN E INTERVENCIÓN SOCIAL DE CRUZ VERMELLA XUVENTUDE, CONVOCA:

CURSO: MONITORES/AS DE ACTIVIDADES DE OCIO Y TIEMPO LIBRE

DATAS:24-09-28-11/2021

LUGAR: CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA EN OURENSE

MÁIS INFORMACIÓN: 988222484 EXT 57477