Novas e actividades (1315)

O Programa Comparte xurde do convenio de colaboración entre o Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña (campus de Ferrol) para a posta en marcha do Programa dealoxamento compartido interxeracional entre persoas maiores e estudantes universitarios.

Máis información:http://www.udc.es/export/sites/udc/sape/_galeria_down/PROGR-COMPARTE_caracterxsticas.170914ultimo.pdf

Correspondentes xuvenís 3.0 pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro seleccionado, na que se responsabilice o alumnado de recoller a información en materia de xuventude que se lles envie desde a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do profesorado participante no programa.

Os obxectivos específicos deste programa son:

- Difundir información de interese para a mocidade que está nos centros educativos a través de correos electrónicos,  Redes Sociais e a través da información da páxinahttp://www.xuventude.net.
- Ofrecerlle ás mozas e mozos que queiran ser correspondentes a posibilidade de informar aos seus compañeiros e así favorecer a participación e a maduración persoal, fomentando unha educación en valores para pensar e desenvolver o espíritu crítico.
- Facilitar o acceso aos mozos e mozas ás actividades, programas e carnés que ofrece a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, descentralizando deste xeito a información nuns centros claves para o noso público obxectivo.
- Traballar en rede cos centros, permitindo a recepción de información das actividades, iniciativas e propostas do alumnado, permitindo a súa canalización e potenciando, así, os servizos de información xuvenil entre a mocidade dos centros educativos.
- Formar á mocidade na xestión do manexo da información, potenciando as súas habilidades sociais e a asunción temperá de responsabilidades.
- Recabar información das actividades que se organizan por ou para a xuventude desde os propios institutos ou outras institucións para difundila ao resto da mocidade galega.

Os correspondentes xuvenís son mozos ou mozas, estudantes de segundo ciclo da ESO, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional que se encargarán de informar aos demais compañeiros das convocatorias, carnés xuvenís, recursos e actividades que poidan ser do seu interese.

Os correspondentes terán as seguintes funcións:

- Xestionar un taboleiro informativo no que haberá información sobre temas do seu interese.
- Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, entre os delegados de clase, compañeiros de instituto…
- Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
- Participar activamente nas actividades e tarefas resultantes do desenvolvemento do proxecto nas titorías, nas aulas, na biblioteca e noutros espazos do centro onde se desenvolvan as liñas estratéxicas do Plan Proxecta.

A información serálle enviada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e polas oficinas de información xuvenil da súa zona.

Beneficios para os/as correspondentes:

- Recibirán gratuitamente o carné xove, o carné internacional e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes.
- Terán preferencia nalgúns dos programas da DXXV nos que así conste nas súas bases.
- Reconoceráselles o tempo como persoas voluntarias mediante un certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Estas horas poderán serlle convalidadas como prácticas para os cursos de información xuvenil que as esixan.

Contarase cun apartado propio da páxinahttp://www.xuventude.nete material das distintas actividades de xuventude.

Alumnado ao que vai dirixido:preferentemente 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP

Temporización:Curso completo

Criterios de selección:Poderán participar todos os centros públicos e concertados galegos de educación secundaria e formación profesional que o soliciten.

Persoa responsable:Jaime Díaz Fiuza

Teléfono:881 997 606

Máis información:Plan Proxecta

Queres participar como voluntario nos campos de traballo que organiza a D.X. de Xuventude, Participación e Voluntariado no mes de agosto? .... Se tes 18 anos e carné xove, participa no sorteo do día 20 de xullo.

Sorteamos 20 prazas para os campos de traballo do mes de agosto, en Galicia. Nestes campos terás a oportunidade de convivir con outros participantes galegos, doutas CCAA e do estranxeiro, participando en actividades de voluntariado e lúdicas.

Para participar tes que ser titular do Carné xove maior de 18 anos e cubrir o segunte formulario, antes das 9.00 h do día 20 de xullo.

As persoas premiadas poderán elixir o campo de traballo ao que poderán asistir, entre aqueles nos que haxa dispoñibilidade de prazas.

Máis información sobre campos de traballo en Galicia: http://xuventude.xunta.es/oferta-campos-de-traballo-en-galicia.html

galeuropa2016Mobilidade trasnacional xuvenil Galeuropa 2016. Estrato das convocatorias de mobilidade das entidades sen ánimo de lucro beneficiarias (Procedemento BS324B).        

Con data de 1 de xullo de 2016 ven de publicarse o listado definitivo tanto de concellos coma de entidades sen ánimo de lucro beneficiarias de Galeuropa 2016 e tamén a información sobre as convocatorias de mobilidade que xestionan as entidades sen ánimo de lucro benificiarias do programa Galeuropa 2016 e que poden ser consultada no seguinte enlace:

GALEUROPA 2016

AGORASEGURIDADEVIARIAÁgora Seguridade Viaria é un dos foros de participación xuvenil que organiza a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no marco  do programa Ágora Xove. Terá lugar a mañá do sábado 9 de xullo de 2016, na pista da Escola de Condución e Transporte Galicia situada no Concello de Curtis.

O obxetivo deste foro é concienciar aos mozos/as  participantes da importancia que ten adquirir hábitos de condución segura.

A través dun conxunto de actividades de carácter teórico e práctico, os/as participantes poderán aprender a manexar o vehículo e saír indemnes nos momentos límite, mellorando a súa técnica ao volante e axudándolles a reaccionar ante imprevistos que poidan atopase na estrada.

Lugar de celebración.
Pista da Escola de Condución e Transporte Galicia
Parcela de estacionamento norte do Polígono Industrial Curtis-Teixeiro
Carretera N-634, 15310, Teixeiro (Curtis)

Data de celebración.
Sábado, 9 de xullo de 2016

Programa.
9:00h. Recepción de participantes.
9:30h. Curso práctico de técnicas de condución segura.
13:15h. Finalización das actividades prácticas.
13:30h. Mesa redonda: “A necesidade da condución segura”
• Maikel Vilariño Vilas, piloto profesinal e formador de automovilismo deportivo.
• Juan Gutiérrez Mosquera, educador en Seguridade Viaria
• Representante da Garda Civil de Tráfico.
14:30h. Acto de clausura
• Cecilia Vázquez Suárez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
• Javier Francisco Cainzos Vázquez, alcalde do Concello de Curtis.

Incrición.
A actividade é de caracter gratuíto.
Os participantes terán que estar en posesión do carné de conducir clase B.
O número de prazas é limitado polo que se cubrirán por extricto orde de inscrición.


Inscricións aquí

lectura2

Gústache ler? Poñemos a túa disposición unha listaxe de libros recomendados polo alumnado que participou durante este curso no programa Correspondentes Xuvenís 3.0

Libros recomendados polo alumnado Correspondente Xuvenil