Están publicados, na sección de Residencias, as listaxes definitivas de admitidos nas residencias da Dirección xeral de Xuventude en Lugo e Vigo
O Programa Erasmus para Mocidade Emprendedora axuda aos aspirantes europeos a empresarios a adquirir as habilidades necesarias para crear e/ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa. Os novos emprendedores adquiren e intercambian coñecementos e ideas de negocio con empresarios experimentados con quen convive e colaboran durante períodos de entre 1 e 6 meses. A estancia está parcialmente subvencionada pola Comisión Europea.
Vantaxes
Como novo/a emprendedor/a, beneficiaraste dunha formación en prácticas nunha pequena ou mediana empresa en calquera outro país participante. Isto facilitará un bo comezo do teu negocio ou fortalecerá a túa nova empresa. Tamén poderás beneficiarche do acceso a outros mercados, da cooperación internacional e das posibilidades de colaboración con socios no estranxeiro.
Como empresario/a de acollida, poderás beneficiarte das novas ideas que un/a novo/a emprendedor/a motivado/a pode achegar á túa empresa. Quizais coñeza ou estea especializado/a en unha área que ti non dominas e que podería complementar os teus coñecementos. A maioría dos empresarios de acollida gozaron tanto da experiencia que decidiron acoller a outros emprendedores ao finalizar o intercambio.
É, sen dúbida, unha colaboración beneficiosa para ambos, grazas á cal poderedes descubrir novos mercados europeos, atopar socios ou coñecer distintas maneiras de facer negocios.
De fronte ao futuro, beneficiarédesvos da oportunidade de establecer unha ampla rede de contactos; ademais, talvez decidades continuar colaborando e facervos socios a longo prazo (p. ex. en empresas conxuntas, subcontratando actividades, establecendo relacións de contratista-provedor, etc.).
Funcionamento global do programa
O programa "Erasmus para Mozos Emprendedores" está financiado pola Comisión Europea e opera en 37 paises con axuda dos puntos de contacto locais, cuxa labor é apoiar ás empresas (p. ex. cámaras de comercio, centros de apoio á iniciativa empresarial, viveiros de empresas etc.). As súas actividades están coordinadas a nivel europeo pola Oficina de Apoio do programa.
Puntos de contacto locais:
http://www.erasmus-entrepreneurs.eu/page.php?cid=05&pid=018&ctr=ES&country=España
‘O galego campa!’, o programa dirixido á mocidade participante nos campamentos de verán da Xunta de Galicia, que promoven a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, segue a dinamizar a lingua galega durante as vacacións estivais.
Tras o seu paso polo Albergue Municipal Quiroga, na localidade do mesmo nome, así como polos campamentos xuvenís Furelos, de Melide; Espiñeira, de Boiro; Pontemaril, de Forcarei, e A Illa de Ons, de Bueu, as actividades deste programa de dinamización lingüística chegarán na próxima quincena aos albergues Penedos de Xancinto, do Entrimo, As Sinas, de Vilanova de Arousa, e Area, de Viveiro, así como aos campamentos xuvenís Virxe de Loreto, de Porto do Son, e, de novo, Pontemaril, en Forcarei.
En total, O galego campa! terá presenza en 17 campamentos e implicará a 1479 rapaces e rapazas de estadía neles durante os meses de xullo e agosto. O calendario completo de actividades pode verse en http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/rede-de-dinamizacion-linguistica/programas/_/contido_0113/galego-campa-2016.
Dinámicas de educación global en galego
A nova entrega de ‘O galego campa!’ ofrécelle ao monitorado participante na Acción de verán 2016 da Xunta de Galicia sete dinámicas ou series de actividades que foron incluídas no “Repositorio dixital do tempo libre en galego” co fin de que aquel poida escoller a que mellor lle acaia á temática de cada campamento e aos intereses dos mozos e mozas asistentes. Unha vez feita a escolla, a empresa O Falcón Branco desenvólvea en colaboración co persoal dos campamentos en cada unha das instalacións onde se implementa O galego campa!
As dinámicas son adaptacións de propostas dos programas de mocidade e inclusión social do Consello de Europa e do centro de recursos SALTO da Comisión Europea que, por primeira vez, se poñen a disposición dos profesionais do tempo libre nunha das linguas cooficiais de Galicia para que lles sexan máis accesibles.
Repositorio dixital de materiais en galego
O programa O galego campa! inclúe, ademais das actividades presenciais de dinamización lingüística nos campamentos, materiais e propostas específicas para traballar lingua, mocidade e tempo libre. Se nas primeiras edicións se editou o disco 'Desaparafusador de gominola', así como fichas de actividades sobre el ou arredor do deporte, dende o ano pasado está en funcionamento un repositorio dixital que recolle, ademais destes recursos, novas propostas e documentos de referencia para o monitorado que poden descargarse libremente e de balde do Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.
Promoción do galego entre a mocidade
‘O galego campa!’ desenvolve, no marco do Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-16, coordinado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, unha das 11 medidas que teñen por obxectivo o fomento da lingua galega entre a xente nova nos diferentes ámbitos sociais, ao tempo que lle dá cumprimento ás directrices da Lei de Xuventude de Galicia (2012) e ás do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG, 2004).
Por outra banda, a Xunta de Galicia está traballando na elaboración do borrador inicial do primeiro plan de dinamización do galego na mocidade, un documento que marcará a folla de ruta da promoción do uso do idioma na xente nova nos vindeiros anos, tomando como base as directrices establecidas no PXNLG e como obxectivos específicos os de potenciar o uso do galego como lingua de relación na mocidade galega, reforzar o uso do idioma entre os galegofalantes e proporcionarlle modelos lingüísticos galegófonos de referencia á rapazada de orixe castelanófona, potenciar unha oferta asociativa e de lecer en galego dirixida á mocidade e ampliar e consolidar a oferta de produtos en galego destinados ao público xuvenil.
GAÑADORES:
Poñédevos en contacto o máis urxente para escoller o campo de traballo o que desexedes ir. As prazas son limitadas e escolleranse por riguroso orde de petición. O teléfono de contacto é: 981 544 838
Máis información sobre campos de traballo en Galicia: http://xuventude.xunta.es/oferta-campos-de-traballo-en-galicia.html
Programa Deseñando o teu futuro: nos seguintes enlaces podese consultar o listado definitivo de entidades sen ánimo de lucro e entidades locais admitidas e excluidas no programa Deseñando o teu futuro: