Novas e actividades (948)

REAJA Dirección Xeral de Voluntariado inicia un programa de intercambios xuvenís en colaboración coa Rede Española de Albergues Xuvenís e a Asociación de Inglaterra e Gales de albergues xuvenís.

Mediante o desenvolvemento deste programa, queremos dar aos mozo/as socio/as da Rede Española de Albergues Xuvenís unha oportunidade única de experimentar, vivir e colaborar nos albergues doutro pais co obxectivo de mellorar os seus coñecementos nun ambiente internacional.

O obxectivo principal do programa é potenciar o desenvolvemento profesional dos mozos/as, facilitándolles así a súa formación nas distintas actividades que se realizan nas instalacións dos albergues.

Así mesmo, adquirirán un coñecemento intercultural durante a súa estancia no pais de acollida, impulsando a aprendizaxe de idiomas, o respecto por outras culturas e formas de vida, e a súa influencia nas distintas ramas profesionais.

  1. A quen vai dirixido?A mozos e mozas de 18 a 30 anos, que reúnan as seguintes características:
    • Ter inquedanzas profesionais, especialmente no mundo do alberguismo.
    • Ser voluntario/a dalgunha entidade de acción voluntaria, ou ter colaborado con algunha nalgún momento anterior
    • Posuír o carné de alberguista en vigor durante o desenvolvemento do programa.
    • Ter un coñecemento fluído do idioma principal do pais de destino (nivel mínimo esixido de inglés: B1).
  2. Os organizadores reservaranse en todo momento a potestade de solicitar mais información aos participantes, ben sexa para comprobar a súa veracidade ou para complementar a información.

    O incumprimento dalgún dos puntos da presente convocatoria antes, durante ou despois do desenvolvemento do programa, terá como consecuencia a descualificación do participante e a non asunción por parte das organizacións implicadas das obrigas adquiridas.

    As tres partes organizadoras do programa resérvanse o dereito de decisión final no hipotético caso de ausencia dalgunha información, dúbidas na interpretación da normativa ou respostas dubidosas que poidan xerarse ao longo do desenvolvemento da presente convocatoria, e que por calquera motivo a súa resolución non sexa o suficientemente clara coas presentes bases.

    Así mesmo, os organizadores resérvanse o dereito de descualificación dos participantes no momento no que se detecte algunha irregularidade ou anomalía, ou calquera cousa que perxudique o correcto desenvolvemento da convocatoria ou algún elemento desestabilizador da mesma.

  3. Como inscribirse?
    • Certificado que acredite ser ou ter sido voluntario/a nalgunha entidade (para a súa valoración como mérito).
    • Certificado que acredite, como mínimo, un nivel B1 de inglés.
    • Copia do carné de alberguista (en vigor. En caso de carecer del, poderá solicitarse para a ocasión) .
    • Carta de motivación sobre a inscrición neste programa de intercambio en albergues.
  4. Para realizar a correcta inscrición no programa de intercambios xuvenís internacionais, cómpre completar o formulario de inscrición que atoparás un pouco máis abaixo.

    Ademais, é necesario achegar os seguintes documentos:

    Os organizadores resérvanse o dereito a solicitar calquera tipo de documentación adicional que permita acreditar a información proporcionada (títulos, diplomas...).

    Así mesmo, os candidatos que sexan seleccionados deberán asinar unha serie de documentos de compromiso cos albergues e asociacións de albergues en que vaian colaborar.

  5. Documentación necesaria dos participantes.
    • Documento nacional de identidade ou pasaporte, en vigor.
    • Seguro médico no estranxeiro, xunto coa Tarxeta Sanitaria Europea (TSE). Emisión da TSE: http://ec.europa.eu/social/main.jsp?catld=559&langld=es
    • Seguro de viaxe que cubra as perdidas de equipaxe, os retrasos, gastos médicos e a repatriación se fose necesaria (opcional, pero recomendable).
    • Carné de alberguista en vigor.
  6. Todos os participantes que sexan seleccionados, deberán dispor da seguinte documentación durante todo o tempo de desenvolvemento do programa de intercambio:

    Esta documentación debe achegarse por correo electrónico ao seguinte enderezo: voluntariado@xunta.es

  7. Proceso de selección dos mozo/as voluntario/as.
    • Carta de motivación.
    • Experiencias como voluntario/a.
  8. I. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Albergues Xuvenís (REAJ) elixirán un total de 15 participantes do conxunto de candidaturas recibidas na web www.voluntariadogalego.org dende finais do mes de xullo ata principios de setembro de 2014, tendo en conta os requisitos indicados con anterioridade ou calquera outro tipo de indicacións determinadas pola asociación nacional de destino dos albergues.

    Algunhas das condicións que se terán en conta son as indicadas no punto 1 deste documento.

    I. A selección dos participantes neste programa será realizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria (idade, coñecemento do inglés e posesión do carné de alberguista) en atención aos seguintes criterios:

    En caso de empate entre os candidatos, se antederá ao criterio de rigorosa orde de inscrición.

    II. Unha vez elixidos os posibles aspirantes a realizar o programa, pasaranse aos albergues de acollida os datos de contacto dos aspirantes.

    III. A finais de setembro a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado fará público o listado de persoas seleccionadas e llo comunicará a elas por vía telefónica.

    IV. O programa de voluntariado desenvolverase na Gran Bretaña durante os meses de outubro, novembro e decembro do 2014.

  9. Custes:
    • Custes sufragados polo albergue de destino: Farase cargo da comida e o aloxamento do voluntario/a que reciba durante toda a súa estancia. (Non están incluídos os gastos en snacks, agasallos ou calquera outro que se realice fóra do albergue ou dos horarios de comida establecidos).
    • Custes sufragados polo voluntario: Farase cargo dos custes da viaxe e dos de transporte durante toda súa estancia (cartos para uso persoal, desprazamentos, roupa... ). Non obstante, si estarán cubertos aqueles desprazamentos que sexan consecuencia das actividades do voluntariado.
  10.  

  11. Duración:
  12. A duración do programa será de 2,3 ou 4 semanas por persoa voluntaria. Non obstante, a citada duración é variable en función dos intereses dos mozo/as voluntario/as, dos albergues e dos propios organizadores do programa.

    O/as voluntario/as deberán indicar no documento de inscrición o período (aproximado) no cal desexan realizar a súa acción voluntaria e os albergues nos que están interesados (ver listado).

  13. Seguros:
    • Seguro médico no estranxeiro. Tarxeta Sanitaria Europea. EMISIÓN DA TSE: http://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=559&langId=es
    • Seguro de viaxe que cubra as perdas de equipaxe, retrasos, gastos médicos e repatriación se fose preciso. *Opcional, pero recomendado polos organizadores do programa.
  14. A persoa voluntaria seleccionada deberá estar en posesión durante a sáu estancia dos seguintes seguros:

  15. Xornada:
    • A xornada de voluntariado será de 25-35 horas semanais (5-7 hora por dia). Durante estas horas, o/as mozo/as familiarizaranse coa xestión dos albergues na Gran Bretaña, a súa dinámica, ...
    • As horas de acción voluntaria distribuiranse en 5 días a semana, repartidas en quendas establecidas pola asociación de acollida (librarán 2 días consecutivos cada semana).
    • Antes da chegada do voluntario/a, o pais de acollida realizará para el/a un plan xeral de actividades (actividades de voluntariado, actividades de ocio, actividades relacionadas coa cultura do pais de acollida...).
    • Os mozo/as voluntario/as, antes de viaxar ao país de destino, poderán gozar dalgunha estancia nalgún dos albergues da REAJ (sempre e cando o consideren oportuno as dúas partes). O albergue será asignado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola REAJ, tendo en conta os intereses dos albergues e do/as propio/as mozo/as.
  16. En calquera caso, prevese realizar unha xornada formativa sobre alberguismo para todas as persoas seleccionadas con carácter previo á súa viaxe a Gran Bretaña.

  17. Avaliación:
  18. Todos os albergues de acollida comprométense a asignar a cada voluntario un mentor coa función de facer de “punto de contacto” durante todo o programa e de cooperar na súa formación.

    Ao final do programa de intercambio, os organizadores facilitaran aos voluntario/as unha folla de avaliación a través da cal plasmarán a súa experiencia. Ademais, os/as voluntario/as participantes recibirán un documento acreditativo da súa experiencia internacional en albergues xuvenís.

    Durante o desenvolvemento do programa os organizadores do mesmo se reservan o dereito a interromper este sen ningún tipo de contraprestación económica sempre que existan razóns de peso que así o xustifiquen.

    ¡¡¡GRAZAS!!!

    Se queres anotarte preme aquí

A Consellería de Sanidade publica no DOG do 22 de xullo de 2014 o decreto que regula o sistema de substitución de sancións impostas por incumprimento da Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

Medidas alternativas:

a) Ás persoas maiores de idade, por traballos ou actividades en beneficio da comunidade cando así sexa solicitado polo infractor ou polo seu representante legal.

b) Ás persoas menores de idade, pola realización de traballos ou actividades en beneficio da comunidade e/ou pola realización de programas preventivos de carácter formativo ou informativo, ou de tratamento, logo de solicitude do/da menor e coñecemento e aceptación dos seus pais, nais, titores/as ou gardadores/as legais e coa compatibilidade coas actividades escolares ou laborais.

Máis información no DOG do 22 de xullo de 2014

bolsas

 

Queres consultar bolsas? Busca no índice de cada documento a especialidade que máis che interese.

Bolsas clasificadas por materias

Bolsas clasificadas por entidades convocantes

casa-para-recortarSe estás a buscar aloxamento para o próximo curso, podemos axudarche:

http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/ensino/Residencias_para_estudantes.pdf

Pasaporte Eures en Hostelería

é unha nova ferramenta multilingüe de EURES  que permite aos solicitantes de emprego crear o seu pasaporte persoal de competencias elixindo dunha lista as competencias que posúen. Cada unha delas ha de estar vinculada a experiencias laborais ou actividades e centros de formación, as cales poden estar opcionalmente avaladas por empresas para as que traballen ou con diplomas.

As competencias elixidas tradúcense inmediatamente a calquera lingua europea que desexe o candidato, de modo que as empresas entenderán exactamente o que leste fixo e apreso nos seus anteriores postos de traballo ou coa formación recibida.
Máis información: http://www.injuve.es/empleo/noticia/nuevo-pasaporte-eures-en-hosteleria